O Pleno da Corporación celebrou sesión ordinaria o 15 de xuño

O Pleno da Corporación xermadina reuniuse en sesión ordinaria o 15 de xuño de 2020 ás 20:00 horas. Na sección resolutiva realizouse o sorteo de membros de mesas electorais para a xornada do 12 de xullo, e tamén se acordou realizar unha transferencia de crédito para incrementar os fondos adicados a emerxencia social e para convocar un certame literario para o alumnado do CEIP Xermade, por un total de 4.296 euros. As partidas que se minoran son as de retribucións dos cargos electos, tras o acordo adoptado na sesión ordinaria do 16 de abril de 2020.

Na sesión de fiscalización e control douse conta das resolucións da Alcaldía, de informes económico-orzamentarios (execución do 1º trimestre de 2020 e envío de marcos orzamentarios) enviados a través da Oficina Virtual de Coordinación coas Entidades Locais, e tamén das medidas adoptadas pola Alcaldía en relación co COVID-19.

Adxudicación da obra “Reparación de estradas en Roupar de Abaixo, Aveás, etc.” incluida no Plan Único 2019

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou, na sesión celebrada o 10 de xuño de 2020, á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A., o contrato de obra “Reparación de estradas en Roupar de Abaixo, Aveás, A Veiga, As Folgueiras, Castiñeiras, Bidueiro, etc.”, por importe de 70.790,56 euros e 14.886,02 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 85.656,58 euros (IVE engadido) e ampliación de garantía de catro (4) anos, consonte á oferta presentada.

Toda a documentación relacionada con este expediente está publicada no perfil do contratante do Concello de Xermade, aloxado na plataforma de contratación do sector público.

Prevese que as obras comecen en breve, dado que teñen que estar rematadas antes do 30 de setembro de 2020, consonte ás bases do Plan Único 2019.

O investimento está financiado pola Deputación de Lugo, con cargo ao Plan Único 2019. A baixa na licitación ascende a 30.051,81 euros que, sumada ás baixas das outras dúas licitacións, suman un total de 47.842,45 euros que serán destinados a financiar outro investimento para a mesma finalidade.

VII Premio “Xermade na Historia”

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade aprobou as bases e a convocatoria do VII Premio de investigación “Xermade na Historia”, na sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de maio de 2020.

 

O Boletín Oficial da Provincia publica o 6 de xuño de 2020.

 

 

O prazo de presentación dos traballos remata o 19 de febreiro de 2021

Bases: Bases VII Premio XNH

Formulario de presentación: Modelo de presentación VII

Adxudicación dun investimento incluído no Plan Único 2019

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou, na sesión celebrada o 27 de maio de 2020, á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A., o contrato de obra “Reparación de estradas en Reguengo, Xemaré, Vilariño, Xermade, Pena de Egua, Fonxérez, Pena de Arca, etc.”, por importe de 42.106,97 euros e 8.842,46 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 50.949,43 euros (IVE engadido) e ampliación de garantía de catro (4) anos, consonte á oferta presentada.

Toda a documentación relacionada con este expediente está publicada no perfil do contratante do Concello de Xermade, aloxado na plataforma de contratación do sector público.

O investimento está financiado pola Deputación de Lugo, con cargo ao Plan Único 2019. A baixa na licitación ascende a 16.219,61 euros e serán destinados a financiar outro investimento para a mesma finalidade.

XVI Xornadas interxeneracionais de Cabreiros 2020

Desde a Asociación veciñal de Cabreiros, o Concello de Xermade e a Universidade de Santiago de Compostela, dadas as recomendacións para garantir a saúde pública na realización de eventos culturais e festivos, lamentamos ter que tomar a decisión de adiar as actividades das “XVI Xornadas Interxeneracionais rurais” de 2020, ante a situación orixinada polo COVID 19.

 

 

Selección persoal para tratamento mecanizado

Por Decreto da Alcaldía núm. 197/2020 de data 22 de maio aprobaronse as bases para a selección de persoal laboral temporal (oficial de segunda condutor/a) para traballos de tratamento preventivo de xeito mecanizado contra incendios forestais. A duración dos contratos será de tres meses, con data de remate 30 de setembro de 2020. As contratacións están financiadas polo Convenio de de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Xermade para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, en vigor para o ano 2020.

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días naturais a contar dende a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

O texto íntegro das bases pode verse no seguinte arquivo:

20200522_Publicación_Anuncio_ANUNCIO BOP

Pode descargar o modelo de solicitude en formato editable:

ANEXO II SOLICITUDE

Prevese que a selección da brigada de prevención de incendios se inicie a mediados do mes de xuño.

As persoas interesadas deben poñerse en contacto co servizo de emprego e desenvolvemento local:

Tlef. 982 50 10 01 (Ernesto Ares)

E-mail: ernestoares@gmail.com

Atención presencial na Casa do Concello a partir do 25 de maio

O Concello de Xermade quere comunicar a súa veciñanza as medidas a adoptar para a atención presencial na Casa do Concello a partir do 25 de maio de 2020:

– A atención ao publico nas dependencias municipais realizarase con cita previa, en horario de 08:30 a 14:30 horas, chamando con anterioridade ao funcionario/a correspondente.

Terá prioridade a atención telemática e telefónica:

o Telemática: Poden entrar na sede electrónica municipal, a través da páxina web: www.xermade.org.

o Vía telefónica: chamando ao 982 50 10 01 ou 608 10 54 64

– Consonte a Orde SND/422/2020, do 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE n.º 142 do 20 de maio), as persoas maiores de seis anos deberán acceder ás dependencias municipais con máscara, preferentemente hixiénica ou cirúrxica, que cubra o nariz e a boca.

– Será obrigatorio o lavado de mans con xel hidroalcólico – para o que se habilitou un dispensador na entrada da Casa do Concello – e respectar as distancias de seguridade.

– Procurarase que cada persoa non permaneza máis de quince minutos nas dependencias municipais.

– O uso dos aseos está restrinxido ao persoal municipal

– O uso do ascensor limitarase aos casos imprescindibles e empregaranse preferentemente as escaleiras.

Agradecemos por anticipado o respecto das medidas indicadas.

Axudas fomento natalidade 2020

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade, na sesión ordinaria que tivo lugar o 13 de maio de 2020, aprobou as bases e a convocatoria das axudas a familias por nacemento, acopción e/ou acollemento de fillo/a para o exercicio 2020.

A contía das axudas aumenta un 50% respecto de convocatorias anteriores, de 600 euros aos 900 euros deste exercicio. Como novidade nesta convocatoria, esíxese que as crianzas se matriculen no CEIP de Xermade, nunha aposta do actual goberno municipal polo centro educativo do municipio.

O prazo de solicitude remata o 30 de novembro de 2020.

As persoas interesadas poden contactar cos servizos sociais municipais se precisan información adicional.

E-mail: servizossociais@xermade.org

20200518_Publicación_Anuncio_ANUNCIO BDNS

Recollida de tres reses mostrencas na parroquia de Momán

O pasado 9 de abril de 2020 persoal municipal recolleu tres equinos de propietario/a descoñecido/a na parroquia de Momán.

Dende aquela data os animais atópanse na parroquia de Cabreiros, ao coidado de Fernando Bello Pita, na súa condición de depositario.

Consonte a normativa aplicable (artigo 86.4 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia; e artigo 28 do Decreto 142/2012, do 14 de xuño, que regula o destino dos bens mostrencos), ábrese un período de información pública de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 110 do 15 de maio), para que as persoas propietarias as reclamen.

No caso de que ninguén as reclame, o Concello procederá consonte ao artigo 28.1 do Decreto 142/2012.

Apertura ofertas licitacións investimentos Plan Único 2019

A mesa de contratación, o 14 de maio de 2020, abriu as ofertas presentadas ás seguintes licitacións de investimentos financiados con cargo ao Plan Único 2019:

– Expte. 137/2020: “Reparación de estradas en Reguengo, Xemaré, Vilariño, Xermade, Pena da Egua, Fonxérez , Pena da Arca, etc.”

– Expte. 151/2020: “Reparación de estradas en Roupar de Abaixo, Aveás, A Veiga, As Folgueiras, Castiñeiras, Bidueiro, etc”

Unha vez se valoren os criterios subxectivos (sobre A), a mesa reunirase novamente para a apertura dos criterios obxectivos (sobre B), previsiblemente a vindeira semana.

Ambos investimentos deben estar adxudicados o 30/06/2020 e executados o 30/09/2020.

Para máis información ao respecto destas licitacións, as persoas interesadas poden consultar a Plataforma de Contratación do Sector Público, na que está aloxado o perfil do contratante do Concello de Xermade.