Adxudicación da subministración de enerxía eléctrica

A Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato de subministración de enerxía eléctrica para alumeados públicos e instalacións municipais a GAS NATURAL COMERCIALIZADORA SA, previa licitación por procedemento aberto simplificado.
A adxudicataria acadou a mellor puntuación (10 puntos) consonte á seguinte proposición económica:

LOTE I
CONSUMO POTENCIA TOTAL NETO IVA I.E. TOTAL BRUTO
12.473,59 € 5.862,91 € 18.336,50 € 3.850,67 € 937,49 € 23.124,65 €

LOTE II
CONSUMO POTENCIA TOTAL NETO IVA I.E. TOTAL BRUTO
9.792,46 € 10.934,58 € 20.727,04 € 4.352,68 € 1.059,71 € 26.139,43 €

Con carácter previo á licitación procedeuse ao reaxuste de potencias de varios puntos de subministración, medida que, xunto coa oferta acadada na licitación, implica un aforro para as arcas municipais dun 30% con respecto á situación anterior.
Toda a información relativa a este expediente de contratación está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público.
ADXUDICACION

Solicitude do Plan único de cooperación cos concellos 2020

O Concello de Xermade presentou o 30 de xuño a solicitude de participación no Plan único de cooperación cos concellos para o ano 2020, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo. A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan é de 306.454,43 euros, dos cales o Concello decidiu adicar a investimentos 205.520,67 euros (o 67,06% do plan), e o resto aos programas de cultura, deportes, SAF, protección civil, fomento de emprego e gastos correntes derivados da COVID-19.

Tanto no programa de investimentos como no resto de programas se inclúen actuacións que afectan a todas as parroquias do municipio, co obxectivo de mellorar as condicións de vida e os servizos de toda a veciñanza.

O detalle das actuacións é o seguinte:

    1. INVESTIMENTOS

INVESTIMENTO

CUSTO OBRA

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

PROGRAMA DE GASTO (4 DÍXITOS)

Mellora de firme en Buscalte, Roupar, Bidueiras, Souto, Aguillón, Pena, Corveira, Sanche, Leboré, Folgueiras e Seixido

91.310,82€

75.985,62€

15.325,20€

4530

Reforma puntual da antiga escola unitaria de Cazás-A Casavella

19.945,23€

19.954,23€

0,00€

3330

Mellora de equipamentos municipais: local municipal en Momán

10.340,91€

10.340,91€

0,00 €

3330

Reposición de luminarias en Lousada, Burgás e Cazás, e ampliación de alumeado público en Lousada

20.989,63€

20.989,63€

0,00 €

1650

Novos nichos no cemiterio de Roupar

12.130,71€

12.130,71€

0,00 €

1640

Zona de xogos infantís en Xermade

10.035,45€

10.035,45€

0,00 €

1710

Mellora de equipamentos municipais: parcela anexa a polideportivode Xermade

30.822,77€

30.822,77€

0,00 €

3420

Mellora de beirarrúas de Roupar

25.270,35€

25.270,35€

0,00€

4530

TOTAL INVESTIMENTOS

220.845,87€

205.520,67€

15.325,20€

    1. PROGRAMA SAF

PROGRAMA SAF

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO (VOLUNTARIA)

TOTAL SAF

Servizo de Axuda no Fogar

23.403,58 €

0,00 €

23.403,58€

    1. PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO

PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO (VOLUNTARIA)

TOTAL FOMENTO EMPREGO

Depuemprego (obras e servizos de rehabilitación e contratación de persoal)

59.578,14 €

0,00 €

59.578,14 €

    1. PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS

PROGRAMA ACTIVIDADES CULTURAIS (especificar as actividades a realizar e achegar memoria, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

VI Premio Xermade na Historia, Escolas Culturais, Nadal e Entroido

5.005,78€

841,50€ (aportados polos usuarios)

TOTAL DESTINADO A ACTIVIDADES CULTURAIS

5.847,28€

    1. PROGRAMA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

PROGRAMA ACTIVIDADES DEPORTIVAS (especificar as actividades a realizar e achegar memoria, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

Programa de deporte escolar e programa de envellecemento activo (curso de pilates)

2.946,26€

1.781,99€ (aportados polos usuarios)

TOTAL DESTINADO A ACTIVIDADES DEPORTIVAS

4.728,25€

    1. PROGRAMA ACTUACIÓNS/EVENTOS TURÍSTICOS

PROGRAMA ACTUACIÓNS/EVENTOS TURÍSTICOS (especificar as actuacións/eventos a realizar e achegar memoria, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

TOTAL DESTINADO ACTUACIÓNS/EVENTOS TURÍSTICOS

    1. PROGRAMA EVENTOS DE FEIRAS, MERCADOS E OUTROS

PROGRAMA EVENTOS FEIRAS, MERCADOS E OUTROS (especificar as actividades a realizar e achegar memoria, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

TOTAL DESTINADO EVENTOS FEIRAS, MERCADOS E OUTROS

    1. PROGRAMA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E PROTECCIÓN DE DATOS

PROGRAMA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E PROTECCIÓN DE DATOS (especificar as actividades a realizar e achegar memoria, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

TOTAL DESTINADO ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E PROTECCIÓN DE DATOS

    1. PROGRAMA PROTECCIÓN CIVIL

PROGRAMA PROTECCIÓN CIVIL (especificar as actividades a realizar e achegar memoria así como certificado de dispor de agrupación de protección civil, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

Equipamento AVPC ( vestimenta, equipos de intervención e material )

4.000,00€

0,00 €

TOTAL DESTINADO PROTECCIÓN CIVIL

4.000,00 €

j. PROGRAMA DE GASTOS CORRENTES DERIVADOS DA SITUACIÓN DE ALARMA E EMERXENCIA SANITARIA POR MOR DO CORONAVIRUS (COVID-19)

PROGRAMA GASTOS CORRENTES COVID-19

DEPUTACIÓN

CONCELLO

Adquisición de mascarillas, luvas e produtos desinfectantes

2.000,00€

0,00€

Adaptación dos locais públicos coas medidas de protección necesarias

2.000,00€

0,00

TOTAL PROGRAMA

4.000,00€

0,00€

XIII CAMPAMENTO INFANTIL “XERMADE CONCILIA 2020”

  •  Datas: do 27 de xullo ata o 14 de agosto (agás festivo)

 

  •  Dirixido a nenas e nenos de 3 a 16 anos.

 

  •  Horario:
    • Completo: 8.00 a 14:00 (de haber alomenos 5 inscritos/as)
    • Reducido: 10.30 a 14:00

 

  • Actividades: Xogos de artes, obradoiros tradicionais, pintura, música… Saídas a Cerceda, praia, acampada e … ¡¡festa!!

 

  • Inscrición: No concello, desde o día 29/06 ata o 10/7

 

                                                          

  • Documentación: Solicitude cuberta (Anexo I das bases). Declaración xurada(Anexo II das bases). Fotocopias: libro de familia e/ou título de familia numerosa/ DNIs do/a neno/a, dos pais/ nais ou titoras/es e tamén das persoas autorizadas para a entrega e recollida dos/as nenas/ Tarxeta sanitaria do neno/a. Acreditación da situación laboral dos pais/nais (activo ou desemprego).

 

  •   + Información: 982501001 (Ext 3) / 678744178 / educadora.familiar@xermade.org

 

Ficha Inscricións Anexo I

Declaración xurada Verán 2020 Anexo II

Certame “Arte-llando contra o virus”

O Concello de Xermade convida a todo o alumnado do CEIP de Xermade a participar nun certame de creación artística escrita e gráfica, no que expresen a forma de ver a actual situación xerada polo COVID 19: como viviviron o confinamento, as fases da desescalada, ou como se imaxinan o futuro.

 

Bases Arte-llando

Acta fallo Certame Arte-llando

O Pleno da Corporación celebrou sesión ordinaria o 15 de xuño

O Pleno da Corporación xermadina reuniuse en sesión ordinaria o 15 de xuño de 2020 ás 20:00 horas. Na sección resolutiva realizouse o sorteo de membros de mesas electorais para a xornada do 12 de xullo, e tamén se acordou realizar unha transferencia de crédito para incrementar os fondos adicados a emerxencia social e para convocar un certame literario para o alumnado do CEIP Xermade, por un total de 4.296 euros. As partidas que se minoran son as de retribucións dos cargos electos, tras o acordo adoptado na sesión ordinaria do 16 de abril de 2020.

Na sesión de fiscalización e control douse conta das resolucións da Alcaldía, de informes económico-orzamentarios (execución do 1º trimestre de 2020 e envío de marcos orzamentarios) enviados a través da Oficina Virtual de Coordinación coas Entidades Locais, e tamén das medidas adoptadas pola Alcaldía en relación co COVID-19.

Adxudicación da obra “Reparación de estradas en Roupar de Abaixo, Aveás, etc.” incluida no Plan Único 2019

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou, na sesión celebrada o 10 de xuño de 2020, á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A., o contrato de obra “Reparación de estradas en Roupar de Abaixo, Aveás, A Veiga, As Folgueiras, Castiñeiras, Bidueiro, etc.”, por importe de 70.790,56 euros e 14.886,02 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 85.656,58 euros (IVE engadido) e ampliación de garantía de catro (4) anos, consonte á oferta presentada.

Toda a documentación relacionada con este expediente está publicada no perfil do contratante do Concello de Xermade, aloxado na plataforma de contratación do sector público.

Prevese que as obras comecen en breve, dado que teñen que estar rematadas antes do 30 de setembro de 2020, consonte ás bases do Plan Único 2019.

O investimento está financiado pola Deputación de Lugo, con cargo ao Plan Único 2019. A baixa na licitación ascende a 30.051,81 euros que, sumada ás baixas das outras dúas licitacións, suman un total de 47.842,45 euros que serán destinados a financiar outro investimento para a mesma finalidade.

VII Premio “Xermade na Historia”

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade aprobou as bases e a convocatoria do VII Premio de investigación “Xermade na Historia”, na sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de maio de 2020.

 

O Boletín Oficial da Provincia publica o 6 de xuño de 2020.

 

 

O prazo de presentación dos traballos remata o 19 de febreiro de 2021

Bases: Bases VII Premio XNH

Formulario de presentación: Modelo de presentación VII

Adxudicación dun investimento incluído no Plan Único 2019

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou, na sesión celebrada o 27 de maio de 2020, á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A., o contrato de obra “Reparación de estradas en Reguengo, Xemaré, Vilariño, Xermade, Pena de Egua, Fonxérez, Pena de Arca, etc.”, por importe de 42.106,97 euros e 8.842,46 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 50.949,43 euros (IVE engadido) e ampliación de garantía de catro (4) anos, consonte á oferta presentada.

Toda a documentación relacionada con este expediente está publicada no perfil do contratante do Concello de Xermade, aloxado na plataforma de contratación do sector público.

O investimento está financiado pola Deputación de Lugo, con cargo ao Plan Único 2019. A baixa na licitación ascende a 16.219,61 euros e serán destinados a financiar outro investimento para a mesma finalidade.

XVI Xornadas interxeneracionais de Cabreiros 2020

Desde a Asociación veciñal de Cabreiros, o Concello de Xermade e a Universidade de Santiago de Compostela, dadas as recomendacións para garantir a saúde pública na realización de eventos culturais e festivos, lamentamos ter que tomar a decisión de adiar as actividades das “XVI Xornadas Interxeneracionais rurais” de 2020, ante a situación orixinada polo COVID 19.

 

 

Selección persoal para tratamento mecanizado

Por Decreto da Alcaldía núm. 197/2020 de data 22 de maio aprobaronse as bases para a selección de persoal laboral temporal (oficial de segunda condutor/a) para traballos de tratamento preventivo de xeito mecanizado contra incendios forestais. A duración dos contratos será de tres meses, con data de remate 30 de setembro de 2020. As contratacións están financiadas polo Convenio de de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Xermade para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, en vigor para o ano 2020.

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días naturais a contar dende a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

O texto íntegro das bases pode verse no seguinte arquivo:

20200522_Publicación_Anuncio_ANUNCIO BOP

Pode descargar o modelo de solicitude en formato editable:

ANEXO II SOLICITUDE

Prevese que a selección da brigada de prevención de incendios se inicie a mediados do mes de xuño.

As persoas interesadas deben poñerse en contacto co servizo de emprego e desenvolvemento local:

Tlef. 982 50 10 01 (Ernesto Ares)

E-mail: ernestoares@gmail.com