O pleno reuniuse en sesión ordinaria o xoves 14 de setembro
A Corporación xermadesa celebrou sesión ordinaria do pleno o pasado xoves 14 de setembro ás 20.oo horas. Acordouse novamente fixar os festivos locais para 2024, posto que o luns de Santa María será o 12 de agosto de 2024 e non o día 5, tal como se acordara na sesión ordinaria celebrada o 20 de xullo de 2023, antes de constituirse a comisión de festas.
Por outra banda, acordouse conceder unha bonificación do 95% do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras á Sociedade Agraria de Transformación CAVADAS, para as obras de ampliación de vacuno de leite en As Cavadas.
Na parte de control e fiscalización douse conta do Plan de acción elaborado pola Presidencia para dar resposta ás eivas detectadas pola Intervención no informe-resume de control financieiro do exercicio 2022, cumprindo así o disposto no RD 424/2017, que regula o réxime xurídico do control interno das entidades locais.
Tamén se dou conta da información remitida a través da Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas Entidades Locais (OVEL), entre a que destaca o Período Medio de Pago do segundo trimestre de 2023, que é de 19,86 días.
O alcalde levantou a sesión animando a todos os presentes a visitar o XXIII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará en Xermade os días 15, 16 e 17 de setembro.