Sotavento Galicia, S.A. constitúese en 1997 promovida pola Xunta de Galicia. Esta sociedade crea o Parque Eólico Experimental Sotavento, unha singular instalación que, ademais do obxectivo comercial común a este tipo de proxectos, debía realizar outras actividades adicionais centradas en tres áreas:
– Investigación
– Divulgación
– Formación
Accionistas
Sotavento Galicia, S.A., está participada por dúas entidades públicas:
- Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
- Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE),
e por tres empresas privadas en representación do sector eléctrico de Galicia:
- Enel Green Power España, S.L.
- Iberdrola Renovables Galicia, S.A.
- Enerxía de Galicia, S.A. (ENGASA)
Obxecto Social
O obxecto social consistirá no exercicio das seguintes actividades:
- Promover, deseñar, construír, operar, explotar, xestionar e administrar centrais que utilicen como enerxía primaria, enerxías renovables, así como realizar as actividades relacionadas co funcionamento e explotación das devanditas instalacións.
- Promoción e realización de proxectos, estudos e outras actuacións de investigación e experimentación relacionadas coas enerxías renovables e co aforro e eficiencia enerxética.
- Desenvolver as tecnoloxías de produción e aproveitamento da enerxía mediante a investigación e o desenvolvemento.
- Realizar actividades de I+D+i relacionadas co ámbito das enerxías renovables e do aforro e eficiencia enerxética, e apoialas e incentivalas de diversas formas, inclusive mediante a prestación de servizos tecnolóxicos.
- A promoción, formación, fomento e debate de todos os aspectos relacionados coas enerxías renovables e o aforro e eficiencia enerxética.
- Facer posible a máxima penetración das enerxías renovables no sistema enerxético, mediante a xeración das ferramentas e os servizos necesarios para solucionar os problemas técnicos e de relación entre os distintos axentes do sistema.
- Promover, divulgar e fomentar actuacións que vinculen o desenvolvemento enerxético coa súa interacción co medio e cun desenvolvemento sostible.
- Calquera outro tipo de actuación que implique unha mellora na optimización e implantación das enerxías renovables e de fomento do aforro e eficiencia enerxética.