Chega a Roupar este espectáculo da man da Rede De Dinamización Lingüística.
Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo. No encontro co público, cóntalles a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido fiando diferentes historias que aprendeu dos habitantes que atopou polo camiño.
Esta nova produción de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego no que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz. Unha proposta onde a narración vai acompañada de música, monicreques, romances de cego e outras técnicas de teatro de rúa.
NARRACIÓN ORAL E MONICREQUES / +5 ANOS / 50 MIN
Autor e director Inacio Vilariño
Actor Inacio Vilariño
Música Tradicional
Escenografía Luis Iglesias, “Luchi”
Vestiario María Chenut
Cartel Iván Suárez
IV CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarO Concello de Xermade convida a toda a veciñanza a participar nun concurso de decoración de Nadal, co fin de dinamizar a participación activa da cidadanía, fomentando a súa creatividade, e incentivando a ilusión das máis pequenas e pequenos.
A data de inscrición estará aberta desde a publicación destas bases ata o 21 de decembro ás 14.30 horas.
Bases Concurso
A VIAXE FELIZ DE RAMÓN SANFIZ
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarChega a Roupar este espectáculo da man da Rede De Dinamización Lingüística.
Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo. No encontro co público, cóntalles a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido fiando diferentes historias que aprendeu dos habitantes que atopou polo camiño.
Esta nova produción de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego no que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz. Unha proposta onde a narración vai acompañada de música, monicreques, romances de cego e outras técnicas de teatro de rúa.
NARRACIÓN ORAL E MONICREQUES / +5 ANOS / 50 MIN
Autor e director Inacio Vilariño
Actor Inacio Vilariño
Música Tradicional
Escenografía Luis Iglesias, “Luchi”
Vestiario María Chenut
Cartel Iván Suárez
Xornada informativa sobre o parque eólico Santuario
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeO Concello de Xermade organiza unha xornada informativa para a veciñanza afectada pola instalación do “Parque Eólico Santuario”. Participará D. Xavier Simón Fernández, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, e Dª. María Montero Muñoz, profesora titular do departamento de Fundamentos da análise económica e historia e institucións económicas da Universidade de Vigo.
Ambos profesores forman parte do Observatorio Eólico de Galicia. O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia. O OEGA naceu da colaboración entre a Fundación Juana de Vega, a Fundación Isla Couto e a Universidade de Vigo. Desde xuño de 2023, a Fundación Paideia Galiza forma parte do padroado do Observatorio.
O Observatorio, liderado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, ten por obxecto realizar investigacións sobre o sector eólico en Galicia co gallo transferir coñecemento entre os axentes participantes, ademais de favorecer a transparencia dos procesos de ocupación de terreos destinados a parques eólicos e identificar e amosar os impactos que a enerxía eólica xera no mundo rural.
Día: Martes, 12 de decembro
Lugar: Salón de Actos do CEIP de Xermade
Hora: 18:30
Nova área de xogos infantís en Roupar
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeO Concello de Xermade recibiu a primeiros deste mes de novembro a obra denominada “Área de xogos infantís en Roupar”, adxudicada a Jardinería Arce SL en 63.987,38 euros, dos cales 58.671,30 euros foron achegados pola Deputación de Lugo a través do Plan Único de cooperación cos concellos do ano 2022.
O parque executouse na parcela que o concello adquiriu ao Arcebispado de Mondoñedo-Ferrol, constituíndo a primeira fase dun proxecto que inclúe a rehabilitación e ampliación da Casa Reitoral de San Pedro Fiz para dedicala a centro de día para persoas maiores.
Trátase da segunda área de xogos para a infancia que se executa na parroquia de Roupar, despois de que no 2018 se fixera o primeiro parque no lugar da Criba, a carón da antiga escola unitaria, dunha parcela cedida pola veciñanza ao concello.
Rehabilitación da antiga escola de Ladrela
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeO Concello de Xermade vén de solicitar o acceso ao ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (DOG n.º 182 do 23/09/2016) para o financiamento da rehabilitación da escola de Ladrela, segundo a memoria descritiva asinada pola técnica de urbanismo, medio ambiente e obras o 31/10/2023, por importe de 57.250,42 euros, cun prazo de reposición de oito (8) anos, a razón de 7.908,02 euros por ano.
A rehabilitación permitirá reforzar a estrutura e dotar ao inmoble de dúas novas estancias destinadas a baño e un espazo de cociña e almacenaxe.
Memoria valorada OCT. 2023
Charla COIDADOS BÁSICOS DO OÍDO
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarOs días 23, 24 e 27 de novembro volve o autobús do servicio gratuíto COIDADOS PORTA A PORTA ó Concello de Xermade.
Os profesionais do Servizo de Audioloxía levarán unha charla informativa á Biblioteca Municipal de Xermade.
25 N en Xermade
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarCurso PRIMEIROS AUXILIOS E RCP
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarInscrición online tamén dispoñible aquí: https://onx.la/19f83
Sesión ordinaria do Pleno da Corporación
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeA Corporación xermadesa reuniuse o pasado xoves 9 de novembro en sesión ordinaria para tratar asuntos de grande relevancia para a xestión municipal:
1º. Aprobación do Plan de ordenación de recursos humanos para a redución da temporalidade no Concello de Xermade no período 2023-2026: co que se prevé aprobar unha Oferta de Emprego Público extraordinaria antes do 31/12/2023 a fin de incluir tres prazas que se atopan vacantes na Relación de Postos de Traballo en vigor: Informe-proposta da Plan de ordenación de RR.HH.
2º. Aprobación do Plan Estratéxico de Subvencións para o período 2024-2026, que trae como novidade un aumento significativo do importe das axudas a asociacións para o fomento de actividades culturais e deportivas de interese municipal: ANUNCIO APROBACIÓN PLAN EXTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS 2024-2026
3º. Aprobación do orzamento do exercicio 2024 e documentación anexa: MEMORIA DA ALCALDÍA
Por outra banda, douse conta do Plan anual de contratación aprobado pola Alcaldía, así como do Período Medio de Pago correspondente ao 3º trimestre deste ano, que é de 9,44 días.
O Pleno acordou conceder dúas bonificacións do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras a SAT AS CAVADAS, por dúas obras relacionadas coa explotación gandeira da que é titular en As Cavadas e Aboelle.
GALICIA SABE AMAR
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarGALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace para animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
Catro foodtrucks traerán o sabor das rías galegas e produtos galegos ó Concello de Xermade, onde a veciñanza poderá degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.