RETRANSMISIÓN PLENOS MUNICIPAIS
En xullo do ano 2023, o Concello de Xermade asinou un convenio coa Deputación de Lugo para a implantación dun sistema de automatización e dixitalización das sesións plenarias municipais dentro do “Programa ImpulsaTIC” destinado a cumprir coas liñas estratéxicas marcadas na Orde TER/836/2022 do Ministerio de Política Territorial para a transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais no marco do “Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado pola Unión Europea – Next Generation EU”
Así pois, os próximos plenos municipais retransmitiranse na páxina web: https://xermade.seneca.tv/activity
Este xoves 16 de xaneiro de 2025 celebrarase o primeiro pleno ordinario do ano, no que se empezará a utilizar este novo sistema, estando a gravación a disposición da cidadanía na dita páxina.