Un ano máis o concello de Xermade pon en marcha o campamento infantil de verán, cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade. Esta actividade xunto co campamento de entroido forman parte das actividades do programa “Xermade concilia”.
O campamento celebrarase desde o día 31 de xullo ata o 18 de agosto, de luns a venres. O horario será de 10:30 a 14:00 horas con horario desde as 8:00 para as familias que o precisen, tendo que haber un grupo mínimo de 5 nenas/os.
Entre as actividades a realizar contaremos con tres saídas, unha ao parque acuático de Cerceda, outra á praia e outra ao lago das Pontes. Eses días o horario será continuado ata as 7 ou 7:30 da tarde aproximadamente.
O penúltimo día faremos velada nocturna con pernocta para todas as nenas e nenos que se queiran quedar.
As inscricións faranse no Rexistro do concello de Xermade desde o día 3 de xullo ata o día 14. Non se recollerán inscricións posteriores.
Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto coa educadora familiar: 982501001 extensión 3, ou na segunda planta do concello de Xermade.
Bases definitivas Campamento verán 2017 asinadas Alcalde
Inscrición Campamento 2017 ANEXO I
Os Baluros de Castro de Rei representan a obra “Menciñeiro á forza”
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeOBRADOIRO “AS MANS QUE FALAN”
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeOBRADOIRO ARDUINO · Introducción á programación
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeCertame de Poesía Infantil “Nadal 2017”
/en Sin categoría @es, Xermade @es /por Concello de XermadeConvocatoria do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017”, que vimos de convocar na biblioteca de Xermade:
Poderán participar tódolos nen@s, con poemas sobre o tema: “O Nadal”
Tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos e C, de 12 a 16 anos.
Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.
O prazo de presentación rematará o 23 de decembro.
As poesías gañadoras desta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
O grupo de teatro de Castro de Rei Os Baluros representarán a obra “O menciñeiro á forza”
/en Sin categoría @es, Xermade @es /por Concello de XermadeTeatro Calavera presenta o conto “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” e o obradoiro Pasta de azucre
/en Sin categoría @es, Xermade @es /por Concello de XermadeExposición de Fotografía Dennise Vaccarello “Coma”
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeExposición de Fotografía Dennise Vaccarello “Coma”
Biblioteca Pública Municipal de Xermade do 4 ao 14 de Agosto, 2017
VII Trofeo Manuel González Fernández
/en Sin categoría @es, Xermade @es /por Concello de XermadeX CAMPAMENTO INFANTIL DE VERÁN 2017
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeUn ano máis o concello de Xermade pon en marcha o campamento infantil de verán, cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade. Esta actividade xunto co campamento de entroido forman parte das actividades do programa “Xermade concilia”.
O campamento celebrarase desde o día 31 de xullo ata o 18 de agosto, de luns a venres. O horario será de 10:30 a 14:00 horas con horario desde as 8:00 para as familias que o precisen, tendo que haber un grupo mínimo de 5 nenas/os.
Entre as actividades a realizar contaremos con tres saídas, unha ao parque acuático de Cerceda, outra á praia e outra ao lago das Pontes. Eses días o horario será continuado ata as 7 ou 7:30 da tarde aproximadamente.
O penúltimo día faremos velada nocturna con pernocta para todas as nenas e nenos que se queiran quedar.
As inscricións faranse no Rexistro do concello de Xermade desde o día 3 de xullo ata o día 14. Non se recollerán inscricións posteriores.
Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto coa educadora familiar: 982501001 extensión 3, ou na segunda planta do concello de Xermade.
Bases definitivas Campamento verán 2017 asinadas Alcalde
Inscrición Campamento 2017 ANEXO I
II Pedalada Solidaria de Xermade
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeSAÍDA- 10 H. NA PRAZA DO CONCELLO
PERCORRIDO: XERMADE-CHARCA DO ALLIGAL
18 KM. TOTAIS. RITMO TRANQUILO E CON PARADAS PARA REAGRUPAR OS PEQUENOS
INSCRICIÓNS:
TELF. 982 510 001
Inscrición gratuíta podendo facer unha aportación na urna solidaria que terá a cruz vermella.
Os máis pequenos poden disfrutar tamén dunha xincana polos arredores do edificio do Concello.