RUTA DOS PASOS DA PONTENOVA.
Comezo/fin: Pasos da Pontenova ( ruta circular ).
Lonxitude: 600 metros.
Tempo : 20 minutos
Dificultade: Baixa.
Unha fermosa galería de carballos guíanos polo entorno desta antiga obra civil, froito da imaxinación humana para evitar o asulagamento do camiño polo que transitaban carros e persoas. A pequeña ponte de pedra, sobre o río Trimaz, está vixiada a poucos metros por un fermoso cruceiro. Preto de aquí atopamos a Lagoa dos Patelos, con área recreativa e fonde con auga de propiedades curativas.