O concello de Xermade organiza un ano máis o Campamento de verán para que nenas e nenos disfruten dun tempo de ocio e tempo libre cheo de actividades e divertimento, igualmente para que as familias poidan conciliar os seus tempos de traballo, tempo libre…
Este campamento igual que o de Entroido está cofinanciado polo Concello de Xermade, pola Unión Europea e a Xunta de Galicia, a través da Subvención da Secretaría Xeral da Igualdade.
Datas: Do 01 ao 12 de agosto
Horario: De 10:30 a 14:00 horas. E temos horario de madrugadoras/es desde as 8:00 para as familias que necesiten este servizo. Os días das saídas, voltaremos sobre as 20:00 ou 20:30 horas.
Número de Prazas: 50.
Idades: de 3 a 16 anos.
Custe: Gratuito.
ACTIVIDADES: Luns 1:Xogos deportivos e predeportivos (rugby, balonman, fútbol, tenis, tiro con arco, bádminton…),
Martes 2: Visita a unha granxa.
Mércores 3: Obradoiro de cociña onde farán a súa propia masa e as súas pizzas para logo merendar, e tamén obradoiro con froitas.
Xoves 4: Viaxe ao parque acuático de Cerceda.
Venres 5: Repoboación forestal, onde entre todas/os plantarán distintas árbores nunha finca e farán un herbario.
Luns 8: Convivencia co campamento de Esmelle-Covas en Xermade. Xincana de xogos
Martes 9: Saída á praia
Mércores 10: Historia e andaina polo concello, roteiro de fotografía.
Xoves 11: Primeiros Auxilios e proxección de película sobre igualdade.
Venres 12: Festa fin de campamento (inchables, karaoke, wii, partido de fútbol…) Entrega de diplomas.
DOCUMENTACIÓN: Fotocopia dos DNIs das persoas autorizadas a recoller ás nenas e nenos. Fotocopia da tarxeta sanitaria das nenas e nenos. Xustificante ou declaración xurada de estar traballando no período do campamento. Declaración da renda ou declaración xurada de ingresos.
REUNIÓN COAS FAMILIAS: O MÉRCORES 20 DE XULLO, ÁS 12:00 DA MAÑÁ, TEREMOS UNHA REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO (2ª PLANTA).
Recomendacións para todos os días:
Traer gorra. Botar protección solar antes de vir ao campamento. Traer roupa cómoda ou deportiva.
Os días das saídas terán que levar protección solar, gorra, roupa de baño, roupa para cambiarse, toalla, chanclas, comida para xantar e merendar, e bebida.
As familias poden acompañarnos nos días das saídas, pero terán que facelo nos seus vehículos particulares.
Todas as nenas e nenos contan cun seguro de accidentes.
Para calquera dúbida, a persoa que será responsable do campamento é Ita Animación.
IX CAMPAMENTO DE VERÁN DE XERMADE
/in Concello de Xermade | Cultura, Concello de Xermade | Servicios sociais /by Concello de XermadeO concello de Xermade organiza un ano máis o Campamento de verán para que nenas e nenos disfruten dun tempo de ocio e tempo libre cheo de actividades e divertimento, igualmente para que as familias poidan conciliar os seus tempos de traballo, tempo libre…
Este campamento igual que o de Entroido está cofinanciado polo Concello de Xermade, pola Unión Europea e a Xunta de Galicia, a través da Subvención da Secretaría Xeral da Igualdade.
Datas: Do 01 ao 12 de agosto
Horario: De 10:30 a 14:00 horas. E temos horario de madrugadoras/es desde as 8:00 para as familias que necesiten este servizo. Os días das saídas, voltaremos sobre as 20:00 ou 20:30 horas.
Número de Prazas: 50.
Idades: de 3 a 16 anos.
Custe: Gratuito.
ACTIVIDADES: Luns 1:Xogos deportivos e predeportivos (rugby, balonman, fútbol, tenis, tiro con arco, bádminton…),
Martes 2: Visita a unha granxa.
Mércores 3: Obradoiro de cociña onde farán a súa propia masa e as súas pizzas para logo merendar, e tamén obradoiro con froitas.
Xoves 4: Viaxe ao parque acuático de Cerceda.
Venres 5: Repoboación forestal, onde entre todas/os plantarán distintas árbores nunha finca e farán un herbario.
Luns 8: Convivencia co campamento de Esmelle-Covas en Xermade. Xincana de xogos
Martes 9: Saída á praia
Mércores 10: Historia e andaina polo concello, roteiro de fotografía.
Xoves 11: Primeiros Auxilios e proxección de película sobre igualdade.
Venres 12: Festa fin de campamento (inchables, karaoke, wii, partido de fútbol…) Entrega de diplomas.
DOCUMENTACIÓN: Fotocopia dos DNIs das persoas autorizadas a recoller ás nenas e nenos. Fotocopia da tarxeta sanitaria das nenas e nenos. Xustificante ou declaración xurada de estar traballando no período do campamento. Declaración da renda ou declaración xurada de ingresos.
REUNIÓN COAS FAMILIAS: O MÉRCORES 20 DE XULLO, ÁS 12:00 DA MAÑÁ, TEREMOS UNHA REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO (2ª PLANTA).
Recomendacións para todos os días:
Traer gorra. Botar protección solar antes de vir ao campamento. Traer roupa cómoda ou deportiva.
Os días das saídas terán que levar protección solar, gorra, roupa de baño, roupa para cambiarse, toalla, chanclas, comida para xantar e merendar, e bebida.
As familias poden acompañarnos nos días das saídas, pero terán que facelo nos seus vehículos particulares.
Todas as nenas e nenos contan cun seguro de accidentes.
Para calquera dúbida, a persoa que será responsable do campamento é Ita Animación.
A Orixe
/in Concello de Xermade | Cultura /by Concello de XermadeDende a biblioteca de Xermade informámosvos da actividade que temos programada para este mes de xuño:
—A Orixe: un espectáculo de contacontos con Raquel Queizás. É unha actividade de Ler conta moito. Será o Mércores, 22 de xuño ás 18:30 h. na biblioteca.
Vai dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos.
Sinopse: Unha exploradora chega á biblioteca co afán de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións o longo do mundo. Ante os ollos do público, a exploradora dramatizará as diferentes lendas, contos e mitos coa axuda de pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.
Ao remate desta sesión de narración oral faremos a entrega de premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2016”
XII XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS. APRENDENDO COS NOSOS MAIORES. Cabreiros, 28 de maio, 4 e 11 de xuño
/in Concello de Xermade | Cultura, Uncategorized @gl /by Concello de XermadeA Asociación de veciñas/os de Cabreiros, a Facultade de CC. Da Educación da Universidade de Santiago e o Concello de Xermade, poñemos en marcha as “XII Xornadas Interxeracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores”, que se celebrarán os días 28 de maio, 4 e 11 de xuño.
Desde a organización gustaríanos facer un convite extensivo a toda a comunidade educativa e veciñal de xeito que entre todas e todos se enriquezcan estas Xornadas.
As Xornadas Interxeracionais Rurais seguen cumprindo anos coa participación de veciñas e veciños do concello de Xermade e tamén de Friol, San Sadurniño, Esmelle (Ferrol) ou Cedeira. Este ano poñeremos en valor a agrogandeiría galega, falarase da situación actual no campo, dos seus problemas e dos novos retos.
Desde Friol e Esmelle traerán a Cabreiros experiencias de Asociacións veciñais que traballan para valorizar o rural coa implicación de veciñas e veciños.
María e Laura, mozas do concello de Xermade, presentarán unha guía das asociacións que temos nas distintas parroquias e remataremos a Xornada con dous grupos de pandereteiras, cantareiras e bailadoras, de 4 a 85 anos que nos acompañan desde San Sadurniño e Cedeira (Escola Municipal de Pandereta “Saime” de San Sadurniño e Asociación Cultural Aturuxeiras de Cedeira).
Pola tarde emitirase un fermoso programa de radio dirixido por dous expertos periodistas, onde se dará voz ás asociacións que nos contarán os seus proxectos e historia e tamén á xente do público que desexe participar.
O último día das Xornadas falaremos de saúde, farase entrega e presentación do II Premio Xermade na Historia, e pola tarde, Maxia e Teatro para todos os públicos
Esperando que sexan do seu agrado, agradecemos a súa difusión e participación nas mesmas.
interior triptico 2016 exterior triptico 2016
Superlía na Biblioteca de Xermade · Sábado 28 de Maio as 12:30
/in Xermade /by Concello de XermadeObradoiro literario “Día das Letras Galegas 2016: Manuel María”
/in Xermade /by Concello de XermadePeríodo de cobranza do IVTM 2016
/in Uncategorized @gl /by Concello de Xermade Secretaria AdministracionIVTM 2016
O Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Deputación Provincial de Lugo puxo ó cobro ó Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (aparcamento) do ano 2016.
Dito período comprenderá dende o 18 de abril de 2016 ó 20 de xuño de 20116 (ambos incluídos).
Para dúbidas, consultas ou xestións referidas ó mesmo poden pasarse polas oficinas municipais ou chamando ó Concello (982501001).
Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2016”
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeSe tes entre 6 e 11 anos, ven a xogar coas letras á Biblioteca
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeCelebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
/in Xermade /by Concello de Xermade“Contos de Peto” de Cucarandainas
31 de marzo ás 18:00 na biblioteca
ACTA DE CUALIFICACIÓN DA SELECCIÓN POR OPOSICIÓN LIBRE DE DÚAS PRAZAS DE PEÓN MEDIAMBIENTAL, PERSOAL LABORAL TEMPORAL, CON CARGO AO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL.
/in Xermade /by Concello de XermadeACTA DE CUALIFICACIÓN DA SELECCIÓN POR OPOSICIÓN LIBRE DE DÚAS PRAZAS DE PEÓN MEDIAMBIENTAL, PERSOAL LABORAL TEMPORAL, CON CARGO AO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL.
VER PDF [+]