PLAN ANTIFRAUDE DO CONCELLO DE XERMADE
Coa finalidade de dar cumprimento ás obrigas que o artigo 22 do Regulamento (UE) 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, impón a España en relación coa protección dos intereses financeiros da Unión como beneficiario dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, toda entidade, xa teña carácter decisorio o executor, que participe na execución das medidas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) deberá dispor dun “Plan de medidas antifraude” que lle permita garantir e declarar que, no seu respectivo ámbito de actuación, os fondos correspondentes foron empregados de conformidade coas normas aplicables, en particular, no se que refire á prevención, detección e corrección do fraude, a corrupción e os conflitos de intereses.
Neste sentido, o Concello de Xermade, a través dos seus representantes políticos e persoal ao servizo desta administración comprométese a manter un alto nivel de calidade xurídica e ética e a adoptar os principios de integridade, imparcialidade e honestidade.
A aprobación deste plan responde á firme intención de mostrar a súa oposición ao fraude, á corrupción, á malversación, aos conflitos de interese e ao branqueo de capitais no exercicio das súas funcións.
Espérase, polo tanto que todos os membros do persoal asuman tamén este compromiso. Especificamente o Concello está comprometido coa loita contra o suborno, polo que prohíbese que tanto órganos políticos coma membros do persoal do Concello ofrezan o reciban de terceiros calquera tipo de regalos, dádivas ou favores que traian causa da obtención de logros profesionais, así como os que estean fora dos usos do mercado ou que, polo seu valor, as súas características ou as circunstancias en que concorran, razoablemente puidera supor unha alteración do desenvolvemento das relacións comerciais, administrativas ou profesionais.
É importante seleccionar adecuadamente e vixiar aos terceiros que poidan actuar en nome do Concello de Xermade, e que poidan desenvolver tales condutas. Polo tanto, a finalidade do presente Plan de medidas antifraudes é promover unha cultura que exerza un efecto disuasorio para calquera tipo de actividade fraudulenta e que faga posible a súa prevención e detección, e desenvolver uns procedementos que faciliten a investigación do fraude e dos delitos relacionados co mesmo, e que permitan garantir que tales casos sexan abordados de forma adecuada e no momento preciso.