Presentación III PREMIO DE INVESTIGACIÓN “XERMADE NA HISTORIA”
O Concello de Xermade, a Asociación de Veciños de Cabreiros e a Facultade de CC. Da Educación da USC, convocan o III Premio de Investigación “Xermade na historia”, que estará regulado polas seguintes
BASES
1.- Os/as interesados/as poderán participar a nivel individual ou como colectivo.
2.- Cada autor/a poderá concursar con cantos traballos desexe.
3.- Os temas sobre os que poderán versar os traballos deberán estar relacionados co patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade (tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, costumes, literatura oral, etc).
4.- Haberá dous premios:
– 1º Premio, dotado con 2.000 euros.
– 2º Premio, dotado con 1.000 euros.
5.- Os traballos deberán ser entregados no rexistro do Concello de Xermade baixo pseudónimo. En sobre pechado serán incluídos os datos do participante: Nome, enderezo, teléfono…
6.- Coa presentación dos orixinais deberá ser incluída, tamén, a seguinte documentación:
– Curriculum Vitae dos solicitantes ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo…
– Modelo de presentación debidamente cumprimentado. O modelo poderá descargarse da páxina web do concello: xermade.org
7.- Deberase entregar orixinal en papel e copia en CD, en formato PDF ou Word, fonte Times New Roman, corpo 12, DIN A4.
8.- A extensión dos traballos será dun mínimo de 50 folios e un máximo de 400. As páxinas ocupadas polas notas, bibliografía, mapas, fotografías, etc, tamén se contabilizarán.
9.- Os traballos deberán ser realizados e presentados e en lingua galega.
10.- A data límite de presentación dos traballos será o día 17 de febreiro de 2017.
11.- Xurado estará presidido polo Sr. Alcalde do Concello de Xermade, e estará integrado polo Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros e tres especialistas. As súas decisións serán inapelables.
12.- Unha vez que o xurado falle os premios, que poderán ser declarados desertos, daranse a coñecer a través dos medios de comunicación.
13.- As persoas premiadas deberán comunicar por escrito ao Concello de Xermade a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data de concesión do mesmo.
14.- As obras premiadas poderán ser editadas polo Concello dentro do prazo dun ano; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento, se é do caso, da súa publicación, deberán consignar a distinción concedida.
15.- A Asociación de Veciños de Cabreiros e o Concello de Xermade poderán solicitar do autor/a calquera aclaración que estimen conveniente en relación co traballo. Así mesmo, poderán deixar sen efecto o Premio se o beneficiario incumpre as obrigacións sinaladas nas presentes Bases.
16.- As cuestión non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado de acordó co seu libre criterio.
17.- A participación no Premio implica a total aceptación das presentes Bases.
[+] Descarga Pdf Modelo de Participación
[+] Anuncio no BOP das bases do III Premio “Xermade na Historia”