Convocatoria do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017”, que vimos de convocar na biblioteca de Xermade:
Poderán participar tódolos nen@s, con poemas sobre o tema: “O Nadal”
Tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos e C, de 12 a 16 anos.
Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.
O prazo de presentación rematará o 23 de decembro.
As poesías gañadoras desta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
Carmen Domenech presenta “Contos para pasalo de medo”
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeCONCURSO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2018
/in Xermade /by Concello de XermadeCAMPAMENTO DE ENTROIDO INFANTIL DE XERMADE
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeLista entroido 2018 WEB CONCELLO
O luns 12, martes 13 e mércores 14 de febreiro teremos en Xermade o campamento de entroido infantil como todos os anos. Haberá 35 prazas que se cubrirán por orde de inscrición no concello de Xermade.
O campamento de entroido está subvencionado polo Fondo Social Europeo, a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Concello de Xermade.
Os campamentos do concello de Xermade están validados pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia como medida de conciliación para as familias.
Para calquera dúbida ou aclaración, podedes contactar coa educadora familiar na segunda planta do concello ou nos teléfonos: 982501001 extensión 3, ou 678744178.
Inscricións Entroido Infantil 2018
Bases Campamento entroido 2018 asinadas
Declaración xurada 2018
ENTROIDO EN XERMADE
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeO luns, 12 de febreiro, a partir das 9:30 da noite desfrutaremos do Entroido no Concello de Xermade. Convidamos a todo o mundo a que traia o seu disfrace e participe no concurso no que haberá premios para os tres mellores en categoría de persoas adultas e dous premios infantís.
Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar á educadora familiar 982 501001, extensión 3.
Haberá chocolate quente para todo o mundo. E acompañaranos a actuación musical do Dúo Venus.
Animádevos a participar.
Cabalgata dos Reis Magos de Oriente
/in Concello de Xermade | Cultura, Concello de Xermade | Servicios sociais /by Concello de XermadeCabalgata dos Reis Magos de Oriente
Venres, 5 de Xaneiro, ás 4 da tarde
Estamos moi felices porque este ano as súas farán unha parada no pavillón de Xermade para compartir un ratiño con todas as nenas e nenos que queiran pasar a saudalos e tamén a deixar as súas cartas.
Os paxes das súas Maxestades traerán chocolate quentiño e doce para compartir entre toda a xente asistente.
Esperaremos ás súas Maxestades antes de que continúen o camiño desta longa noite que lles espera.
Esperamos que as súas Maxestades o pasen ben e estén arroupadas por moitas familias de Xermade.
Que a ilusión vos acompañe.
Os Baluros de Castro de Rei representan a obra “Menciñeiro á forza”
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeOBRADOIRO “AS MANS QUE FALAN”
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeOBRADOIRO ARDUINO · Introducción á programación
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeCertame de Poesía Infantil “Nadal 2017”
/in Xermade /by Concello de XermadeConvocatoria do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017”, que vimos de convocar na biblioteca de Xermade:
Poderán participar tódolos nen@s, con poemas sobre o tema: “O Nadal”
Tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos e C, de 12 a 16 anos.
Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.
O prazo de presentación rematará o 23 de decembro.
As poesías gañadoras desta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
O grupo de teatro de Castro de Rei Os Baluros representarán a obra “O menciñeiro á forza”
/in Xermade /by Concello de Xermade