Máis de cincuenta veciños e veciñas de Xermade participaron o pasado mércores 31 de agosto, no Parque Experimental de Sotavento, no evento de presentación do piloto da Comunidade Enerxética Rural (CER) que se vai levar a cabo en Xermade, nunha acción do proxecto CEL RURAL promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
O evento estivo dinamizado polo Centro Tecnolóxico ITG, líder do proxecto CEL RURAL, e tivo como obxectivo principal informar e difundir entre a veciñanza as accións e vantaxes de formar parte dunha comunidade enerxética rural. Co esta presentación se buscaba fomentar a participación activa da veciñanza interesada, para seguir avanzando na constitución da Comunidade Enerxética de Xermade e definir tecnicamente as instalacións de xeración
Durante o evento, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer en detalle o funcionamento da CER e como van poder implicarse no proceso. Falouse do impacto positivo que esta comunidade pode ter non só no ámbito económico, senón tamén na calidade de vida e no medio ambiente, dende a promoción da sustentabilidade e ofrecendo beneficios significativos en termos de redución de custos enerxéticos.
Para a FEGAMP “a gran participación cidadá amosa o interese da veciñanza de Xermade nesta iniciativa” que desenvolve o proxecto Interreg POCTEP – CEL RURAL que é “unha oportunidade para achegar investimentos ao concellos rurais que contribúan de xeito efectivo á consolidación da figura das comunidades enerxéticas como ferramentas de cohesión territorial e de dinamización socioeconómica”.
O alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, sinalou durante o acto “este evento foi unha invitación aberta á veciñanza, empresas e outras entidades interesadas en explorar novas formas de xestión enerxética, máis sostibles e comunitarias nas que o noso concello leva tempo implicado”.
A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participa no proxecto CEL Rural, de fomento da implantación de comunidades enerxéticas locais en contorna rural co obxectivo de adopción de modelos innovadores de autoconsumo enerxético na contorna rural do territorio transfronteirizo de España-Portugal.
O proxecto CEL Rural é un proxecto de Cooperación España – Portugal cofinanciado polo programa europeo POCTEP e liderado pola Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), no que participan socios de ambos os países co obxectivo de fomentar a implantación de enerxías renovables a nivel rural para reforzar o desenvolvemento dun sistema enerxético sustentable e de proximidade en rexións transfronteirizas do espazo POCTEP, mediante a adopción de modelos innovadores de autoconsumo enerxético compartido no ámbito das comunidades enerxéticas locais en contornas rurais. Para alcanzar este obxectivo, se desenvolverán actuacións piloto, como a de Xermade, demostradores a escala, e tecnoloxía para este tipo de sistemas disruptivos para o ámbito rural cuxas vantaxes son múltiples a nivel de sustentabilidade, cohesión social e beneficios económicos.
O proxecto conta cun orzamento total de 1.533.000 euros e finalizará a súa actividade en xuño de 2026, recibindo unha cofinanciación do 75% por parte do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal, POCTEP, do que a FEGAMP xestiona 199.886,23 euros.
Presentouse á veciñanza de Xermade a iniciativa englobada no proxecto CEL RURAL promovido en Galicia pola FEGAMP
/en Sin categoría @es, Xermade @es /por Concello de XermadeMáis de cincuenta veciños e veciñas de Xermade participaron o pasado mércores 31 de agosto, no Parque Experimental de Sotavento, no evento de presentación do piloto da Comunidade Enerxética Rural (CER) que se vai levar a cabo en Xermade, nunha acción do proxecto CEL RURAL promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
O evento estivo dinamizado polo Centro Tecnolóxico ITG, líder do proxecto CEL RURAL, e tivo como obxectivo principal informar e difundir entre a veciñanza as accións e vantaxes de formar parte dunha comunidade enerxética rural. Co esta presentación se buscaba fomentar a participación activa da veciñanza interesada, para seguir avanzando na constitución da Comunidade Enerxética de Xermade e definir tecnicamente as instalacións de xeración
Durante o evento, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer en detalle o funcionamento da CER e como van poder implicarse no proceso. Falouse do impacto positivo que esta comunidade pode ter non só no ámbito económico, senón tamén na calidade de vida e no medio ambiente, dende a promoción da sustentabilidade e ofrecendo beneficios significativos en termos de redución de custos enerxéticos.
Para a FEGAMP “a gran participación cidadá amosa o interese da veciñanza de Xermade nesta iniciativa” que desenvolve o proxecto Interreg POCTEP – CEL RURAL que é “unha oportunidade para achegar investimentos ao concellos rurais que contribúan de xeito efectivo á consolidación da figura das comunidades enerxéticas como ferramentas de cohesión territorial e de dinamización socioeconómica”.
O alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, sinalou durante o acto “este evento foi unha invitación aberta á veciñanza, empresas e outras entidades interesadas en explorar novas formas de xestión enerxética, máis sostibles e comunitarias nas que o noso concello leva tempo implicado”.
A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participa no proxecto CEL Rural, de fomento da implantación de comunidades enerxéticas locais en contorna rural co obxectivo de adopción de modelos innovadores de autoconsumo enerxético na contorna rural do territorio transfronteirizo de España-Portugal.
O proxecto CEL Rural é un proxecto de Cooperación España – Portugal cofinanciado polo programa europeo POCTEP e liderado pola Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), no que participan socios de ambos os países co obxectivo de fomentar a implantación de enerxías renovables a nivel rural para reforzar o desenvolvemento dun sistema enerxético sustentable e de proximidade en rexións transfronteirizas do espazo POCTEP, mediante a adopción de modelos innovadores de autoconsumo enerxético compartido no ámbito das comunidades enerxéticas locais en contornas rurais. Para alcanzar este obxectivo, se desenvolverán actuacións piloto, como a de Xermade, demostradores a escala, e tecnoloxía para este tipo de sistemas disruptivos para o ámbito rural cuxas vantaxes son múltiples a nivel de sustentabilidade, cohesión social e beneficios económicos.
O proxecto conta cun orzamento total de 1.533.000 euros e finalizará a súa actividade en xuño de 2026, recibindo unha cofinanciación do 75% por parte do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal, POCTEP, do que a FEGAMP xestiona 199.886,23 euros.
Feira de Momán
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarO próximo domingo 21 de xullo, dará comezo de novo a Histórica Feira de Momán no Concello de Xermade, que se celebrará os domingos entre o 16 e o 22 de cada mes, recuperada pola Sociedade Recreativa e Cultural de Momán.
As persoas que nos visiten poderán atopar postos de polbo, churrasco, pan, empanadas, produtos do campo, enxoval, roupa, calzado, embutidos, froita, e por suposto, música tradicional, que nesta xornada virá a Momán da man de A.C. de Andrade e grazas ó programa TRADIGALU da Deputación de Lugo.
Como din na Feira de Momán, “Se a feira queres conservar, na de Momán tes que mercar”.
Obradoiro de ioga e respiración
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarPilar Orosa trae este obradoiro de verán a Xermade no que se tratará a respiración no ioga, a auténtica protagonista, a que marca o compás do movemento e a naturalidade na súa execución.
Seguridade para os nosos maiores
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarA Garda Civil e o Concello de Xermade ofrecen una charla ás persoas maiores con consellos sobre seguridade
A conferencia correrá a cargo de Javier Teijeiro, Sarxento 1º, comandante de posto da Pastoriza, formador do “Plan Maior da Compañía de Vilalba”.
Muller e corazón
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarQue pode facer para coidarse?
O doutor, xefe de cardioloxía en Valencia, responderá as dúbidas que lle plantexen as persoas asistentes.
XVII Campamento de verán: XERMADE CONCILIA 2024
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarServizo lúdico e educativo do Campamento infantil de verán “Xermade Concilia 2024”: Servizo educativo e de esparexemento para nenas e nenos de 3-16 anos, durante os períodos de vacacións escolares de verán cuns contidos educativos e divertidos en base a unha programación educativa que conteña aspectos de educación para a convivencia, a igualdade a interculturalidade, a saúde e o consumo responsable e o ocio saudable. Haberá saídas/excursións, pernocta…para que os/as rapaces coñezan mellor a súa contorna (Parque acuático de Cerceda, praia…).
O Campamento de verán “Xermade Concilia 2024” desenvolverase nas vacacións escolares de verán, do 29 de xullo ao 16 de agosto. Horario: 9.00-14.00 horas. Non se inclúen na actividade o luns 12 e o xoves 15 de agosto, ambos festivos.
A responsabilidade do control e coidado dos/as nenos/as polo monitorado responsable abrangue exclusivamente a franxa horaria de funcionamento dos servizos.
Instalacións autorizadas polo Concello de Xermade serán a nave, campo de fútbol e carballeira na parroquia de Momán, e o pavillón municipal de Xermade para a pernocta e a mañá seguinte.
O campamento só se poderá poñer en marcha se hai un número mínimo de 8 crianzas, e un máximo de 60, e se as normas sanitarias en vigor no momento da realización do campamento permiten a realización do mesmo.
As datas das excursións e pernocta serán especificadas pola empresa adxudicataria. Para as excursións haberá un máximo de prazas, determinadas pola capacidade do autobús. Estas prazas asignarase por orde de entrega da documentación requerida pola empresa organizadora da actividade.
O Concello de Xermade ten solicitada unha axuda á Secretaría Xeral de Igualdade para a realización do campamento. No caso de que non se obteña o financiamento necesario para realización do campamento, o Concello pode cancelar a actividade.
Documentación necesaria para a inscrición xunto cos Anexos I e II:
• Fotocopia do Libro de familia e/ou título de familia numerosa
• Fotocopia do DNI dos pais/nais
• Fotocopias dos DNI das persoas autorizadas para a entrega e recollida das/os nenas/os.
• Fotocopia do DNI do/a neno/a
• Fotocopia da tarxeta sanitaria da/o nena/o
• Declaración xurada de ingresos, ocupación e información sanitaria (Anexo II).
• Acreditación da situación laboral: activo (pode acreditarse a través da parte de arriba da última nómina) ou desempregado/a (coa tarxeta demandante de emprego)
Anexo I
Anexo II
Bases Campamento verán 2024
Financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade
Veráns de Lecer Consumo na feira de xullo en Xermade
/en Concello de Xermade | Cultura @es, Sin categoría @es /por Educadora FamiliarA iniciativa Veráns de Lecer Consumo complementa o conxunto de actividades formativas e divulgativas postas a disposición da cidadanía pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC).
A educación en materia de consumo permite reducir os riscos de vulnerabilidade das persoas consumidoras e de acadar unha sociedade formada por consumidores conscientes, solidarios e responsables, comprometidos coa súa contorna, coñecedores dos seus dereitos e activos para defendelos.
Viaxe á Comarca das Mariñas Coruñesas
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarA FEGAMP selecciona ao Concello de Xermade como concello piloto do proxecto CEL RURAL
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeO mércores 12 de xuño a Secretaría Xeral da Federación Galega de Municipios de Provincias (FEGAMP) comunicou ao Concello de Xermade que a Xunta de Voceiros acordou seleccionalo como concello piloto do proxecto CEL RURAL, para o desenvolvemento dunha comunidade enerxética rural.
Nunha primeira fase a FEGAMP convidou aos 240 concellos cualificados como zonas pouco poboadas a presentar a súa candidatura. Foron presentadas 32 candidaturas. O 19 de abril a FEGAMP acorda preseleccionar a 12 concellos, atendendo ás puntuacións acadadas nos criterios de selección, aos que se lles solicitou documentación xustificativa a fin de axustar as puntuacións iniciais. O Concello de Xermade acadou a puntuación máis alta (200 puntos) e resultou o máis adecuado para implementar o proxecto piloto.
O Concello de Xermade está traballando na creación dunha Comunidade Enerxética Local (CEL) dende primeiros deste ano, e a tal fin solicitou a liña de axudas do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para este fin. A concesión provisional das axudas foi notificada o 7 de maio, sendo a data límite para a constitución da CEL o 30 de setembro de 2024.
Mindfulness e relaxación
/en Sin categoría @es /por Educadora Familiar✍️ Inscrición na web https://goo.su/ZHhFuY ou no 678 744 178