PROXECTOS

PROXECTOS NA REDE DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS

REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA, SANEAMENTO E DEPURACIÓN

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A).

O obxecto desta resolución é establecer as bases dunha convocatoria de axudas que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal obras de abastecemento e saneamento que os concellos precisan.

A axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosegue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise propostas na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus plus (IIRC+). Esta iniciativa contribuirá a preparar unha recuperación ecolóxica, dixital e resiliente da economía. O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se poñen ao dispor do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do Fondo de recuperación next generation EU, instrumento excepcional de recuperación temporal.

As actuacións que se prevén son susceptibles de seren financiadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da Covid-19.

  1. DESCRIPCIÓN DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS

As obras consistiron en dispoñer de dispositivos autómatas nos depósitos existentes para a monitorización telemática do nivel de auga nos depósitos, a concentración de cloro, a lectura do parámetro do PH e do nivel de cloro no depósito.

O sistema está composto por un autómata ó que se conectarán os distintos sensores.

Colocouse un sensor de presión situado no fondo do depósito o cal se conectou ó autómata para rexistrar os datos de nivel do depósito. Ademais, debido a que o sistema de dosificación presente nos depósito atópase cun mal funcionamento e mal estado en xeral na actualidade, substituíronse os actuais, por equipos novos de regulación de cloro, instalando unhas bombas recirculadoras da auga para o tratamento de dosificación e control do nivel cloro e pH da auga en tempo real.

Instaláronse bombas dosificadoras de cloro para regular a concentración de cloro presente nos depósitos. Os sensores de cloro e pH van conectados ó autómata para enviar os datos para a súa monitorización. Incluíuse unha sonda para ter constancia do nivel mínimo de cloro no depósito.

Para a instalación da dosificación de cloro empregouse parte da instalación existente de fontanería, non tendo que facer obras na parede do depósito para acceder coas tubaxes ó interior do depósito.

Xunto con todo o sistema instalouse un sistema de alimentación ininterrumpida para que o sistema siga en funcionamento en caso de fallo eléctrico durante 6-8 horas. En caso de corte eléctrico enviarase aviso á aplicación que administra o sistema.

O autómata envía datos á nube mediante GPRS que serán tratados por unha aplicación que os mostrará de xeito amigable, enviando alertas cando os niveis rebasen os estándares establecidos. A aplicación disporá dun módulo para inserir de forma manual os datos medidos nos puntos finais da rede. A aplicación está dispoñible para teléfonos móbiles intelixentes e en formato aplicación web. O número de licenzas dispoñibles é ilimitado.

Con estas actuacións monitorizase por unha banda o nivel do depósito, para dar unha mellor e máis rápida resposta ante problemas nas reduccións dos niveis dos depósitos que poidan provocar desabastecementos ás persoas. Por outra banda, mellórase o sistema de desinfección mediante cloro, repoñendo o sistema de dosificación e monitorizando a concentración de cloro e o nivel de cloro no depósito para detectar posibles problemas de funcionamento neste sistema. Con todo isto, preténdese mellorar o servizo de abastecemento de auga potable as poboacións afectadas, reducindo o máximo a vulnerabilidade da mesma.

  1. OBXECTIVOS

Con estas actuacións preténdese monitorizar, por unha banda, o nivel do depósito, para dar unha mellor e máis rápida resposta ante problemas nas reducións dos niveis dos depósitos que poidan provocar desabastecementos ás persoas; e por outra banda mellórase o sistema de desinfección mediante cloro, repoñendo o sistema de dosificación e monitorizando a concentración de cloro e o nivel de cloro no depósito para detectar posibles problemas de funcionamento neste sistema. Con todo iso preténdese mellorar o servizo de abastecemento de auga potable ás poboacións afectadas, reducindo ao máximo a vulnerabilidade das mesmas.

  1. RESULTADOS

As actuacións realizadas por APEX SISTEMAS SL acadou os obxectivos propostos.

Procedemento: Convenio entre la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. y el Ayuntamiento de Xermade sobre la financiación, ejecución y entrega de las obras de saneamiento y depuración para el núcleo de O Campo da Feira, en el término municipal de Xermade (Lugo). PdM Miño-Sil ES010_3_ALCH0SCET29SP2536

Financiamento:

Procedemento: Subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2024.

Código AU301D
Bases reguladoras: Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a
detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2024, mediante tramitación
anticipada de gasto (código de procedemento AU301D).
Publicación Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 29 de xaneiro de 2024.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240129/AnuncioO143-050124-0005_gl.html
Trámite Resolución de solicitude de subvención
Expediente: AU301D2024-102

Actuación: Auditoría municipal da rede de saneamento para a detección de infiltracións en Xermade
Importe da subvención: 14.515,16 €
Concello: CONCELLO DE XERMADE
NIF: P2702100E

ABASTECEMENTO DE AUGA

Procedemento: Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021.
Código AU301A
Bases reguladoras: Resolución do 12 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade
Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento administrativo AU301A).
Publicación: Diario Oficial de Galicia núm. 83, do 4 de maio
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210504/AnuncioO143-220421-0001_gl.html
Trámite Resolución de solicitudes de axudas
Expediente: AU301A2021/32
Detalle da axuda concedida:
Importe da subvención: 2.500,00 €
Concello: XERMADE
NIF: P2702100E

Procedemento: Subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.
Código AU300A
Bases reguladoras: Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A) (DOG
24.03.2021).
Trámite: Resolución do 19 de abril de 2021 pola que se modifica a Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021
(código de procedemento AU300A). (DOG 23.04.2021), (Corrección de erros DOG 30.04.2021)
Resolución de concesión de subvención
EXPEDIENTE: AU300A2021/178-A
TÍTULO PROXECTO: MONITORIZACIÓN DOS DEPÓSITOS DE ABASTECIMENTO DE AUGA POTABLE DE MOMÁN, XERMADE, ROUPAR E CABREIROS
IMPORTE DA SUBVENCIÓN: 26.786,73€

Procedemento: Orde do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes, previsto no artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (DOG nº 34 do 17 de febreiro de 2023).
Actuación: Modernización e mellora das redes de abastecemento municipal de auga
Orzamento: 50.302,00€
Axuda concedida: 46.000,00€

AU301E – Subvencións para a execución de obras para minimizar as perdas de auga en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE AGADER

IMPLANTACIÓN DE SISTEMA DE QUECEMENTO POR BIOMASA NA ESCOLA DE PIÑEIRO

IMPLANTACIÓN DE SISTEMA DE QUECEMENTO POR BIOMASA NA ESCOLA DE CANDAMIL E NA CASA DA XUVENTUDE

REHABILITACIÓN DE ELEMENTOS ETNOGRÁFICOS PARA CREACIÓN DE CENTRO DE INTERPRETACIÓN EN FOLGOSO