Xermade participa nun encontro informativo sobre o proxecto CELRURAL

O alcalde do Concello de Xermade, Roberto García Pernas, participou onte na sede da FEGAMP nun encontro informativo da segunda convocatoria de financiamento para comunidades enerxéticas rurais dentro do proxecto CELRURAL. Estivo acompañado do asesor técnico Fernando Pereira e da secretaria-interventora municipal.

Na convocatoria do 2024, o concello de Xermade foi seleccionado entre 32 candidaturas presentadas, obtendo unha subvención de 50.000 euros para compra das instalacións fotovoltaicas, despois da constitución formal como asociación da comunidade enerxética, con uns 40 asociados, entre eles o propio concello de Xermade e a FEGAMP en calidade de socios institucionais.

Participaron no encontro os alcaldes e alcaldesas de Xermade, Moeche, Dodro, Avión, Negueira de Muñiz e Val do Dubra, ademais de concelleiros, concelleiras e persoal técnico doutra vintena de concellos e de dous GDR (un deles da Terra Chá).

O alcalde de Xermade, fixo fincapé nas “posibilidades do rural galego no desenvolvemento das comunidades enerxéticas en proveito dos propios concellos, polo aforro que supoñen e por que aliñan aos concellos coas iniciativas do desenvolvemento sostible”.

Xa pola tarde tivo lugar no salón de actos do CEIP Plurilingüe Xermade a asemblea da Asociación XERando, na que se dou entrada a 21 novos socios e se informou dos proxectos en trámite, entre eles a solicitude de axudas CE-IMPLEMENTA convocadas pola IDAE.

https://www.fegamp.gal/content/fegamp-segue-promover-comunidades-enerxeticas-locais-nos-concellos-rurais

Outras entradas