Carreira Popular de Xermade

Reunión de traballo coa arquitecta Luz Paz Agras

O goberno municipal mantivo hoxe unha reunión coa arquitecta xermadesa Luz Paz Agras, da Universidade da Coruña, que fai parte do equipo redactor do proxecto de rehabilitación da Reitoral de Xermade, a fin de coñecer o estado de elaboración do proxecto de execución desta obra, que resultou beneficiaria dunha axuda por importe de 403.000,00 euros por parte do Instituto de Transición Xusta do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. Na reunión estiveron presentes tamén a secretaria-interventora e a técnica de urbanismo do Concello de Xermade.

Segundo o calendario previsto na addenda ao convenio asinado entre o Concello de Xermade e a Universidade da Coruña no 2023, o proxecto de execución debe estar ultimado o 31 de outubro de 2023, a fin de que a obra poda licitarse e estar adxudicada en febreiro de 2024, dado que o prazo de execución das obras estímase en 14 meses. O goberno municipal agarda que as obras estean rematadas no 2026, coincidindo co XXV aniversario do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade.

O pleno reuniuse en sesión ordinaria o xoves 14 de setembro

A Corporación xermadesa celebrou sesión ordinaria do pleno o pasado xoves 14 de setembro ás 20.oo horas. Acordouse novamente fixar os festivos locais para 2024, posto que o luns de Santa María será o 12 de agosto de 2024 e non o día 5, tal como se acordara na sesión ordinaria celebrada o 20 de xullo de 2023, antes de constituirse a comisión de festas.

Por outra banda, acordouse conceder unha bonificación do 95% do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras á Sociedade Agraria de Transformación CAVADAS, para as obras de ampliación de vacuno de leite en As Cavadas.

Na parte de control e fiscalización douse conta do Plan de acción elaborado pola Presidencia para dar resposta ás eivas detectadas pola Intervención no informe-resume de control financieiro do exercicio 2022, cumprindo así o disposto no RD 424/2017, que regula o réxime xurídico do control interno das entidades locais.

Tamén se dou conta da información remitida a través da Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas Entidades Locais (OVEL), entre a que destaca o Período Medio de Pago do segundo trimestre de 2023, que é de 19,86 días.

O alcalde levantou a sesión animando a todos os presentes a visitar o XXIII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará en Xermade os días 15, 16 e 17 de setembro.

PLAN ALLEN RURAL

Chega ó Concello de Xermade, da man de Fademur Galicia o PLAN ALLEN RURAL, financiado por IKEA, que ofrece formación e asesoramento personalizado de forma gratuíta.

O proxecto pretende dar resposta ás demandas das mulleres de áreas rurais, especialmente no ámbito da agricultura familiar. O programa diríxese á creación de emprego e ao dimensionamiento das explotacións e as empresas no sector agroalimentario.

Participa!

#fademurgalicia #Xermade #planallenrural#fademur

Programa Dinamiz-ARTj en setembro en Xermade

Resumo das actividades que durante o mes de setembro traerá a Xermade o Programa Dinamiz-ARTj.

Co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN)
#transiciónjusta #CIUDEN #dinamizartj #Xermade

Licitacións de subministracións e obras en curso no Concello de Xermade

A mesa de contratación permanente nomeada pola Alcaldía para as licitacións da súa competencia reuniuse o 9 de agosto para a apertura das ofertas presentadas ás licitacións para a adquisición dunha miniexcavadora (financiada co Fondo de Compensación Ambiental 2023, liña de concorrencia non competitiva) e subministración de contadores de telelectura (financiada con cargo ao fondo adicional do FCL da Xunta de Galicia).

Revisada a documentación polos técnicos competentes, a mesa reuniuse de novo o 18 de agosto e acordou declarar deserta a licitación para a adquisición dunha miniexcavadora, dado que ningunha das dúas ofertas admitidas cumprían os requisitos mínimos esixidos no prego; e requirir a documentación á empresa APEX, única que cumpría os requisitos técnicos esixidos na licitación dos contadores de telelectura, a fin de que o órgano de contratación lle adxudique o contrato, que debe estar executado o 31 de outubro de 2023.

A mesa tamén se reuniu o 18 de agosto de 2023  a fin de declarar completa a documentación presentada por Jardinería Arce SL, licitador que resultou a mellora oferta presentada á licitación do contrato mixto de subministración e obras “Reformado área de xogos infantís en Roupar” (Plan Único 2022). Acto seguido, a Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, adxudicou ese contrato, que debe estar executado o 31 de outubro de 2023.

O 21 de agosto de 2023 a mesa de contratación procedeu á apertura das ofertas presentadas á obra “Mellora de camiños municipais en Cabreiros, A Poupariña e A Cruz Vella”, incluida no Plan de mellora de camiños municipais 2023-2024 de Agader. Tres ofertas incorreron en baixa temeraria, polo que se avaliará a documentación que presenten a fin de aceptar ou rexeitar estas proposicións.

O 22 de agosto de 2023 abríronse as ofertas presentadas ás “Obras de mellora do pavillón e pista deportiva de Xermade”, financiada cunha axuda da Xunta de Galicia. A mellor oferta foi a presentada pola empresa vilalbesa Cholo SL, polo que se prevé adxudicar esta semana o contrato, dado que a anualidade 2023 desta obra debe estar executada o 31 de outubro de 2023.

Actividades do Programa DinamizartJ esta semana

Aquí vos deixamos as propostas para esta semana en distintas ubicacións do noso concello.

Estas actividades son postas en marcha co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN) a través do programa DinamizartJ, co que se pretende xerar unha oferta cultural ampla nos municipios afectados polo proceso de peche de instalacións en zonas de Transición Xusta.

#transiciónjusta #CIUDEN #dinamizartj#Xermade


Alegacións ao parque eólico Santuario

O xoves 22 de xuño publicouse no BOP de Lugo o anuncio do Proxecto Modificado Abril 2023 da instalación do “Parque Eólico Santuario”, parte do cal se ubica no termo municipal do Concello de Xermade. O trámite de exposición pública rematou o venres 4 de agosto de 2023.

A oficina técnica estivo a disposición da veciñanza durante este trámite para a consulta da documentación e a presentación de alegacións.

O Concello de Xermade formulou alegacións no trámite de exposición pública, mediante a remisión dun informe técnico emitido o 2 de agosto de 2023 pola técnica municipal de urbanismo, medio ambiente e obras, que pode consultarse aquí: 20230802_Informe_Informe técnico_2021_440_Informe técnico mod

Programa Dinamiz-ARTj en agosto en Xermade

Resumo das actividades que durante o mes de agosto traerá a Xermade o Programa Dinamiz-ARTj.

Co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN)
#transiciónjusta #CIUDEN #dinamizartj #Xermade