PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL (PIC)

CONCELLO DE XERMADE

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL (PIC)

  • 982 50 10 01 / 982 50 10 02

  • Horario: 9:00 a 14:00 horas

O “PICPunto de Información Catastral, é o centro de prestación de servizos catastrais, situado nas oficinas municipais do Concello de Xermade, de acordo co convenio subscrito coa Dirección Xeral do Catastro.

Servizos dispoñibles

  • Consulta de datos catastrais non protexidos, certificación do valor de referencia, certificación da referencia catastral e consulta de cartografía.
  • Consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polos titulares catastrais, os seus representantes ou persoas autorizadas por eles.
  • Certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral.
  • Consulta para os titulares catastrais sobre información relativa ás solicitudes de axuda da última campaña da “PAC” Política Agrícola Común con relación ás parcelas rústicas da súa titularidade declaradas nas mesmas.
  • Recepción, dixitalización e presentación de escritos e documentación relativa aos procedementos catastrais.
  • Servizos integrais de información, así como de asistencia ao cidadán na utilización do asistente gráfico, a obtención do informe de validación gráfica, a confección e presentación de declaracións, recursos e solicitudes catastrais.

Taxas de expedición de documentación catastral

Segundo a “Ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos” do Concello de Xermade publicada no BOP núm. 58 de 12/03/2021:

  • Custo de copia de cartografía en papel

A4: 0,10€

A3: 0,20€

  • Custo da certificación literal: 5€
  • Custo da certificación descritiva e gráfica: 5€

O importe pode aboarse presencialmente nas oficinas municipais ou mediante transferencia bancaria ao número de conta do Concello de Xermade:

ABANCA:  ES53 2080 0141 4831 1000 0029

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/12-03-2021_0.pdf#page=6

Modelo de autoliquidación de certificados

Normativa

  • Artigo 72 do Real Decreto 417/2006, do 7 de abril, polo que se desenvolve o texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.
  • Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral do Catastro pola que se aproba o réxime de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral, modificada pola Resolución do 19 de decembro de 2023.
  • Circular 03.01/2013P, do 11 de abril, sobre a autorización, xestión e control dos PIC.

Máis información en:
https://www.catastro.hacienda.gob.es
http://sedecatastro,gob.es
https://www.catastro.hacienda.gob.es/ayuda/appmovil/catastroapp.html