Desde o Concello de Xermade, a Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago, temos o pracer de presentarvos o programa das XIV Xornadas Interxeracionais Rurais, que se celebrarán en Cabreiros (Xermade) os días 26 de maio, o 01 de xuño, 02 de xuño e 09 de xuño.
Un ano máis poñemos toda a ilusión e esforzo na elaboración dunha proposta que poda ser de interese para toda a cidadanía, buscando tamén a colaboración en parte das actividades coma as Experiencias innovadoras no sector agrogandeiro ou o Laboratorio de radio, onde veciñas e veciños do noso concello formarán parte dunha tarde do máis entretida.
O primeiro día queremos adicalo á agrogandeiría, e neste caso, por un lado coñecer as posibilidades do monte e como xestionalo para a prevención do lume e por outro, complementando a actividade da mañá, presentando iniciativas emprendedoras que facilitan a prevención dos lumes. Contaremos con dúas empresas de animais e dúas froiteiras.
O día 01 de xuño desprazámonos ao CEIP de Xermade que colabora coas Xornadas nos Xogos populares e tradicionais. Desde a organización non queremos esquecer a importancia do xogo na nosa vida, a riqueza do xogo popular e a súa visibilización entre a poboación máis nova.
O día 02 adicarémolo durante a mañá á saúde.
Sonia Gómez, psquiatra, falaranos dos estigmas sociais das enfermidades mentais e Fernando Prieto, veciño de Xermade, contaranos a súa visión e experiencia.
Remataremos a mañá cun obradoiro práctico de Primeiros Auxilios impartido por Mª Jesús Castro Abella, doutora no PAC de Villalba e Manuel Cabarcos Calvo, Técnico de Emerxencias Sanitarias.
A tarde estará adicada ao Laboratorio de Radio dirixido por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual.
Unha parte estará adicada a coñecer a experiencia de Brais Couto Carbia, alumno de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela que estivo durante un mes realizando as súas prácticas no concello de Xermade e convivindo cunha familia de Miraz.
A última parte estará protagonizada por unha serie de veciñas e veciños de Xermade que protagonizarán o RADIOTEATRO, a ficción sonora da obra de teatro “O ladrón das letras grandes”.
O día 09 rematamos facendo a entrega ao traballos premiados no IV Premio de Investigación Xermade na historia e facendo a convocatoria do V Premio.
Serán presentados os traballos polas persoas premiadas.
Rematamos a mañá e adicamos tamén a tarde ao torno que tanta vida da ao concello de Xermade.
María Martín Seijo presentará un traballo sobre Arqueoloxía da madeira desde a Idade de Ferro ata a Idade Media e despois contaremos con Vicente Ledo, torneiro e cocreador do Encontro Internacional de Torneiros de Xermade.
Pola tarde, falarase do pasado, presente e futuro do torneado artesanal e haberá demostracións prácticas da utilización do torno.
Contaremos coa colaboración da Asociación Amigos da Madeira de As Pontes e de Lolo de Severiano, maestro artesán ao que describen os expertos coma “o torneiro que fala coas mans”.
Desde a organización desexamos que vos ilusione tanto coma a nós este programa feito con tanto mimo e que vos anime a querer pasar a visitarnos nestes días pola parroquia de Cabreiros.
As Xornadas son gratuitas e non é necesario anotarse.
As Xornadas Interxeracionais están cofinanciadas polo concello de Xermade e a Deputación de Lugo (Plan Único).
Agardámosvos en Xermade e aproveitamos a ocasión para enviarvos un afectuoso saúdo de parte de toda a organización.
Persoas de contacto:
Concello de Xermade: Roberto García Pernas (alcalde) 608105464; Manuela Vilaboy Romero (educadora familiar) 678744178
A. VV. de Cabreiros: José Manuel Felpeto Carballeira (presidente da Asociación) 619547072
Facultade de CC da Educación: Jesús Rodríguez Rodríguez 677948935
V PREMIO XERMADE NA HISTORIA- 2018
/in Concello de Xermade | Cultura /by Concello de XermadeO concello de Xermade, a Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, convocan o V Premio de investigación Xermade na historia, financiado pola Deputación de Lugo a través do Plan Único.
Calquera persoa interesada no mundo cultural, etnográfico, histórico, arquitectónico, das tradicións orais, lendas, ritos, mitoloxía, etc, pode participar no Premio.
Lembrar que este premio ten unha dotación total de 3.000€ repartidos en dous premios: Primeiro premio de 2.000€ e Segundo premio de 1.000€.
Os traballos poden presentarse a nivel individual ou en grupo, e teñen de prazo ata o día 15 de febreiro de 2019.
A continuación pódense consultar as bases e o modelo de participación.
BASES ASINADAS POLAS TRES ENTIDADES
MODELO DE PARTICIPACIÓN NO V PREMIO DE INVESTIGACIÓN
PRESENTACIÓN DO V PREMIO NA DEPUTACIÓN DE LUGO
PRESENTACIÓN DO PREMIO NAS XIV XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS. CABREIROS. XERMADE
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=36523&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=es&level=1
A Corva · Compoñedora de contos
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeFESTA INFANTIL SÁBADO 16 XUÑO
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeIII Pedalada Solidaria de Xermade
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeAgasallos aos primeiros 75 inscritos.
23 XUÑO 2018
SAÍDA- 10 H. NA PRAZA DO CONCELLO
PERCORRIDO: XERMADE-CHARCA DO ALLIGAL
18 KM. TOTAIS. RITMO TRANQUILO E CON PARADAS PARA REAGRUPAR OS PEQUENOS
INSCRICIÓNS:
TELF. 982 510 001
Inscrición gratuíta podendo facer unha aportación na urna solidaria que terá a cruz vermella.
Os máis pequenos poden disfrutar tamén dunha xincana polos arredores do edificio do Concello.
Obradoiro creativo: “María Victoria Moreno, unha historia de amor”
/in Uncategorized @gl /by Concello de Xermade19 de maio ás 12 do mediodía, organizamos un obradoiro creativo: “María Victoria Moreno, unha historia de amor”. Contaremos, debuxaremos e gozaremos da vida e da obra de María Victoria Moreno, coa compañía Polo Correo do Vento de Pontevedra. Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas maiores de 3 anos e será necesaria a inscrición previa na biblioteca para poder participar.
FALLO DO CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL “LETRAS GALEGAS 2018”
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeAcabamos de fallar o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2018“. Estes traballos remitirémolos á Biblioteca Nodal de Lugo onde competirán na fase provincial do “Certame”.
DEBUXO:
Categoría A, ata 8 anos:
Raúl Pérez Amarelo
Icía Ledo Maceira
Victoria García Lama
Categoría B, de 9 a 11 anos:
Sara Lorenzo Blanco
Sarai Paz Prieto
NARRACIÓN
Categoría B, de 9 a 11 anos:
Sarai Paz Prieto
Uxía Pena Basanta
XIV XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS. APRENDENDO COS NOSOS MAIORES. CABREIROS-XERMADE 2018
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeCERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL “LETRAS GALEGAS 2018”
/in Concello de Xermade | Cultura /by Concello de XermadeCERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL “LETRAS GALEGAS 2018”
TEATRO E OBRADOIRO DE COCIÑA
/in Concello de Xermade | Cultura /by Concello de XermadeXoves, 26 de abril ás 6 da tarde
Curso monitor tempo libre · Título Oficial
/in Uncategorized @gl /by Concello de Xermade