Servizo lúdico e educativo do Campamento infantil de verán “Xermade Concilia 2024”: Servizo educativo e de esparexemento para nenas e nenos de 3-16 anos, durante os períodos de vacacións escolares de verán cuns contidos educativos e divertidos en base a unha programación educativa que conteña aspectos de educación para a convivencia, a igualdade a interculturalidade, a saúde e o consumo responsable e o ocio saudable. Haberá saídas/excursións, pernocta…para que os/as rapaces coñezan mellor a súa contorna (Parque acuático de Cerceda, praia…).
O Campamento de verán “Xermade Concilia 2024” desenvolverase nas vacacións escolares de verán, do 29 de xullo ao 16 de agosto. Horario: 9.00-14.00 horas. Non se inclúen na actividade o luns 12 e o xoves 15 de agosto, ambos festivos.
A responsabilidade do control e coidado dos/as nenos/as polo monitorado responsable abrangue exclusivamente a franxa horaria de funcionamento dos servizos.
Instalacións autorizadas polo Concello de Xermade serán a nave, campo de fútbol e carballeira na parroquia de Momán, e o pavillón municipal de Xermade para a pernocta e a mañá seguinte.
O campamento só se poderá poñer en marcha se hai un número mínimo de 8 crianzas, e un máximo de 60, e se as normas sanitarias en vigor no momento da realización do campamento permiten a realización do mesmo.
As datas das excursións e pernocta serán especificadas pola empresa adxudicataria. Para as excursións haberá un máximo de prazas, determinadas pola capacidade do autobús. Estas prazas asignarase por orde de entrega da documentación requerida pola empresa organizadora da actividade.
O Concello de Xermade ten solicitada unha axuda á Secretaría Xeral de Igualdade para a realización do campamento. No caso de que non se obteña o financiamento necesario para realización do campamento, o Concello pode cancelar a actividade.
Documentación necesaria para a inscrición xunto cos Anexos I e II:
• Fotocopia do Libro de familia e/ou título de familia numerosa
• Fotocopia do DNI dos pais/nais
• Fotocopias dos DNI das persoas autorizadas para a entrega e recollida das/os nenas/os.
• Fotocopia do DNI do/a neno/a
• Fotocopia da tarxeta sanitaria da/o nena/o
• Declaración xurada de ingresos, ocupación e información sanitaria (Anexo II).
• Acreditación da situación laboral: activo (pode acreditarse a través da parte de arriba da última nómina) ou desempregado/a (coa tarxeta demandante de emprego)
Anexo I
Anexo II
Bases Campamento verán 2024
Financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade
Obradoiro de ioga e respiración
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarPilar Orosa trae este obradoiro de verán a Xermade no que se tratará a respiración no ioga, a auténtica protagonista, a que marca o compás do movemento e a naturalidade na súa execución.
Seguridade para os nosos maiores
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarA Garda Civil e o Concello de Xermade ofrecen una charla ás persoas maiores con consellos sobre seguridade
A conferencia correrá a cargo de Javier Teijeiro, Sarxento 1º, comandante de posto da Pastoriza, formador do “Plan Maior da Compañía de Vilalba”.
Muller e corazón
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarQue pode facer para coidarse?
O doutor, xefe de cardioloxía en Valencia, responderá as dúbidas que lle plantexen as persoas asistentes.
XVII Campamento de verán: XERMADE CONCILIA 2024
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarServizo lúdico e educativo do Campamento infantil de verán “Xermade Concilia 2024”: Servizo educativo e de esparexemento para nenas e nenos de 3-16 anos, durante os períodos de vacacións escolares de verán cuns contidos educativos e divertidos en base a unha programación educativa que conteña aspectos de educación para a convivencia, a igualdade a interculturalidade, a saúde e o consumo responsable e o ocio saudable. Haberá saídas/excursións, pernocta…para que os/as rapaces coñezan mellor a súa contorna (Parque acuático de Cerceda, praia…).
O Campamento de verán “Xermade Concilia 2024” desenvolverase nas vacacións escolares de verán, do 29 de xullo ao 16 de agosto. Horario: 9.00-14.00 horas. Non se inclúen na actividade o luns 12 e o xoves 15 de agosto, ambos festivos.
A responsabilidade do control e coidado dos/as nenos/as polo monitorado responsable abrangue exclusivamente a franxa horaria de funcionamento dos servizos.
Instalacións autorizadas polo Concello de Xermade serán a nave, campo de fútbol e carballeira na parroquia de Momán, e o pavillón municipal de Xermade para a pernocta e a mañá seguinte.
O campamento só se poderá poñer en marcha se hai un número mínimo de 8 crianzas, e un máximo de 60, e se as normas sanitarias en vigor no momento da realización do campamento permiten a realización do mesmo.
As datas das excursións e pernocta serán especificadas pola empresa adxudicataria. Para as excursións haberá un máximo de prazas, determinadas pola capacidade do autobús. Estas prazas asignarase por orde de entrega da documentación requerida pola empresa organizadora da actividade.
O Concello de Xermade ten solicitada unha axuda á Secretaría Xeral de Igualdade para a realización do campamento. No caso de que non se obteña o financiamento necesario para realización do campamento, o Concello pode cancelar a actividade.
Documentación necesaria para a inscrición xunto cos Anexos I e II:
• Fotocopia do Libro de familia e/ou título de familia numerosa
• Fotocopia do DNI dos pais/nais
• Fotocopias dos DNI das persoas autorizadas para a entrega e recollida das/os nenas/os.
• Fotocopia do DNI do/a neno/a
• Fotocopia da tarxeta sanitaria da/o nena/o
• Declaración xurada de ingresos, ocupación e información sanitaria (Anexo II).
• Acreditación da situación laboral: activo (pode acreditarse a través da parte de arriba da última nómina) ou desempregado/a (coa tarxeta demandante de emprego)
Anexo I
Anexo II
Bases Campamento verán 2024
Financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade
Veráns de Lecer Consumo na feira de xullo en Xermade
/in Concello de Xermade | Cultura /by Educadora FamiliarA iniciativa Veráns de Lecer Consumo complementa o conxunto de actividades formativas e divulgativas postas a disposición da cidadanía pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC).
A educación en materia de consumo permite reducir os riscos de vulnerabilidade das persoas consumidoras e de acadar unha sociedade formada por consumidores conscientes, solidarios e responsables, comprometidos coa súa contorna, coñecedores dos seus dereitos e activos para defendelos.
Viaxe á Comarca das Mariñas Coruñesas
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarA FEGAMP selecciona ao Concello de Xermade como concello piloto do proxecto CEL RURAL
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO mércores 12 de xuño a Secretaría Xeral da Federación Galega de Municipios de Provincias (FEGAMP) comunicou ao Concello de Xermade que a Xunta de Voceiros acordou seleccionalo como concello piloto do proxecto CEL RURAL, para o desenvolvemento dunha comunidade enerxética rural.
Nunha primeira fase a FEGAMP convidou aos 240 concellos cualificados como zonas pouco poboadas a presentar a súa candidatura. Foron presentadas 32 candidaturas. O 19 de abril a FEGAMP acorda preseleccionar a 12 concellos, atendendo ás puntuacións acadadas nos criterios de selección, aos que se lles solicitou documentación xustificativa a fin de axustar as puntuacións iniciais. O Concello de Xermade acadou a puntuación máis alta (200 puntos) e resultou o máis adecuado para implementar o proxecto piloto.
O Concello de Xermade está traballando na creación dunha Comunidade Enerxética Local (CEL) dende primeiros deste ano, e a tal fin solicitou a liña de axudas do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para este fin. A concesión provisional das axudas foi notificada o 7 de maio, sendo a data límite para a constitución da CEL o 30 de setembro de 2024.
Mindfulness e relaxación
/in Uncategorized @gl /by Educadora Familiar✍️ Inscrición na web https://goo.su/ZHhFuY ou no 678 744 178
Selección de persoal para tratamentos preventivos de xeito mecanizado
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Concello de Xermade aprobou as bases e convocatoria do proceso selectivo para a contratación, con carácter temporal, en réxime de dereito laboral, de peóns/as forestais en traballos forestais para tratamentos preventivos de xeito mecanizado.
A duración dos contratos está condicionada polo período de operatividade fixado no convenio: ata o 30/09/2024.
As retribucións brutas (incluida a prorrata das pagas extras) ascenden a 1.323,00 euros mensuais, consonte ao convenio colectivo para o sector de actividades forestais, publicado no BOE n.º 165 o 11/07/2019, na categoría de “peón forestal”.
As bases foron publicadas hoxe, sábado 1 de xuño, na sede electrónica municipal. O prazo de presentación de solicitudes de participación remata o martes 11 de xuño de 2024.
20240601_Publicación_Anuncio_Anuncio convocatoria proceso selectivo
Fogueiras de San Xoán 2024
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarAs persoas, asociacións ou entidades organizadoras que desexen realizar unha fogueira deberán comunicalo por escrito ao Concello de Xermade, acompañando DNI do responsable para a súa comprobación.
As cacharelas poderán realizarse unicamente a noite do domingo 23 á madrugada do luns 24 de xuño de 2024.
Estas comunicacións poderanse presentar, por persoas maiores de idade, ata o luns 17 de xuño de 2024 ás 14:00 horas:
Presencialmente, na oficina do Rexistro Xeral do Concello de Xermade en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Telemáticamente, na Sede Electrónica ás 24 horas do día
https://concelloxermade.sedelectronica.es/info.0
No documento de comunicación previa que se achega, as persoas interesadas deberán sinalar o nome e apelidos, enderezo, teléfono e o D.N.I. dos responsables ademais do emprazamento da cacharela.
Para dúbidas ou consultas, poden pasarse polas oficinas municipais ou chamar por teléfono (Miriam Alonso – 982 50 10 02)
Bando San Xoán 2024
Comunicación Previa Fogueiras San Xoán 2024