RUTA DO BATÁN DE FOLGOSO
Comezo/fin : ponte de Folgoso ( ruta circular ).
Lonxitude : 2,3 kilómetros.
Duración : 1 hora e media.
Dificultade: alta ( recomendase en primavera e verán ).
Dende a ponte de Folgoso, a ruta adéntrase nunha paisaxe dominada pola frondosa vexetación e o río, que vai guiar as pegadas dos visitantes. No medio de carballos centenarios, castiñeiros, acribros…podemos revivir o tránsito dos nosos devanceiros ata os batáns do río Folgoso. Ao longo desta ruta, ademáis dos batáns, atoparemos restos de muíños, dunha moa e dunha planta da luz.


O Batán era unha máquina de madeira destinada a trasnformación de texidos abertos noutros más tupidos, empregando para elo a forza dunha corrente de auga a beira da cal era construido o mecanismo.
