BASES REGULADORAS DOS PREMIOS DO ENTROIDO DE XERMADE 2022
PRIMEIRA:
O concurso de disfraces Entroido Xermade 2022 celebrarase o luns día 28 de febreiro, ás 20.00 horas no Pavillón Polideportivo de Xermade.
SEGUNDA:
O prazo de inscrición de participantes será desde o momento de publicación destas bases ata o 23 de febreiro. A inscrición poderá facerse de xeito presencial no Concello ou no correo electrónico educadora.familiar@xermade.org, aportando o Anexo I das presentes bases cuberto e un certificado de conta*. Todos os grupos e/ou disfraces inscritos deben levar no momento do desfile o número asignado polo concello.
* Pode descargarse nas aplicacións móbiles de banca electrónica.
TERCEIRA:
Todos os grupos e disfraces deberán estar no Pavillón Polideportivo de Xermade a partir das 19.30 horas para proceder máis tarde ao desfile, onde terá lugar o concurso de disfraces diante do xurado. É obrigatorio a asistencia ó desfile para poder participar no concurso.
CUARTA:
Establécense as seguintes categorías no concurso:
PARTICIPANTES NON EMPADROADOS EN XERMADE
• GRUPO/PARELLAS/INDIVIDUAIS: No caso dos grupos, a agrupación debe estar formada por un mínimo de tres (3) persoas e máximo de quince (15) e máis da metade do mesmo non pode estar empadroado en Xermade. Se é individual ou parella, ningunha persoa/s pode estar empadroada.
PARTICIPANTES EMPADROADOS EN XERMADE
1. GRUPO: agrupación formada por un mínimo de tres (3) persoas e máximo de quince (15), con máis da metade das persoas do grupo empadroadas en Xermade, que garden unha unidade temática, e que desfilen ou realicen algunha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións.
2. INDIVIDUAIS/PARELLAS ADULTOS: participantes a partir de 16 anos que concursen individualmente ou en parella, debendo, neste caso, gardar unidade temática entre os/as compoñentes.
3. INFANTÍS: participantes menores de 16 anos que concursen individualmente, en parella ou en grupo, debendo, neste caso, gardar unidade temática entre os/as compoñentes.
QUINTA:
A orde no desfile estará marcada pola organización.
SEXTA:
As persoas participantes que necesiten música deberán entregarlla á organización, como moi tarde, antes do inicio do desfile, nun dispositivo USB.
SÉTIMA:
A duración da actuación escollida para o concurso será como máximo de 5 minutos. Exceder este tempo poderá significar a exclusión do concurso.
OITAVA:
Os grupos poderán acceder ao pavillón con estruturas ou plataformas ata uns tamaños máximos. A organización avisará da suspensión ou mantemento das estruturas no desfile.
NOVENA:
O xurado estará formado por tres persoas voluntarias do público e un secretario/a vinculado/a ó concello, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases. Elaborará unha acta na que conste a resolución de disfraces premiados no concurso, asinada por todos os membros. Os premios serán aboados mediante transferencia bancaria, polo que será necesaria a presentación do certificado con número de conta ao realizar a inscición.
DÉCIMA:
O xurado deberá escoller os seguintes premios:
Para participantes non empadroados en Xermade
1º premio
2º premio
Para participantes empadroados en Xermade:
Grupos:
1º Premio
2º Premio
3º Premio
Individual/parella adultos:
1º Premio
2º Premio
3º Premio
Categoría Infantil:
1º Premio
2º Premio
3º Premio
UNDÉCIMA:
Para a selección de premios o xurado terá en conta o desfile, a representación ou actuación realizada durante o concurso, así como a orixinalidade na confección dos disfraces.
DUODÉCIMA:
As contías dos premios do concurso serán:
Non empadroados en Xermade 1º Premio: 150 €
2º Premio: 100 €
Participantes empadroados en Xermade Grupos:
1º Premio: 200€
2º Premio: 150€
3º Premio: 100€
Individual/parella:
1º Premio: 100€
2º Premio: 75€
3º Premio: 50€
Infantil:
1º Premio: 50€
2º Premio: 30€
3º Premio: 20€
Nota: O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún dos premios se considera que os/as participantes non reúnen a calidade precisa.
DÉCIMOTERCEIRA:
As persoas participantes deben cumprir en todo momento a normativa vixente da COVID-19, no seu defecto serán descualificadas automaticamente.
O Concello de Xermade resérvase o dereito a pospoñer ou cancelar dito evento ou parte do mesmo por pola evolución da situación epidemiolóxica e/ou as medidas de hixiene e prevención que se poidan tomar con respecto a mesma, que non permitan o desenvolvemento normalizado da actividade.
DÉCIMO CUARTA:
A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sobre as que, diante de calquera dúbida, prevalecerá a resolución que adopte o xurado, por maioría simple dos seus membros. O incumprimento das bases suporá a descualificación no concurso. En contra das decisións do xurado non caberá ningún tipo de recurso.
As presentes bases e os premios concedidos aos beneficiarios, serán publicados na plataforma da Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Bases e convocatoria entroido 2022
Folla inscrición Entroido 2022
O Pleno acorda investir o remanente na reparación de vías municipais e adquisición da reitoral de Roupar
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Pleno xermadino reuniuse en sesión ordinaria o pasado xoves 7 de abril, con varios asuntos na orde do día. Entre eles, dúas modificacións de crédito financiadas con remanente líquido de tesourería procedente da liquidación do exercicio 2021. En total, investirase 455.251,53 euros en 4 proxectos de reparación de vías municipais:
O custe das obras ascende a 441.263,29 euros, e os 13.998,24 euros restantes van destinados aos honorarios de redacción dos proxectos e dirección das obras.
Por outra banda, adícanse 50.000 euros á adquisición da reitoral de Roupar, compravenda que non puido formalizarse no ano 2021 por requirir unha segregación previa que se atopa pendente das autorizacións sectoriais de Patrimonio e o Servizo de Vías e Obras da Deputación de Lugo.
Tamén se adican 15.000 euros a financiar un convenio coa Universidade da Coruña para a redacción do proxecto básico e de execución da Casa da Veciñanza de Roupar e a documentación esixida polo Instituto de Transición Xusta para solicitar as axudas que se van convocar a finais de maio; así como para a rehabilitación de reitoral de Xermade, adquiririda en novembro de 2021.
Por último, prevese unha partida de 3.000 euros para adquirir a parcela na que se ubicará a depuradora do Campo da Feira, en Momán, que se executará neste 2022 con cargo a un convenio asinado coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Nesta sesión ordinaria tamén se aprobou unha declaración institucional de integridade e compromiso ético, de cara á xestión de fondos europeos en execución das medidas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que esixe dispoñer dun Plan de medidas antifraude.
Douse conta tamén ao Pleno da aprobación da liquidación do orzamento do exercicio 2021, que se saldou cun resultado orzamentario axustado de 235.217,53 euros e un remanente líquido de tesouraría para gastos xerais de 961.005,07 euros.
Por último, a Alcaldía informou ao Pleno respecto das solicitudes de axudas presentadas dende a sesión ordinaria do mes de abril. Pode consultar o contido do informe:20220404_Informe_Informe_INFORME DA ALCALDÍA
Día do Libro 2022 en Xermade
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarCertame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2022”
/in Xermade /by Concello de XermadeCertame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2022”, en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo.
Este ano o certame leva por tema o seguinte: “O que pasa ao meu arredor“; e vai dirixido a nenas e nenos de 0 a 16 anos establecéndose 3 categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos.
O prazo de presentación dos traballos rematará o 10 de maio debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal.
Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
Ruta Xacobea 2022 desde Xermade
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Concello de Xermade, con motivo da celebración do Xacobeo 2022, promove e organiza a ruta a pé desde Xermade ata Santiago de Compostela:
Etapa Data
1º Xermade-Guitiriz 9/04/2022
2º Guitiriz-Sobrado 23/04/2022
3º Sobrado-Arzúa 7/05/2022
4º Arzúa-O Pino 21/05/2022
5º O Pino-Santiago 04/06/2022
Saída: Todos os sábados ás 8.00 diante do Concello.
Autobús gratuíto desde Xermade ata o comezo da etapa, así como de regreso ó remate de cada xornada.
Inscricións: no 982 50 10 02 (ata dous días antes do comezo de cada etapa). Aforo limitado.
Máis información: 678 744 178 (Lucía)
Cada persoa levará a súa comida para xantar ó finalizar a etapa. Mentres camiñamos contaremos con: transporte de apoio, auga e caixa de primeiros auxilios proporcionados polo concello.
*Prioridade para persoas empadroadas.O concello reserva o dereito de cancelar a actividade ou etapas se non se dá un mínimo de inscricións
O Concello de Xermade solicita as axudas da reserva de biosfera para tres proxectos de posta en valor do medio ambiente e recursos turísticos
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeNo DOGA do 11.02.2022 publicouse a Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724B).
Destas axudas poderán ser beneficiarios os concellos incluidos no ámbito territorial de calquera das 7 Reservas da Biosfera de Galicia. O Concello de Xermade pertence á Reserva de Biosfera Terras de Miño, á que pertencen outros 25 concellos da provincia de Lugo.
O proxecto de posta en valor e promoción da Reserva da Biosfera Terras do Miño no Concello de Xermade obtivo o aval do órgano xestor da reserva e contempla as seguintes actuacións:
Actuación 1: desbroce para a conservación de ecosistemas forestais e prevención de incendios forestais e eliminación de acacias, nun espazo de 9 hectáreas propiedade da Comunidade de Montes de Lousada, cun orzamento de 15.300,00 euros.
Actuación 2: creación dun aparcadoiro de autocaravanas para fomentar o turismo sostible na área recreativa de Cabreiros, nun espazo de titularidade autonómica (está tramitándose a cesión), cun orzamento de 18.946,00 euros.
Actuación 3: embelecemento da zona de baño na área recreativa de Cabreiros, cun orzamento de 44.700,00 euros. Restauraránse as comportas de enchido e baleirado da zona de baño e instalarase unha pasarela de 17 metros de lonxitude por 2 metros de ancho para conectar a illa coa propia área recreativa.
En total, o orzamento sen IVE ascende a 78.946,00 euros, dos cales se solicita o 100%. O IVE será achegado polo Concello de Xermade.
💜 Cultivando o xerme da igualdade 🌱
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Alcalde Roberto García Pernas, a Concelleira de Educación, Cultura, Deportes, Xuventude e Relacións coas Asociacións Veciñais Verónica Amarelo Morado e a Concelleira Benestar social e Igualdade Nélida Coira Pena, fixeron entrega este 8 de marzo de 2022 no CEIP Plurilingüe de Xermade do libro “En Xermade somos iguais”, no que Os Bolechas son os protagonistas, divulgando mensaxes en favor da igualdade para romper coa brecha de xénero desde @s máis pequen@s.
Financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia)
Excursión de mulleres polo 8 de marzo
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Pleno reuniuse en sesión ordinaria o xoves 17 de febreiro
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA sesión plenaria de carácter ordinario correspondente ao mes de febreiro tivo lugar o pasado xoves 17, ás 20.00 horas.
O alcalde, Roberto García Pernas, abreu a sesión mostrando o seu apoio á familia da nena Desireé Leal, tras celebrarse o xuízo pola súa morte na Audiencia Provincial de Lugo recentemente e resultar condenada a súa nai, Ana Sandamil. Tamén se referiu a un roubo con agresión que tivo lugar en Candamil o pasado 5 de febreiro, que está investigando a Garda Civil, mentras a veciña afectada evoluciona favorablemente na UCI do HULA.
Na parte resolutiva da sesión acordouse a solicitude de festa de interese turístico de Galicia do Encontro Internacional de Torneiros, que este ano 2022 celebra a súa XXII edición. Ao tratarse dun evento único en Galicia, no que se xuntan torneiros de relevancia internacional, dende o concello agardan que se acade este distintivo.
Tamén se aprobou o cambio de uso dunha parte da parcela na que se ubica a reitoral de San Pedro Fiz de Roupar, para executar un parque infantil. Esta parcela vai ser adquirida polo concello, froito dun acordo co Bispado de Mondoñedo-Ferrol no que se inclúe a Reitoral de Xermade, pero con carácter previo debe segregarse a porción na que se ubica a reitoral. O parque infantil será executado con fondos do Plan Único 2022 da Deputación de Lugo.
Na parte de fiscalización e control, douse conta das subvencións solicitadas neste 2022 (entre elas o Plan Único 2022 da Deputación), así como dos envíos realizados á Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas Entidades Locais do Ministerio de Facenda, entre eles o Período Medio de Pago do 4º trimestre de 2021, que é de 16,93 días.
Xermade solicita o Plan Único 2022 da Deputación de Lugo
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse en sesión ordinaria o pasado mércores 9 de febreiro de 2022. Entre os asuntos que se trataron está a participación do Plan de cooperación dos concellos da Deputación de Lugo, que asigna ao municipio un total de 308.297,41 euros, dos cales se adica a investimentos o 66,89% (206.215,69 euros):
Táboa resumo da solicitude:
PROGRAMA INVESTIMENTOS
INVESTIMENTO
CUSTO OBRA
ACHEGA DEPUTACIÓN
ACHEGA CONCELLO
PROGRAMA DE GASTO (4 DÍXITOS)
Reparación de estradas en Xemaré, Portovelo, Cerracín-Pigaroa, Pigaroa, O Barreiro, Golpilleira, etc.
67.464,74€
64.464,74€
0,00€
4530
Reparación de estradas en A Pena, Roupar, Azoreira, O Empalme, Casanova, Leboré, Reguengo, Castiñeiras e A Touza
74.056,48€
58.731,28€
15.325,20€
4530
Área de xogos infantís en Roupar
58.671,30€
58.671,30€
0,00€
1710
Depósito de reserva antiincendios en Xermade
21.348,37€
21.348,37€
0,00€
1360
TOTAL INVESTIMENTOS
221.540,89€
206.215,69€
15.325,20€
PROGRAMA SAF
PROGRAMA SAF
APORTACIÓN DEPUTACIÓN
APORTACIÓN CONCELLO (VOLUNTARIA)
TOTAL SAF
Servizo de Axuda no Fogar
23.403,58 €
0,00 €
23.403,58€
PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO
PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO
APORTACIÓN DEPUTACIÓN
APORTACIÓN CONCELLO (VOLUNTARIA)
TOTAL FOMENTO EMPREGO
Depuemprego (obras e servizos de rehabilitación e contratación de persoal)
59.578,14 €
0,00 €
59.578,14 €
d. PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS
PROGRAMA ACTIVIDADES CULTURAIS (especificar as actividades a realizar e achegar memoria, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)
APORTACIÓN DEPUTACIÓN
APORTACIÓN CONCELLO
VIII Premio Xermade na Historia e Xornadas Interxeneracionais de Cabreiros
6.000,00€
0,00€
TOTAL DESTINADO A ACTIVIDADES CULTURAIS
6.000,00€
e. PROGRAMA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS
PROGRAMA ACTIVIDADES DEPORTIVAS (especificar as actividades a realizar e achegar memoria, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)
APORTACIÓN DEPUTACIÓN
APORTACIÓN CONCELLO
Copa Concello de fútbol e Carreira Popular
3.100,00€
0,00€
TOTAL DESTINADO A ACTIVIDADES DEPORTIVAS
3.100,00€
g. PROGRAMA PROTECCIÓN CIVIL
PROGRAMA PROTECCIÓN CIVIL (especificar as actividades a realizar e achegar memoria así como certificado de dispor de agrupación de protección civil, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)
APORTACIÓN DEPUTACIÓN
APORTACIÓN CONCELLO
Equipamento AVPC (seguros, vestimenta e combustible )
4.000,00€
0,00 €
TOTAL DESTINADO PROTECCIÓN CIVIL
4.000,00 €
e. PROGRAMA DE FEIRAS, MERCADOS E OUTROS
PROGRAMA EVENTOS FEIRAS, MERCADOS E OUTROS (especificar as actividades a realizar e achegar memoria, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)
APORTACIÓN DIPUTACIÓN
APORTACIÓN CONCELLO
XXII Encontro de torneiros da madeira en Galicia
6.000,00 €
0,00 €
TOTAL DESTINADO EVENTOS FEIRAS, MERCADOS E OUTROS
6.000,00 €
IMPORTE PLAN : 323.622,61€
ACHEGA DEPUTACIÓN : 308.297,41€
Entroido 2022
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarBASES REGULADORAS DOS PREMIOS DO ENTROIDO DE XERMADE 2022