O Concello de Xermade e a Asociación de Veciños de Cabreiros, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, convocan o XI Premio de Investigación “Xermade na historia”, financiado pola Exma. Deputación de Lugo, que será regulado polas seguintes
BASES
1. As persoas interesadas poderán participar tanto a nivel individual como colectivo.
2. Cada autor/a poderá concursar con cantos traballos desexe.
3. Os temas sobre os que poderán versar os traballos deberán estar relacionados co patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade (tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, costumes, literatura oral, arquitectura, etc).
4. Haberá dous premios:
– 1º Premio, dotado con 2.000 euros.
– 2º Premio, dotado con 1.000 euros.
5. Os traballos deberán ser entregados baixo pseudónimo exclusivamente no rexistro do Concello de Xermade ou a través de correo postal. En sobre pechado serán incluídos:
-Nome, enderezo, teléfono, Curriculum Vitae ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo …
-Modelo de presentación debidamente cumprimentado. O modelo poderá descargarse da páxina web do concello: www.xermade.org.
Co obxecto de garantir o anonimato, nos traballos de investigación presentados non figurará ningún dato persoal da persoa autora deles, senón unicamente o título na primeira páxina. Así mesmo, o traballo será presentado nun arquivo independente ao do resto da documentación. No mesmo sentido, o Concello de Xermade facilitaralle ao xurado, para o desenvolvemento das súas funcións, unicamente o documento que conteña o texto dos traballos presentados e manterá custodiada a identidade do/da autor/a ou dos/das autores/as ata que se resolva o procedemento.
6. Deberase entregar o orixinal paxinado en papel DIN A4 e copia en CD ou en memoria USB, tanto en formato PDF como en formato editable, fonte Times New Roman, tamaño 12, e entreliñado 1,5.
7. A extensión dos traballos será dun mínimo de 50 folios e un máximo de 400. As páxinas ocupadas polas notas, bibliografía, mapas, fotografías, etc, tamén se contabilizarán.
8. Os traballos deberán ser realizados e presentados en lingua galega. A data límite de presentación dos traballos será o día 21 de febreiro de 2025.
9. O xurado estará presidido polo Sr. Alcalde do Concello de Xermade, e catro vogais: Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros e tres especialistas en materias relacionadas co patrimonio etnográfico e cultural. Actuará como secretario/a un/ha funcionario/a do Concello de Xermade. A composición do xurado determinarase por resolución de alcaldía que se fará pública antes do 21 de marzo de 2025.
10. Unha vez que o xurado falle os premios, que poderán ser declarados desertos, daranse a coñecer a través dos medios de comunicación.
11. As persoas premiadas deberán comunicar por escrito ao Concello de Xermade a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data da comunicación da concesión do mesmo.
12. As obras premiadas poderán ser editadas polo Concello de Xermade dentro do prazo de cinco (5) anos; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento, se é do caso, da súa publicación, deberán consignar a distinción concedida.
13. A Asociación de Veciños de Cabreiros e o Concello de Xermade poderán solicitar do autor/a calquera aclaración que estimen conveniente en relación co traballo. Así mesmo, poderán deixar sen efecto o Premio se o beneficiario incumpre as obrigacións sinaladas nas presentes Bases.
14. As cuestión non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado de acordo co seu libre criterio.
15. A participación no Premio implica a total aceptación das presentes Bases.
Modelo de presentación XI Premio
Fallo do xurado do X Premio de investigación “XERMADE NA HISTORIA”
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarTras a reunión levada a cabo o xoves 23 de maio, ás 12:20 horas, formando parte do xurado
-Presidente: Don Roberto García Pernas, alcalde do Concello de Xermade, con dereito a voz e voto.
-Vogais, con dereito a voz e voto:
O 1º vogal: Don José Manuel Felpeto Carballeira, Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros.
O 2º vogal: Dona María Luisa Barreiro Mejuto, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos
O 3º vogal: Dona María López Sández, profesora da área de Didáctica da Lingua e a Literatura da Universidade de Santiago de Compostela.
O 4º vogal: Dona Josefa Rey Castiñeira, profesora da área de Historia da Universidade de Santiago de Compostela
-Secretaria: Dona Lucía Guizán Trastoy, educadora familiar do Concello de Xermade, para recoller testemuño e acta do fallo do xurado.
Os traballos que resultaron premiados nesta edidición foron:
– “A sociedade de instrución e recreo `Progreso de Lousada´“, presentado baixo o pseudónimo : O cabaleiro de Pinar del Rio, foi o seleccionado para obter o PRIMEIRO PREMIO do certame. O autor do mesmo é Don Juan Carlos Vivero López, veciño de Guitiriz. Nado en Lousada (Xermade), Diplomado como mestre na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo (USC), desenvolveu a súa profesión como docente en diversos colexios de Lugo e Coruña, pero principalmente no CEIP Lagostelle de Guitiriz. O importe do premio é de 2.000 €
– “Aproximación á cultura inmaterial de Xermade”, presentado baixo o pseudónimo Morriña, foi o seleccionado para obter o SEGUNDO PREMIO do certame. A autora do mesmo é Dona Manuela Castelo Santalla (“Lela”), veciña de Xermade. Nada en Loiba (Ortigueira), cursou estudos de Maxisterio e tamén é Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa. Logo de traballar en varias vilas galegas como profesora de instituto, obtivo a praza no IES Moncho Valcarce de As Pontes. O importe do premio é de 1.000 €
Aproveitamos para expresarlle a felicitación de todo o xurado.
Parabéns!
Subvenciona: Deputación de Lugo
XI PREMIO DE INVESTIGACIÓN “XERMADE NA HISTORIA”
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Concello de Xermade e a Asociación de Veciños de Cabreiros, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, convocan o XI Premio de Investigación “Xermade na historia”, financiado pola Exma. Deputación de Lugo, que será regulado polas seguintes
BASES
1. As persoas interesadas poderán participar tanto a nivel individual como colectivo.
2. Cada autor/a poderá concursar con cantos traballos desexe.
3. Os temas sobre os que poderán versar os traballos deberán estar relacionados co patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade (tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, costumes, literatura oral, arquitectura, etc).
4. Haberá dous premios:
– 1º Premio, dotado con 2.000 euros.
– 2º Premio, dotado con 1.000 euros.
5. Os traballos deberán ser entregados baixo pseudónimo exclusivamente no rexistro do Concello de Xermade ou a través de correo postal. En sobre pechado serán incluídos:
-Nome, enderezo, teléfono, Curriculum Vitae ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo …
-Modelo de presentación debidamente cumprimentado. O modelo poderá descargarse da páxina web do concello: www.xermade.org.
Co obxecto de garantir o anonimato, nos traballos de investigación presentados non figurará ningún dato persoal da persoa autora deles, senón unicamente o título na primeira páxina. Así mesmo, o traballo será presentado nun arquivo independente ao do resto da documentación. No mesmo sentido, o Concello de Xermade facilitaralle ao xurado, para o desenvolvemento das súas funcións, unicamente o documento que conteña o texto dos traballos presentados e manterá custodiada a identidade do/da autor/a ou dos/das autores/as ata que se resolva o procedemento.
6. Deberase entregar o orixinal paxinado en papel DIN A4 e copia en CD ou en memoria USB, tanto en formato PDF como en formato editable, fonte Times New Roman, tamaño 12, e entreliñado 1,5.
7. A extensión dos traballos será dun mínimo de 50 folios e un máximo de 400. As páxinas ocupadas polas notas, bibliografía, mapas, fotografías, etc, tamén se contabilizarán.
8. Os traballos deberán ser realizados e presentados en lingua galega. A data límite de presentación dos traballos será o día 21 de febreiro de 2025.
9. O xurado estará presidido polo Sr. Alcalde do Concello de Xermade, e catro vogais: Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros e tres especialistas en materias relacionadas co patrimonio etnográfico e cultural. Actuará como secretario/a un/ha funcionario/a do Concello de Xermade. A composición do xurado determinarase por resolución de alcaldía que se fará pública antes do 21 de marzo de 2025.
10. Unha vez que o xurado falle os premios, que poderán ser declarados desertos, daranse a coñecer a través dos medios de comunicación.
11. As persoas premiadas deberán comunicar por escrito ao Concello de Xermade a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data da comunicación da concesión do mesmo.
12. As obras premiadas poderán ser editadas polo Concello de Xermade dentro do prazo de cinco (5) anos; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento, se é do caso, da súa publicación, deberán consignar a distinción concedida.
13. A Asociación de Veciños de Cabreiros e o Concello de Xermade poderán solicitar do autor/a calquera aclaración que estimen conveniente en relación co traballo. Así mesmo, poderán deixar sen efecto o Premio se o beneficiario incumpre as obrigacións sinaladas nas presentes Bases.
14. As cuestión non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado de acordo co seu libre criterio.
15. A participación no Premio implica a total aceptación das presentes Bases.
Modelo de presentación XI Premio
XX Xornadas Interxeracionais Rurais
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarCon moita ilusión e moitas ganas presentámosvos o programa das XX Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros, Xermade.
Unha edición especial, pois chegar á cifra dos 20 anos é un reto constante de compromiso e traballo, pero sempre coa recompensa de tervos a vós ao outro lado, xa que sodes parte indispensable para que isto siga adiante!
Así pois, outro ano máis queremos convidarvos a que nos acompañedes, temos un programa do máis completo e variado e queremos seguir aprendendo e compartindo en comunidade.
De Castro a Villalta
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarA Xanela Do Maxín traerá ó alumnado do Ceip Plurilingüe De Xermade un espectáculo no que se pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro a Luísa Villalta.
Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura.
Rosalía de Castro: A poeta do sentimento. Os seus versos, cheos de emoción e reflexión, continúan a emocionar e inspirar a aquelas persoas que aman a lingua galega e a súa rica tradición literaria.
Francisca Herrera Garrido: Abriu camiño para as mulleres na literatura. Ao ser a primeira en recibir este recoñecemento despois de Rosalía, demostrou que a súa voz era digna de ocupar un lugar destacado na rica historia literaria de Galicia.
María Mariño: Cunha conexión íntima coa terra e o mar galegos, deixou unha pegada única na nosa literatura. A súa capacidade para retratar a beleza e a dureza da nosa paisaxe é un testamento á súa mestría literaria.
María Victoria Moreno: Unha narradora infatigable que amou e defendeu a nosa lingua coa súa pluma. A súa obra diversa e comprometida é unha fonte de orgullo para a literatura galega.
Xela Arias: Coa súa poesía revolucionaria e comprometida, logrou liberar a palabra galega e situar a lingua no corazón da súa obra. A súa poesía é unha oda á liberdade e á identidade galega.
Luísa Villalta: Coa súa paixón polo teatro e a poesía, marcou un antes e un despois no panorama cultural galego. A súa obra teatral, comprometida e vangardista, non só entretén, senón que tamén fai reflexionar e espertar conciencias.
Financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero
Sobes ao autobús do teatro?
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarCo gallo dos seus 40 anos, o Centro Dramático Galego facilita un autobús GRATUÍTO para acudir o venres 17 de maio ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de “Os actos e as profecías”.
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 3 €.
Compartiremos autobús cos concellos de Muras e Guitiriz, habendo 20 prazas reservadas para o Concello de Xermade.
Previamente ó teatro, hai tempo libre para gozar de Compostela.
RUTA E HORARIOS
10:00 horas: Saída dende Muras
10:30 horas: Saída dende Xermade
11:00 horas: Saída dende Guitiriz
12:00 horas: Chegada a Santiago
12:00-17:00 horas: Visita a Santiago por libre
17:00 horas: Retirada entradas Salón Teatro
18:00 horas: Función “Os actos e as profecías”
20:30 horas: Saída cara as localidades de orixe.
Inscrición e máis información: 678 744 178 (Educadora familiar)
I Certame de creación artística escrita e gráfica: XERMADEANDO POLA IGUALDADE
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Concello de Xermade convida a todo o alumnado do CEIP de Xermade a participar nun certame de creación artística escrita e gráfica.
Poderán concorrer ao certame o alumnado matriculado no CEIP Plurilingüe de Xermade durante o curso 2023/2024. As categorías serán:
– Categoría A: Alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria.
– Categoría B: Alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria
– Categoría C: Alumnado 5º e 6º de Primaria.
O tema do concurso baseará sobre os seres mitolóxicos desde unha perspectiva da igualdade, fomentando a busca da ruptura de estereotipos e transmutando os mitos que contribúen o mantemento de valores patriarcais e ó reparto dos roles de xénero. Cada categoría terá unha modalidade:
– Categoría A: Creación dun debuxo.
– Categorías B e C: Creación dun conto, en lingua galega.
Os traballos deben ser inéditos e orixinais, presentados nun folio de tamaño DIN A4, sen utilizar medios dixitais para a súa realización. Entregaranse só co título, sen ningunha identificación persoal.
A entrega dos traballos será presencial, na Biblioteca Municipal de Xermade, ata o 14 de xuño, achegando unha copia das cualificacións do curso 2023/2024 ou calquera outra documentación acreditativa, a efectos de certificar que o alumno/a está matriculado no centro.
Todo o alumnado participante recibirá un vale por 30 € no momento da entrega do traballo para material escolar.
De entre os traballos entregados, escolleranse tres premios por cada categoría, que recibirán os seguintes premios:
– Categoría A:
1ºPremio: vale para material escolar por valor de 50 €
2ºPremio: vale para material escolar por valor de 30 €
3ºPremio: vale para material escolar por valor de 25 €
– Categorías B e C
1ºPremio: vale para material escolar por valor de 75 €
2ºPremio: vale para material escolar por valor de 55 €
3ºPremio: vale para material escolar por valor de 40 €
Bases I XERMADEANDO POLA IGUALDADE
Charla informativa
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarA Xanela. Asociación de Discapacitados Activos, é unha entidade sen ánimo de lucro, creada co fin de prestar un conxunto de atencións a persoas con diversidade funcional e/ou persoas maiores.
O seu local atópase en As Pontes, onde imparten información e asesoramento, servizo de rehabilitación, respiro familiar, actividades complementarias, actividades de ocio e tempo libre, servizo de transporte adaptado, etc…
Virán a Cabreiros (Xermade) o próximo venres días 12 de abril, ás 16.30 horas, a dar a coñecer o seu traballo e os programas ofertados para a poboación do entorno.
Máis información da asociación:
-https://axanela.gal/
-981 45 24 16 / 607 23 02 49
Excursión sábado 13 de abril
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarVENDA DE PARCELAS NO PARQUE EMPRESARIAL DE XERMADE
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarA Xunta de Galicia oferta en venda solo de uso industrial no parque empresarial do Concello de Xermade.
Dito parque é xestionado polo IGVS “Instituto Galego de Vivenda e Solo”, que ofrece descontos do 30% ou 50%.
O prazo de presentación de ofertas remata o 27 de marzo de 2024.
Podedes consultar a resolución publicada no DOG o 26/02/2024 en: https://acortar.link/JariqC
Podedes consultar o listaxe de parcelas no seguinte documento: https://acortar.link/t2wmXQ
BUSCAMOS OS VOSOS RELATOS E CONTOS
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarXunto cos Concellos de Guitiriz, Vilalba, e Muras, Xermade quere recuperar relatos de veciños e veciñas de MÁIS DE 65 anos para compartilos coas novas xeracións no Día da Narración Oral, o 20 de marzo.
Cun relato duns 3 MINUTOS, abonda. Trátase de que GRAVEDES as historias onde prefirades, aínda que se precisades axuda podedes facelo na Biblioteca Municipal de Xermade.
Para unificar as gravacións, debe realizarse co MÓBIL en HORIZONTAL, a uns 5 pasos de distancia da persoa que narre.
PRAZO MÁXIMO para o envío: 18 de marzo, ó whatsapp da Biblioteca 651 03 96 15
O documento coa autorización para a publicación das gravacións está a continuación.
CONSENTIMENTO PARA A PUBLICACIÓN DAS IMAXES E VIDEOS