XERMADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2015
O Concello de Xermade conmemora o 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia de xénero con diferentes actos nos que convida a participar a toda a veciñanza. Coas actividades programadas preténdese continuar coa sensibilización da poboación sobre a violencia machista.
Comezamos os actos o día 25 de novembro, cunha concentración diante do concello onde se gardará un minuto de silencio en memoria de todas as persoas asasinadas pola violencia machista (mulleres, nenas e nenos). A xente que o desexe pode colaborar asemade levando o lazo laranxa que poden recoller no concello. Este ano, Xermade súmase á Campaña UNETE da ONU na que insta ás organizacións a utilizar a cor laranxa nos actos que se fagan en torno a esta data. Por iso Xermade este ano é Laranxa.
O domingo 29, ás 4 da tarde, faremos unha andaina simbólica de 3 kilómetros que remataremos na Asociación de Mulleres Rurais “Amuraxe” de Xermade. Un novo día para a reflexión, a concienciación e a sensibilización. A saída da andaina é de diante do Concello.
Remataremos os actos deste ano o luns 30, ás 8 da tarde na biblioteca municipal, na que se levará a cabo unha mesa coloquio sobre “A violencia invisibilizada. Mitos e realidades”.
Como convidadas intervirán:
Dna. Rosa Arcos Caamaño. Presidenta de FADEMUR Galicia
Dna. María Loureiro García. Deputada de Ensino, Educación, Economía do Coñecemento, Igualdade e Mocidade, da Deputación de Lugo.
Dna. Tamara Paz Balsa . Concelleira de Educación, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Xermade.