O Pleno xermadino reuniuse en sesión extraordinaria o pasado xoves 18 de novembro co gallo de aprobar os orzamentos para o exercicio 2022. As contas increméntanse en 64.164,73 euros respecto ao exercicio 2021.
A capacidade investidora aumenta notablemente respecto ao ano en curso, dado que no 2022 o Concello de Xermade debe achegar 55.220 euros para a construción da depuradora do Campo da Feira-Momán, unha obra que executará a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e que se prevé remate no ano 2023. Ademais, prevese a achega municipal aos investimentos do Plan Único e o Plan de Mellora de Camiños de Agader, que ascende a un total de 28.861,80 euros.
Como en anos anteriores, dáselle continuidade ás axudas a asociacións, festexos, Uned Sénior, Educando en familia, clubes de fútbol e eventos deportivos, agardando que no 2022 podan celebrarse, do mesmo xeito que o Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, e como novidade prevese unha axuda de 500 euros para a ANPA do CEIP Xermade.
Un dos gastos de maior relevancia é o contrato do Servizo de Axuda no Fogar, que supón un gasto de 744.886,80 euros. Grazas ao incremento da achega da Xunta de Galicia ao SAF dependencia derivado do convenio recentemente asinado coa FEGAMP, o Concello de Xermade no 2022 deixará de achegar 61.666,80 euros, que ata o momento era sufragados polas arcas municipais.
Co obxectivo de reforzar os servizos públicos que se veñen prestando á veciñanza con medios propios, recentemente cubríronse as dúas vacantes de operario de servizos múltiples.
Resumo orzamentos ingresos/gastos por capítulos:
ORZAMENTO DE GASTOS 2022
|
ORZAMENTO DE INGRESOS 2022
|
OPERACIÓNS CORRENTES
|
INGRESOS CORRENTES
|
CAPITULO 1 417.317,76
|
CAPITULO 1 508.021,60
|
CAPITULO 2 1.319.740,74
|
CAPITULO 2 10.000,00
|
CAPITULO 3 1.000,00
|
CAPITULO 3 293.569,60
|
CAPITULO 4 62.045,33
|
CAPITULO 4 1.081.369,57
|
CAPITULO 5 0,00
|
CAPITULO 5 1.608,00
|
Total Gastos Correntes: 1.800.103,83
|
Total Ingresos Correntes: 1.894.568,77
|
OPERACIONS CAPITAL
|
INGRESOS DE CAPITAL
|
CAPITULO 6 42.864,94
|
CAPITULO 6 —————————
|
CAPITULO 7 51.600,00
|
CAPITULO 7 —————————
|
CAPITULO 8 —————————-
|
CAPITULO 8 ————————–
|
CAPITULO 9 —————————-
|
CAPITULO 9 ————————-
|
Total Gastos Capital: 94.464,94
|
Total Ingresos Capital: 0,00€
|
TOTAL GASTOS: 1.894.568,77€
|
TOTAL INGRESOS: 1.894.568,77€
|
Exposición ’50 anos do Belén de Begonte’, na Biblioteca de Xermade
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeDo 24 de novembro ao 2 de decembro
Horario: De 15:00 a 21:00
A exposición está composta por trece paneis que reflicten as datas e os datos máis destacados da historia do Belén.
A apertura desta exposición, que vai a visitar 33 cidades e pobos de Galicia, pon de manifesto a intención dos responsables do Belén de que, mantendo o seu carácter virtual que o pasado ano esixiu a situación sanitaria, este ano volva estar aberto ao público desde o primeiro sábado de decembro ata o último sábado de xaneiro, e tentar superar as 40.000 visitas que se viñeron rexistrando nos anos anteriores á aparición da pandemia.
🖤 25 de novembro: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarAprobación inicial dos orzamentos do ano 2022
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Pleno xermadino reuniuse en sesión extraordinaria o pasado xoves 18 de novembro co gallo de aprobar os orzamentos para o exercicio 2022. As contas increméntanse en 64.164,73 euros respecto ao exercicio 2021.
A capacidade investidora aumenta notablemente respecto ao ano en curso, dado que no 2022 o Concello de Xermade debe achegar 55.220 euros para a construción da depuradora do Campo da Feira-Momán, unha obra que executará a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e que se prevé remate no ano 2023. Ademais, prevese a achega municipal aos investimentos do Plan Único e o Plan de Mellora de Camiños de Agader, que ascende a un total de 28.861,80 euros.
Como en anos anteriores, dáselle continuidade ás axudas a asociacións, festexos, Uned Sénior, Educando en familia, clubes de fútbol e eventos deportivos, agardando que no 2022 podan celebrarse, do mesmo xeito que o Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, e como novidade prevese unha axuda de 500 euros para a ANPA do CEIP Xermade.
Un dos gastos de maior relevancia é o contrato do Servizo de Axuda no Fogar, que supón un gasto de 744.886,80 euros. Grazas ao incremento da achega da Xunta de Galicia ao SAF dependencia derivado do convenio recentemente asinado coa FEGAMP, o Concello de Xermade no 2022 deixará de achegar 61.666,80 euros, que ata o momento era sufragados polas arcas municipais.
Co obxectivo de reforzar os servizos públicos que se veñen prestando á veciñanza con medios propios, recentemente cubríronse as dúas vacantes de operario de servizos múltiples.
Resumo orzamentos ingresos/gastos por capítulos:
ORZAMENTO DE GASTOS 2022
ORZAMENTO DE INGRESOS 2022
OPERACIÓNS CORRENTES
INGRESOS CORRENTES
CAPITULO 1 417.317,76
CAPITULO 1 508.021,60
CAPITULO 2 1.319.740,74
CAPITULO 2 10.000,00
CAPITULO 3 1.000,00
CAPITULO 3 293.569,60
CAPITULO 4 62.045,33
CAPITULO 4 1.081.369,57
CAPITULO 5 0,00
CAPITULO 5 1.608,00
Total Gastos Correntes: 1.800.103,83
Total Ingresos Correntes: 1.894.568,77
OPERACIONS CAPITAL
INGRESOS DE CAPITAL
CAPITULO 6 42.864,94
CAPITULO 6 —————————
CAPITULO 7 51.600,00
CAPITULO 7 —————————
CAPITULO 8 —————————-
CAPITULO 8 ————————–
CAPITULO 9 —————————-
CAPITULO 9 ————————-
Total Gastos Capital: 94.464,94
Total Ingresos Capital: 0,00€
TOTAL GASTOS: 1.894.568,77€
TOTAL INGRESOS: 1.894.568,77€
O Concello de Xermade presenta alegacións aos parques eólicos Mistral e Nordés
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO pasado 7 de outubro publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o anuncio polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e autorización administrativa previa do parque eólico Mistral de 100,8 MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo, que afecta aos municipios de Vilalba, Xermade e Guitiriz; e do parque eólico Nordés de 67,2 MW e a súa infraestrutura de evacuación nas provincias da Coruña e Lugo.
O parque eólico Mistral está integrado por 18 aeroxeneradores, dos cales 14 se sitúan en Xermade.
Consulte o informe técnico remitido polo Concello de Xermade: 20211107_Informe_Informe técnico_2021_558_Informe técnico
Duncan de palleiro · Teatro infantil a cargo de Lila Teatro · 19 de novembro, ás 19:.30 na biblioteca
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeElenco: Lines González e Lara Manzano
Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a esa raza mítica, lendaria e con máis prestixio de todas, a de Palleiro.
Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras.
Duncan leva unha vida sinxela ao carón do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas de sempre, nunha vila pequeniña e fermosa no medio das montañas chamada Óubidos, da cal se sente moi fachendoso.
Duncan ama profundamente aos nenos e ás nenas, e alí onde vai leva consigo unha grande sorpresa que non deixará a ninguén indiferente.
Amizade, amor e liberdade son as palabras que máis lle gustan a Duncan de Palleiro.
Festa Samaín 2021
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO domingo 31 de outubro ás 17.00 hora, no Pavillón Municipal (Xermade), ven a pasar unha tarde diferente.
Teremos para os nosos nenos e nenas pintacaras, xogos de Samaín, xogos dirixidos con música, e para que non falen folgos, tamén haberá unha sabedora merenda.
Non deixes de traer o teu disfrace e a túa cabaza ben decorada, xa que faremos concursos nos que se premiarán as mellores galas e as máis arrepieantes cabazas.
O aforo estará limitado, polo que será necesaria inscrición previa no teléfono 678 744 178 de Lucía Guizán, a Educadora familiar. O prazo remata o 26 de outubro.
Vente a Xermade, ¡Pasarémolo DE MEDO!
Organiza e subvenciona: Concello de Xermade
Colabora: ANPA de Xermade
Sesión ordinaria do Pleno o vindeiro xoves 21 de outubro
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Pleno do Concello de Xermade reunirase en sesión ordinaria o vindeiros xoves 21 de outubro, ás 20:00 horas. Darase conta da sinatura do convenio para a construción dunha depuradora no Campo da Feira-Momán, o pasado 7 de outubro, grazas ao cal a Confederación Hidrogafica Miño-Sil achegará o 80% do custo da redacción do proxecto, dirección de obra e execución das obras, estimado en 320.000 euros. O Concello de Xermade asumirá a posta a disposición dos terreos necesarios para a execución da obra, e o 20% restante.
Tamén se vai poñer en coñecemento do Pleno o trámite de información pública do estudo de impacto ambiental e solicitude de autorización administrativa previa do Parque Eólico Mistral de 100,8 MW, e a súa estrutura de evacuación na provincia de Lugo, e do Parque Eólico Nordés, de 67,2 MW, e a súa estrutura de evacuación nas provincias da Coruña e Lugo, publicado no Boletín Oficial da Provincia o pasado 7 de outubro. Ambos parques son promovidos por Greenalia Wind Power. O prazo para presentar alegacións é de 30 días hábiles. A oficina de urbanismo, medio ambiente e obras está a disposición da veciñanza para ofrecer información e asesoramento ao respecto deste expediente.
💜 15 de outubro: Día Internacional das Mulleres Rurais
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Concello de Xermade celebra o próximo venres día 15 de outubro o Día Internacional da Muller Rural cun monólogo na Casa Habanera (Roupar).
A entrada será gratuíta, sen reserva previa, e con aforo limitado.
Por protocolo Covid, será necesario deixar os datos antes de acceder ó recinto (Nome e teléfono de contacto).
Arantxa Treus é unha atriz galega, natural de Vigo. É unha artista polifacética, como mostran as súas participacións en proxectos de diversos xéneros: teatro, cine ou televisión. Participou en series como “Gondar“, “Serramoura” ou “Fariña“, ten participado en numerosos traballos de humor e comedia como o que nos trae a Roupar, onde nos falará dalgunha das súas vivencias e anécdotas sobre como ser muller e non morrer no intento.
#MullerRural
#DiaInternacionalDaMullerRural
#ArantxaTreus
#Monologo
#CasaHabaneraRoupar
#Xermade
A Caixa sen Pandora · Teatro na Biblioteca · 22 de outubro
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeVenres, 22 de outubro, as 18:00 Horas.
Biblioteca de Xermade
Un espectáculo para público familiar
Recomendado +5 anos
Teatro dos Ghazafelhos
Licitación das escolas culturais e deportivas do Concello de Xermade
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade aprobou os expedientes de contratación das escolas culturais e deportivas para o curso 2021-2022, que dará comezo no mes de novembro.
Ademais do deporte escolar, cuxa prórroga contractual foi autorizada na pasada sesión celebrada o 8 de setembro, súmase a oferta das seguintes actividades deportivas para persoas adultas: ioga/pilates e zumba.
Polo que respecta ás escolas culturais, licítanse catro actividades distintas: pandeireta, xabóns cosméticos e cremas, crochet tradicional e XXL, e Faino ti mesm@ (manualidades).
Ambas licitacións foron publicadas na Plataforma de Contratación do Sector Público na data de hoxe, sendo o último día para presentar oferta o 14 de outubro de 2021.