Parque Empresarial de Xermade
O Parque Empresarial de Xermade situase na bisbarra da Terra Chá, aínda que se accede por unha estrada comarcal, a conexión coa “Autovía do Cantábrico” encóntrase apenas a uns 12 kms de distancia. Está moi próximo a outros núcleos industriais como o Parque Empresarial de Penapurreira ou o Polígono Industrial Os Airios de As Pontes de García Rodríguez ou o Polígono Sete – Pontes de Vilalba.
Dada a importancia da produción agrícola e gandeira do Concello de Xermade, o 24 de maio de 1991, a CIDESEGA “Comisión Interdepartamental para o Desenvolvemento de Solo Empresarial en Galicia” aprobou un Plan de Solo Empresarial, sendo Xermade un dos municipios elixidos para desenvolver unha actuación urbanística para a preparación de solo empresarial a un prezo accesible, aínda que foi en setembro de 1995 cando se asinou un convenio entre o IGVS e o Concello de Xermade para a construción do parque empresarial.
Nace no ano 2002 por iniciativa de IGVS e na actualidade está xestionado por XESTUR “Xestión do Solo de Galicia”.
Características Urbanísticas:
- Desenvolveuse en dúas fases
- Superficie total: 60.000 m2
- Superficie das parcelas: 39.683 m2
- Superficie para vías e aparcadoiros: 12.000 m2
- Nº de parcelas: 42
Servizos:
- Enerxía eléctrica en BT
- Alumeado público
- Rede de telefonía e telecomunicacións
- Abastecemento
- Saneamento
- Pluvias
Distancias que o separan das principais cidades de Galicia:
- Lugo: 60kms
- A Coruña: 78 kms
- Santiago de Compostela: 95 kms
- Ferrol: 53 kms
- Vigo: 201 kms
- Pontevedra: 176 kms
- Ourense: 149 kms