O Concello de Xermade conmemora o 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia de xénero con diferentes actos nos que convida a participar a toda a veciñanza. Coas actividades programadas preténdese continuar coa sensibilización da poboación sobre a violencia machista.
Comezamos os actos o día 25 de novembro, cunha concentración diante do concello onde se gardará un minuto de silencio en memoria de todas as persoas asasinadas pola violencia machista (mulleres, nenas e nenos). A xente que o desexe pode colaborar asemade levando o lazo laranxa que poden recoller no concello. Este ano, Xermade súmase á Campaña UNETE da ONU na que insta ás organizacións a utilizar a cor laranxa nos actos que se fagan en torno a esta data. Por iso Xermade este ano é Laranxa.
O domingo 29, ás 4 da tarde, faremos unha andaina simbólica de 3 kilómetros que remataremos na Asociación de Mulleres Rurais “Amuraxe” de Xermade. Un novo día para a reflexión, a concienciación e a sensibilización. A saída da andaina é de diante do Concello.
Remataremos os actos deste ano o luns 30, ás 8 da tarde na biblioteca municipal, na que se levará a cabo unha mesa coloquio sobre “A violencia invisibilizada. Mitos e realidades”.
Como convidadas intervirán:
Dna. Rosa Arcos Caamaño. Presidenta de FADEMUR Galicia
Dna. María Loureiro García. Deputada de Ensino, Educación, Economía do Coñecemento, Igualdade e Mocidade, da Deputación de Lugo.
Dna. Tamara Paz Balsa . Concelleira de Educación, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Xermade.
Festa de Fin de Ano Infantil na Biblioteca
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeFesta de Fin de Ano Infantil na Biblioteca
Mércores, 30 de decembro ás 17:00 Horas.
Dirixido a nen@s de 2 a 14 anos
Nais e pais tamén poden participar.
É necesaria a inscrición previa.
XERMADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2015
/en Xermade @es /por Concello de XermadeO Concello de Xermade conmemora o 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia de xénero con diferentes actos nos que convida a participar a toda a veciñanza. Coas actividades programadas preténdese continuar coa sensibilización da poboación sobre a violencia machista.
Comezamos os actos o día 25 de novembro, cunha concentración diante do concello onde se gardará un minuto de silencio en memoria de todas as persoas asasinadas pola violencia machista (mulleres, nenas e nenos). A xente que o desexe pode colaborar asemade levando o lazo laranxa que poden recoller no concello. Este ano, Xermade súmase á Campaña UNETE da ONU na que insta ás organizacións a utilizar a cor laranxa nos actos que se fagan en torno a esta data. Por iso Xermade este ano é Laranxa.
O domingo 29, ás 4 da tarde, faremos unha andaina simbólica de 3 kilómetros que remataremos na Asociación de Mulleres Rurais “Amuraxe” de Xermade. Un novo día para a reflexión, a concienciación e a sensibilización. A saída da andaina é de diante do Concello.
Remataremos os actos deste ano o luns 30, ás 8 da tarde na biblioteca municipal, na que se levará a cabo unha mesa coloquio sobre “A violencia invisibilizada. Mitos e realidades”.
Como convidadas intervirán:
Dna. Rosa Arcos Caamaño. Presidenta de FADEMUR Galicia
Dna. María Loureiro García. Deputada de Ensino, Educación, Economía do Coñecemento, Igualdade e Mocidade, da Deputación de Lugo.
Dna. Tamara Paz Balsa . Concelleira de Educación, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Xermade.
Certame de poesía infantil “nadal 2015”
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeGrupo Teatro Humorístico Trípode de ALFOZ
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeGrupo Teatro Humorístico Trípode de ALFOZ representa a peza “Xuízo anticorrupción”
Teatro interactivo que busca transformar o lugar de actuación nun escenario real, no que o público intervén como se fose parte da representación.
Curso de iniciación Corel Draw e Photopaint
/en Xermade @es /por Concello de XermadeVI CARREIRA POPULAR DE XERMADE, 14 DE NOVEMBRO DE 2015
/en Xermade @es /por Concello de XermadeVI CARREIRA POPULAR DE XERMADE, 14 DE NOVEMBRO DE 2015 (Hai que inscribirse na páxina oficial da federeración e facer o pago telemático)
http://www.carreirasgalegas.com/
PRÓXIMA EDICIÓN DO CURSO
/en Xermade @es /por Concello de XermadeCONVOCATORIA DO CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS (INSCRICIÓN GRATUITA)
ANUNCIO EXPOSICIÓN PÚBLICA CENSO ELECTORAL
/en Xermade @es /por Concello de XermadeIII INVERNADA DE CINE EN CABREIROS
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeUn ano máis a Asociación de Veciños e Veciñas de Cabreiros, o Concello de Xermade e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, poñemos en marcha a III Invernada de Cine, na Casa Escola de Cabreiros. Colabora con esta iniciativa o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
A Invernada dará comenzo o día 7 de novembro, sábado, ás 5:30 da tarde contando para a inauguración co Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas. Seguirá a sesión cunha presentación sobre “Os Fenómenos” a cargo do CEESG e visionado da película. Rematarase a xornada co café faladoiro onde mentres se disfruta dun “tentempé” quentiño falarase das distintas impresións que xerou a película.
O sábado 21 de novembro, Laura e María teñen preparada unha tarde chea de risas onde veremos “videos virais”, pequenos videos que se propagan polas distintas redes sociais entre amizades, familiares… e que moitas veces nos fan “escachar coa risa”.
En Decembro haberá tamén dúas xornadas, o 12 e o 19. O día 12 será adicado ás Lendas relacionadas co concello de Xermade, por isto convidamos a toda a veciñanza e persoas interesadas a participar coas lendas que coñezan e as poidan aportar. Será ás 6 da tarde.
O día 19, ás 6:30 a sesión será “Contos de sobremesa” con Pablo Sánchez “Pablísimo”, podedes coñecelo a través da súa web: www.pablisimo.es
Esperamos que sexa unha invernada agradable para todas e todos.
Esperámosvos na Casa Escola de Cabreiros.
Kimo-Kap | Obradoiros de gorros para nenas e nenos con cancro
/en Xermade @es /por Concello de Xermade