No Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 171, de data 27 de xullo, publicouse o anuncio de información pública do estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa do parque eólico Santuario, promovido por Enel Green Power España SL, que afecta aos municipios de As Pontes, Guitiriz, Vilalba e Xermade.
O pasado 17 de agosto o Concello de Xermade convocou unha reunión informativa para a veciñanza afectada. A técnica municipal de urbanismo, medio ambiente e obras explicou ás asistentes a afección ambiental deste parque, e ata o 8 de setembro (data na que finaliza o prazo de información pública) a oficina técnica do concello está a disposición da veciñanza para ofrecer información e asesorar na presentación de alegacións. A fin de facilitar que todas as persoas afectadas podan alegar neste trámite de información pública, publícanse os seguintes documentos, en formato editable e pdf:
– Plano de afeccións: Afeccion PARQUE EOLICO SANTUARIO
– Modelo de alegacións (en word e pdf): MODELO ALEGACION
MODELO ALEGACION
– Resumo das consideracións da oficina técnica municipal: RESUMEN PARQUE EÓLICO SANTUARIO
As alegacións poden ser presentadas presencialmente no Rexistro do Concello de Xermade ou en calquera outra administración pública (art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro), ou ben de forma telemática, no Rexistro Electrónico Común, no seguinte enlace:
https://sede.administracion.gob.es/PAG_Sede/ServiciosElectronicos/RegistroElectronicoComun.html
Exposición Kinetiko de Xira Paus 18/09/2021
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeTrámite de información pública do parque eólico Santuario
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeNo Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 171, de data 27 de xullo, publicouse o anuncio de información pública do estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa do parque eólico Santuario, promovido por Enel Green Power España SL, que afecta aos municipios de As Pontes, Guitiriz, Vilalba e Xermade.
O pasado 17 de agosto o Concello de Xermade convocou unha reunión informativa para a veciñanza afectada. A técnica municipal de urbanismo, medio ambiente e obras explicou ás asistentes a afección ambiental deste parque, e ata o 8 de setembro (data na que finaliza o prazo de información pública) a oficina técnica do concello está a disposición da veciñanza para ofrecer información e asesorar na presentación de alegacións. A fin de facilitar que todas as persoas afectadas podan alegar neste trámite de información pública, publícanse os seguintes documentos, en formato editable e pdf:
– Plano de afeccións: Afeccion PARQUE EOLICO SANTUARIO
– Modelo de alegacións (en word e pdf): MODELO ALEGACION
MODELO ALEGACION
– Resumo das consideracións da oficina técnica municipal: RESUMEN PARQUE EÓLICO SANTUARIO
As alegacións poden ser presentadas presencialmente no Rexistro do Concello de Xermade ou en calquera outra administración pública (art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro), ou ben de forma telemática, no Rexistro Electrónico Común, no seguinte enlace:
https://sede.administracion.gob.es/PAG_Sede/ServiciosElectronicos/RegistroElectronicoComun.html
Uxía Lambona e a Banda Molona
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarUxía lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil que nace no ano 2014 e está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e eu cantando e animando! .
Ten o obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliños” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.
A día de hoxe temos tres cd´s publicados:
“Uxía Lambona e a Banda Lambona” 2015
“A bailar coma tol@s” 2017
“Astronauta Sideral” 2019
Os contos do avó: lendas e historias de Galicia
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarDivas de diván
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarAbraios de rúa
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarSesión ordinaria do Pleno da Corporación o vindeiro xoves 12 de agosto
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Corporación xermadina reunirase en sesión ordinaria o vindeiro xoves 12 de agosto, ás 20.00 horas. Na parte resolutiva vaise tratar a conta xeral do exercicio 2020, que xa foi ditaminada pola Comisión Especial de Contas o pasado 28 de maio de 2021 e o trámite de exposición público finalizou sen que se presentara ningunha alegación; e os festivos locais para o ano 2022, que volven a ser o martes de Entroido e o luns de Santa María.
O último asunto da sección resolutiva é a modificación da ordenanza fiscal nº 8, reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, motivada pola aprobación dunha nova Ponencia de Valores Urbanos por parte da Xerencia do Catastro de Lugo, que supón unha diminución da base liquidable para 2022 dun 61,57% respecto aos valores de 2021. Modifícanse os tipos impositivos de urbana e rústica, que pasan a ser do 0,45%, e elimínanse as bonificacións aprobadas no 2011. Deste xeito manténse o nivel de ingresos que se obtiñan polo IBI nestes últimos exercicios, a fin de que os servizos públicos municipais non se vexan afectados negativamente por esa caída do valor catastral.
Na parte de control e fiscalización, darase conta do Período Medio de Pago do segundo trimestre de 2021, que é de 10,33 días, e das resolucións da Alcaldía adoptadas dende a última sesión ordinaria.
Curso básico de enxerto de verán
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarMusiqueando pola provincia de Lugo: Buxos Verdes en Xermade
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarContacontos “Médico de Familia(s)” de Pedro Brandariz.
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeActividade do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imos ter de xeito presencial na Biblioteca de Xermade.
Será unha sesión de narración oral que leva por título: “Médico de Familia(s)”, un contacontos arredor de novos modelos familiares versionados pola visión cómica de Pedro Brandariz.
Será o 6 de agosto ás 19:00 h. na biblioteca municipal ou espazo exterior anexo á mesma, se as condicións metereolóxicas o permiten.