PADRÓN, REXISTRO E RECADACIÓN
Para dúbidas ou consultas xerais en calquera destes ámbitos, as persoas interesadas dispoñen das seguintes canles:
PRESENCIALMENTE
Nas instalacións do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres
TELEFONICAMENTE
Chamando ao 982 50 10 01 ou 982 50 10 02 en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres
ESCRIBINDO
Mediante o formulario de contacto da páxina web ou ao correo electrónico xermade@xermade.org
TELEMÁTICAMENTE
Pola sede electrónica do Concello de Xermade identificándose con certificado dixital ou Cl@ve https://concelloxermade.sedelectronica.es
REXISTRO XERAL
O Rexistro Xeral do Concello de Xermade é o punto para a presentación presencial de documentos tanto para a súa tramitación no propio concello, como para ser derivados a outros órganos administrativos doutras administracións.
Horario de atención: de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
PADRÓN
As persoas interesadas poden realizar a inscrición ou a modificación de datos no Padrón Municipal de Habitantes do Concello de Xermade:
- Presencialmente nas instalacións do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres
- Pola sede electrónica do Concello de Xermade identificándose con certificado dixital ou Cl@ve https://concelloxermade.sedelectronica.es
As peticións de volantes ou certificados de empadroamento ou convivencia poden realizarse en persoa nas oficinas do concello ou telemáticamente na sede electrónica.
Documentación necesaria:
- Documento de identificación en vigor: DNI, NIE ou Pasaporte
- Documento que acredite o domicilio: contrato de aluguer, factura/recibo de subministros básicos, certificado de propiedade da vivenda
- Referencia catastral e localización do domicilio
Volantes ou Certificados
As peticións de volantes ou certificados de empadroamento ou convivencia poden realizarse en persoa nas oficinas municipais ou telematicamente na sede electrónica do concello achegando a documentación requirida.
Segundo a “Ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos” publicada no BOP núm. 58 de 12/03/2021, o custo destas certificacións é de 3 euros, que se pode aboar presencialmente nas oficinas municipais ou mediante transferencia bancaria ao número de conta do Concello de Xermade:
ABANCA: ES53 2080 0141 4831 1000 0029
https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/12-03-2021_0.pdf#page=6
RECADACIÓN
1. TRIBUTOS DELEGADOS NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
IBI “Imposto sobre Bens Inmobles”
IVTM “Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica”
IAE “Imposto sobre actividades económicas”
O Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Deputación de Lugo encárgase da xestión, recadación e inspección de tributos e outros ingresos de carácter público en base a delegación de competencias que os concellos da provincia realizaron, de conformidade coa lexislación que regula as Facendas Locais.
No Portal do Contribuinte da Deputación Provincial de Lugo os contribuintes poden realizar os seus trámites telemáticamente identificándose con certificado dixital ou Cl@ve: domiciliar recibos, xerar unha carta de pago dun recibo, modificar datos persoais ou modificar a dirección fiscal: https://recaudacion.deputacionlugo.org
Para aqueles contribuíntes que prefiran realizar as súas xestións en persoa, so teñen que descargar o modelo do impreso que desexen tramitar na páxina da Deputación Provincial de Lugo, cubrilo, asinalo e presentalo na Oficina de Asistencia en materia de Rexistro situada na planta baixa do Concello de Xermade e dispoñible en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
https://deputacionlugo.gal/gl/temas/recadacion/informacion-tributaria/impresos_xerais
Para contactar directamente co Servizo de Recadación da Deputación Provincial de Lugo:
Teléfonos: 982 242 315 / 982 242 728
Correo Electrónico: recaudalugo@deputacionlugo.org
IBI – “Imposto sobre Bens Inmobles”
IVTM – “Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica”
IAE – “Imposto sobre actividades económicas”
O Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Deputación de Lugo encárgase da xestión, recadación e inspección de tributos e outros ingresos de carácter público en base a delegación de competencias que os concellos da provincia realizaron, de conformidade coa lexislación que regula as Facendas Locais.
No Portal do Contribuinte da Deputación Provincial de Lugo os contribuintes poden realizar os seus trámites telemáticamente identificándose con certificado dixital ou Cl@ve: domiciliar recibos, xerar unha carta de pago dun recibo, modificar datos persoais ou modificar a dirección fiscal: https://recaudacion.deputacionlugo.org
Para aqueles contribuíntes que prefiran realizar as súas xestións en persoa, so teñen que descargar o modelo do impreso que desexen tramitar na páxina da Deputación Provincial de Lugo, cubrilo, asinalo e presentalo na Oficina de Asistencia en materia de Rexistro situada na planta baixa do Concello de Xermade e dispoñible en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
https://deputacionlugo.gal/gl/temas/recadacion/informacion-tributaria/impresos_xerais
Para contactar directamente co Servizo de Recadación da Deputación Provincial de Lugo:
Teléfonos: 982 242 315 / 982 242 728
Correo Electrónico: recaudalugo@deputacionlugo.org
IMPOSTOS
ICIO “Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras”
TAXAS
Taxa por expedición de Licenzas Urbanísticas
Taxa por Licenza de Obras
Taxa pola Licenza de apertura de establecementos
Taxa polo Servizo de Axuda no Fogar
Taxa pola prestación so servizo de abasecemento de auga potable
Taxa pola conexión á rede de saneamento
Taxa por recollida de lixo
Taxa polo aproveitamento especial do dominio público local por instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos
Taxa de tendidos, tuberías e galerías para a conducción de enerxía eléctrica, gas…
Taxa por concesión de nichos no cemiterio municipal
Taxa por expedición de documentos administrativos
POSESIÓN DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS
As persoas propietarias ou que custodien animais potencialmente perigosos deben solicitar:
- A alta no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos
- A licenza para a posesión de animais potencialmente perigosos
No caso dos cans, cales se consideran potencialmente perigosos?
Os indicados no artigo 16.2 da Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia:
- a) Cans que polas súas características raciais poidan ser aptos para o adestramento para a garda e defensa, e en concreto os cans pertencentes ás seguintes razas: american stafforshire terrier, pit bull terrier, bullmastif, dobermann, dogo arxentino, dogo de Bordeos, dogo do Tíbet, fila brasileiro, mastín napolitano, presa canario, presa mallorquín (ca de bou), rottweiler, bull terrier, staffordshire bull terrier, tosa inu e akita inu, e mais as restantes razas que poidan determinarse na normativa estatal sobre animais potencialmente perigosos de obrigado cumprimento.
Tamén serán considerados potencialmente perigosos os cruzamentos en primeira xeración destas razas ou os cruzamentos destas razas con outras.
- b) Cans que foron adestrados para a garda e defensa.
- c) Cans que tiveron algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas, ou aqueles que manifesten un carácter marcadamente agresivo. Nestes casos, a potencial perigosidade deberá ser apreciada pola autoridade competente municipal, de oficio ou despois de notificación ou denuncia, atendendo criterios obxectivos e logo do informe dunha ou dun profesional veterinario designado para o efecto.
ARQUIVO MUNICIPAL
O Arquivo Municipal do Concello de Xermade identifícase co código: ES.GA.27021.AM
- Titularidade: Pública
- Xestión: Administración local
As persoas interesadas en consultar documentos custodiados no arquivo municipal, tanto documentación administrativa como documentación histórica, é necesario presentar unha solicitude.