Tras a reunión levada a cabo de xeito telemático o sábado 28 de marzo, ás 12:00 horas, formando parte do xurado o alcalde do Concello de Xermade, D. Roberto García Pernas, Don José Manuel Felpeto Carballeira, presidente da Asociación veciñal de Cabreiros, e tres técnicos especialistas: Dona María Luisa Barreiro Mejuto, Dona Ana Cabana Iglesia e Don Antonio Reigosa Carreiras, o traballo “A ABOREADA DAS MÁZCARAS. Estudo histórico e antropolóxico dos Entroidos tradicionais de Xermade”, presentado baixo o pseudónimo LUPUS, con data de entrada no rexistro do concello de Xermade de 10 de febreiro de 2020, número 183; cumprindo cos requisitos recollidos nas Bases aprobadas por Decreto 0431/2019 do vintenove de xuño de dousmil dezanove, foi o seleccionado para obter o PRIMEIRO PREMIO do certame.
O seu autor, Rafael Quintía Pereira (Vigo, 1971) é licenciado en Antropoloxía Social e Cultural e en Ciencias Económicas e Empresariais. Escritor, documentalista e músico tradicional, traballa como antropólogo profesional. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e está vencellado ao asociacionismo e á dinámización sociocultural. En 2015, obtivo o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais co seu traballo Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega. Tamén foi gañador do Premio de Investigación Luís Cuadrado en 2010 co seu traballo A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario marítimo.
Reapertura da biblioteca municipal de Xermade
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeTras a publicación o pasado sábado no Boletín Oficial do Estado da Orde SND/399/2020, do 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, abre de novo a biblioteca municipal do Concello de Xermade.
O horario será de 15 a 21 horas, de luns a venres.
Agradecemos que as persoas usuarias que acudan á biblioteca, respecten o protocolo de actuación fronte ao COVID-19.
Fallo VI Premio Xermade na Historia
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeTras a reunión levada a cabo de xeito telemático o sábado 28 de marzo, ás 12:00 horas, formando parte do xurado o alcalde do Concello de Xermade, D. Roberto García Pernas, Don José Manuel Felpeto Carballeira, presidente da Asociación veciñal de Cabreiros, e tres técnicos especialistas: Dona María Luisa Barreiro Mejuto, Dona Ana Cabana Iglesia e Don Antonio Reigosa Carreiras, o traballo “A ABOREADA DAS MÁZCARAS. Estudo histórico e antropolóxico dos Entroidos tradicionais de Xermade”, presentado baixo o pseudónimo LUPUS, con data de entrada no rexistro do concello de Xermade de 10 de febreiro de 2020, número 183; cumprindo cos requisitos recollidos nas Bases aprobadas por Decreto 0431/2019 do vintenove de xuño de dousmil dezanove, foi o seleccionado para obter o PRIMEIRO PREMIO do certame.
O seu autor, Rafael Quintía Pereira (Vigo, 1971) é licenciado en Antropoloxía Social e Cultural e en Ciencias Económicas e Empresariais. Escritor, documentalista e músico tradicional, traballa como antropólogo profesional. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e está vencellado ao asociacionismo e á dinámización sociocultural. En 2015, obtivo o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais co seu traballo Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega. Tamén foi gañador do Premio de Investigación Luís Cuadrado en 2010 co seu traballo A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario marítimo.
ENTROIDO EN XERMADE
/in Xermade /by Concello de XermadeO concurso de disfraces Entroido Xermade 2020 celebrarase o luns día 24 de febreiro, ás 21:30 horas no Pavillón Polideportivo de Xermade.
VER AS BASES [+]
Subvenciona: Deputación de Lugo
Convenio de colaboración para a impresión do segundo libro do Premio de Investigación Xermade na Historia
/in Xermade /by Concello de Xermade“O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, asinaron este martes un convenio de colaboración para a impresión do segundo libro do Premio de Investigación Xermade na Historia.
A institución provincial achega 6.000 euros para a edición desta publicación, que recollerá os últimos traballos de investigación galardoados con este premio e que poñen en valor as tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, costumes, literatura oral, arquitectura e outros aspectos que conforman a historia do municipio.”
Teatro de Títeres na Biblioteca “5 Historias para unha man”
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeSábado, 21 decembro, as 12 h.
Presentación do libro “O Ratiño Pérez”
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadePresentación do libro “O Ratiño Pérez”
Sábado 30 de Novembro, ás 12 h.
Biblioteca Municipal de Xermade
Teatro na Biblioteca Municipal
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadePalimoquiños Teatro presenta “Borralliña” na Biblioteca Municipal o Sábado 16 de novembro ás 12 h.
Teatro Ghazafelhos – Xoves 24 ás 18Horas.
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeGrupo de Teatro O Centiño – Sábado 26/10 · 18:00 Horas.
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeOBRADOIRO SETAS DE OUTONO
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeOBRADOIRO SETAS DE OUTONO