Proceso de selección para o programa fomento de emprego, financiado polo Plan Único 2020

Por Decreto da Alcaldía núm. 446/2020 de data 27/10/2020 foron aprobadas as bases e a convocatoria do proceso selectivo para o nomeamento de persoal funcionario interino para o proxecto “fomento de emprego 2020”: dous peóns de edificación e obras públicas, un/a oficial de 1ª de edificación e un/ha oficial de 2 – condutor de edificación.

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco (5) días hábiles dende a publicación do anuncio no BOP núm. 251 o 02/11/2020. As bases íntegras están publicadas na sede electrónica do Concello de Xermade: https://concelloxermade.sedelectronica.es/

Aprazamento do comezo das Escolas Culturais 2020/2021

O Concello de Xermade lamenta comunicar que, dada progresión actual da Covid-19, posponse o comezo das actividades culturais, concretamente, os cursos de “Costura”, “Faino ti mesm@” (manualidades) e “Xabóns e cremas”.

Ante as restricións de aforo establecidas pola Consellería de Sanidade durante o mes de outubro, e dado o tamaño reducido das aulas onde se levan a cabo ditas actividades, consideramos prudente esperar a unha evolución positiva da situación sanitaria para iniciar o comezo das escolas culturais.

Pedimos disculpas polas molestias que esta decisción poida ocasionar, agardando poder retomar tales actividades coa maior celeridade posible.

Certame de Narración e Debuxo Infantil e Xuvenil “Letras Galegas 2020”

Este ano convocamos o Certame de Narración e Debuxo Infantil e Xuvenil “Letras Galegas 2020”, adicadas este ano a Ricardo Carvalho Calero.

Teremos 12 premios: dous de debuxo e outros dous de narración por cada categoría.

O lugar para entregar as narracións e os debuxos será a Biblioteca Municipal en horario de tarde, de 3 a 9. As obras só levarán o título e opcionalmente un pseudónimo, non podendo ir anotado ningún outro dato persoal. Eses datos persoais de autoría cubriranse nun anexo aparte que adxuntaremos á obra presentada.

Os agasallos serán vales por importe de 60€, para trocar polos premiados/-as no establecemento colaborador que se indicará no anuncio de publicación dos premios.

Este é o tema do certame: “XERMADE, O MEU POBO”

Día Internacional das Bibliotecas

Actividade de animación á lectura o 16 de outubro ás 6 da tarde, que consisitirá nunha sesión de narración oral a cargo da grovense Atenea García da compañía Xarope Tulú. Vai dirixido a nenas e nenas maiores de 3 anos.

 Precisaremos inscrición previa na biblioteca xa que o aforo é limitado para poder garantir tódalas medidas de distanciamento físico e hixiene fronte á covid-19

CONTACONTOS GALEGO – INGLÉS

INTERPRETADO POR VICTORIA PÉREZ É MANU FERNÁNDEZ

DIRIXIDO A NENOS/AS + 3 ANOS

O Concello de Xermade licita as escolas culturais e deportivas para o curso 2020-2021

O Concello de Xermade licitou as escolas culturais e deportivas para o curso 2020-2021, resultando adxudicatarios do deporte escolar Laura Rodríguez Román (Picariños) e de costura Beatriz López Lamigueiro. O resto dos lotes de ambas licitacións quedaron desertos, polo que a Xunta de Goberno Local aprobou novamente os correspondentes expedientes de contratación, que actualmente se atopan en fase de presentación de ofertas.

O servizo de escolas deportivas oferta as actividades de loita, hocquei sobre patíns e pilates; namentres que o servizo de escolas culturais oferta as actividades de elaboración de conservas, baile para persoas adultas e faino ti mesm@.

O prazo de presentación de ofertas remata o 21 de setembro de 2020. Toda a información referida a estas dúas licitacións está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público.

O Concello de Xermade adxudica a obra do Plan de mellora de camiños 2020-2021 de Agader

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse o pasado mércores 26 de agosto e, entre outros asuntos, adxudicou a obra “Mellora de camiños en A Pena, As Ribas e Burgás”, incluida do Plan de mellora de camiños 2020-2021 de Agader, á empresa José Sanjurjo Construcciones SL, logo da licitación mediante procedemento aberto simplificado.

A adxudicataria obrígase a executar a mencionada obra polo importe de 37.596,08 euros e 7.895,28 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 45.491,26 euros (IVE engadido), as melloras ofertadas (limpeza ou reapertura de foxo e beiravía por ambas marxes, con motoniveladora, incluíndo carga e transporte a vertedoiro (3.846 m lineais) e ampliación de garantía de dous (2) anos, consonte á oferta presentada.

O contrato formalizouse o 31 de agosto de 2020 e as obras iniciaranse de inmediato.

Acordo de adxudicación:

Maxia pola igualdade

 

Na próxima feira, o xoves día 3 de setembro, ás 12.30 chega a Xermade o espectáculo infantil ‘A igualdade é maxia’, da man do mago Javier Muro, que busca concienciar na igualdade entre homes e mulleres e a non violencia na sociedade. Dun xeito ameno, trataremos temas como as profesións, os xoguetes,  tarefas do fogar… ¡non volo perdades!

 

A actividade está financiada con cargo ós fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

 

Mellora da accesibilidade aos recursos turísticos do Concello de Xermade

O alcalde do Concello de Xermade ven de asinar un convenio de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia para o proxecto “Mellora da accesibilidade aos recursos turísticos do concello”, cun orzamento de 12.221,00 euros, dos que a Xunta de Galicia achegará o 65% e o resto será sufragado polas arcas municipais.

O proxecto consiste na creación dunha páxina web e unha app para IOS e Android nos que se volcará toda a información detallada dos recursos de interese turístico (de carácter patrimonial, etnográfico, natural, etc.) do municipio de Xermade.  Nos vindeiros días iniciarase a licitación deste contrato de servizos.

Enlace ao convenio: Convenio_Xermade