XI PREMIO DE INVESTIGACIÓN “XERMADE NA HISTORIA”
A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade, na sesión ordinaria celebrada o 05/03/2025 adoptou, entre outros, o acordo de declarar deserto o XI Premio “Xermade na historia”, ao non presentarse ningún traballo dentro do prazo habilitado ao efecto.
A data límite de presentación dos traballos foi o 21/02/2025.
Desde a Asociación de veciñas/os de Cabreiros, a Universidade de Santiago de Compostela, e o Concello de Xermade, considérase de grande importancia a execución de actividades relacionadas coa cultura, a historia, tradicións… no noso municipio, polo que traballaremos pola continuación do premio de investigación sobre Xermade, para potenciar o patrimonio etnográfico e cultural do municipio.