Piñeiro (Patroa Nosa Señora do Rosario)

Constituída por estes barrios: A Aldea, A Antoa, A Aureana, A Casanova de Sanche, A Casanova, O Cerqueiral, A Cerveira, Framil, A Ladrela, O Outeiro, A Panda, A Pasadiña, A Pena, Os Rebuxentos, As Ribas, Sanche Grande, Sanche Pequeno, O Toutelo, A Vacariza, A Veiga e A Xunqueira.

Arquitectura Relixiosa

Igrexa Parroquial. Construcción recente que se ergue sobre os cementos do antigo templo. Nos restos dun retablo pode lerse esta inscrición: “ESTA OBRA SE HIZO SIENDO CURA PÁRROCO D. JUAN ANTONIO ESPANTOSO Y LAGO, AÑO DE 1.736”. A escultura do titular é San Martiño que aparece a cabalo, cun mendigo ós pés, con aspecto de anxo (s. XVIII). Posúe tamén a escultura de Santo Domingo de Guzmán co libro aberto na man esquerda (s. XVIII); outro santo dominico cun bastón Na man esquerda (finais s. XVII) e San Antón de Padua co Neno espido sobre o libro pechado e unha palma na man dereita (finais s.XVIII). No Toutelo houbo unha ermida adicada a San Outelo.

Megalitismos

Medoña de Pero Montero ou de Mazandoi.

Cruceiros

Cruceiro de Ferrerías ou de Novil, Cruceiro da Cerveira e Cruceiro da Xunqueira.