A web serie, que xa conta con máis de 1.000.000 de visualizacións nas súas dúas tempada e galardoada co premio á mellor webserie polo Festival Inclusivo de Vigo, fíxose trending topic a nivel nacional en tódolos medios de comunicación por medio da felicitación de nadal, con extracto do capitular de Rosa de Pantón, despertando a nostalxia das nosas matriarcas.
Tras o éxito na presentación do libro que toma título da webserie editado por Galaxia, Arrieiros Somos chegará este venres 5 de maio ás 21:00h ao Concello de Xermade nas plataformas dixitais do cineasta.
Este quinto capítulo mostrará o Concello de Xermade a través das miradas de Felicitas Fernández e Pablo Fernández a través dunha homenaxe á sabiduría popular destes dous protagonistas.
En Verín, xoves 04 de maio.- O cineasta plasmou en imaxes os testemuños Felicitas Fernández e Pablo Fernández no Concello de Xermade e arredores coa mostra do seu patrimonio natural e cultural.
A serie-documental conta con máis de 1.000.000 de visionados nas plataformas, foi premiada á Mellor Web Serie polo Festival de Cine Inclusivo de Vigo, tranding topic na prensa a nivel nacional e cun recente libro editado por Galaxia, unha aposta pola sabiduría e experiencia das xeracións anteriores, xa que o seu traballo e as suas vivenzas foron fundamentais para construir un mundo mellor, retoma esta terceira tempada con gran forza.
Un proxecto audiovisual que, según o seu propio director, non só pretende entreter senón, que no transcurso dos doce capítulos dos que consta esta terceira tempada, quere empoderar as nosas xentes. A esas persoas, que pola velocidade que vivimos no día a día, non escoitamos tanto, ou non queremos escoitar, e que nesta pandemia se converteron nun dos colectivos máis golpeados.
O capítulo que emitirase nas redes de Rubén Riós e da colaboradora Elena Ferro o venres ás 21:00h contan máis de 200.000 seguidores en plataforma.
Este traballo puidose levar a cabo grazas ao Concello de Xermade polo seu compromiso coa nosa Galicia e as nosas xentes e a patrocinadores coma Xadigal que apostan pola nosa cultura.
Este capítulo mostrará unha grande homenaxe ao noso patrimonio histórico material e inmaterial, da nosa Galicia. Unha Galicia cun gran potencial que nos deixan os nosos maiores inculcando o amor pola nosa terra a través das raíces.
AXENDA ARRIEIROS SOMOS
Data: 05/05/23
Lugar: Instagram: rubenriosoficial / Facebook: Rubén Riós Facebook: Eferro / instagram: eferro_elenaferro Hora: 21:00h
X PREMIO DE INVESTIGACIÓN “XERMADE NA HISTORIA”
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarO Concello de Xermade e a Asociación de Veciños de Cabreiros, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, convocan o X Premio de Investigación “Xermade na historia”, financiado pola Exma. Deputación de Lugo, que será regulado polas seguintes
BASES
1. As persoas interesadas poderán participar tanto a nivel individual como colectivo.
2. Cada autor/a poderá concursar con cantos traballos desexe.
3. Os temas sobre os que poderán versar os traballos deberán estar relacionados co patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade (tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, costumes, literatura oral, arquitectura, etc).
4. Haberá dous premios:
– 1º Premio, dotado con 2.000 euros.
– 2º Premio, dotado con 1.000 euros.
5. Os traballos deberán ser entregados no rexistro do Concello de Xermade baixo pseudónimo, ou a través de correo postal (nunca telemáticamente). En sobre pechado serán incluídos os datos da persoa participante: Nome, enderezo, teléfono…
6. Coa presentación dos orixinais deberá ser incluída, tamén, a seguinte documentación:
– Curriculum Vitae ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo…
– Modelo de presentación debidamente cumprimentado. O modelo poderá descargarse da páxina web do concello: www.xermade.org
7. Deberase entregar o orixinal en papel DIN A4 e copia en CD ou en memoria USB, tanto en formato PDF como en formato editable, fonte Times New Roman, tamaño 12, e entreliñado 1,5.
8. A extensión dos traballos será dun mínimo de 50 folios e un máximo de 400. As páxinas ocupadas polas notas, bibliografía, mapas, fotografías, etc, tamén se contabilizarán.
9. Os traballos deberán ser realizados e presentados e en lingua galega. A data límite de presentación dos traballos será o día 23 de febreiro de 2024.
10. O xurado estará presidido polo Sr. Alcalde do Concello de Xermade, e catro vogais: Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros e tres especialistas en materias relacionadas co patrimonio etnográfico e cultural. Actuará como secretario/a un/ha funcionario/a do concello de Xermade. A composición do xurado determinarase por resolución de alcaldía que se fará pública antes do 22 de marzo de 2024.
11. Unha vez que o xurado falle os premios, que poderán ser declarados desertos, daranse a coñecer a través dos medios de comunicación.
12. As persoas premiadas deberán comunicar por escrito ao Concello de Xermade a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data da comunicación da concesión do mesmo.
13. As obras premiadas poderán ser editadas polo Concello dentro do prazo de cinco (5) anos; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento, se é do caso, da súa publicación, deberán consignar a distinción concedida.
14. A Asociación de Veciños de Cabreiros e o Concello de Xermade poderán solicitar do autor/a calquera aclaración que estimen conveniente en relación co traballo. Así mesmo, poderán deixar sen efecto o Premio se o beneficiario incumpre as obrigacións sinaladas nas presentes Bases.
15. As cuestión non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado de acordo co seu libre criterio.
16. A participación no Premio implica a total aceptación das presentes Bases.
Modelo de presentación X Premio
Licitación do proxecto de reparación de estradas en Roupar, A Touza, Penavaqueira e Lousada
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeO Concello de Xermade e a Deputación de Lugo asinaron un convenio interadministrativo de colaboración para a reparación de estradas nos lugares de Roupar, A Touza, Penavaqueira e Lousada, o pasado 28 de marzo de 2023.
A Deputación financia esta obra cunha achega de 100.000 euros, e o Concello achega os 19.823,92 euros restantes. O proxecto xa conta coas autorizacións sectoriais necesarias para a súa aprobación e foi aprobado pola Alcaldía o pasado 26 de maio de 2023.
A mellora de viais municipais con aglomerado iniciouse no 2022 cun tramo en Rebuxentos, financiado tamén grazas a un convenio coa Deputación de Lugo, e continuou na Criba, Cabreiros, Candamil e O Aruxo, cun proxecto financiado con fondos propios (remamente líquido de tesouraría).
As empresas interesadas teñen ata o 12 de xuño para presentaren ofertas, a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.
Ligazón ao proxecto: 20230524_Outros_PROYECTO AGLOMERADOS 2023 signed
Licitación da área de xogos infantís en Roupar
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeA Xunta de Goberno Local celebrou sesión ordinaria o pasado mércores 24 de maio, na que se aprobaron dous expedientes de contratación: un proxecto de obras incluido no Plan Único 2022, a área de xogos infantís en Roupar, que se executará na parcela da reitoral de San Pedro Fiz, e ten un orzamento de licitación de 58.671,30 euros, IVE incluido. Tamén se aprobou a licitación do campamento de verán “Xermade Concilia 2023”, que terá lugar en Momán do 24 de xullo ao 11 de agosto de 2023 e será de balde para as familias, coma en anos anteriores. A Xunta de Goberno Local acordou tamén solicitar a subvención da Secretaría Xeral de Igualdade para conciliación, coa que se financiarán os gastos de persoal do campamento.
No punto da orde do día adicado a convenios, aprobouse a addenda ao convenio de colaboración asinado coa Universidade da Coruña para o impulso dos proxectos de rehabilitación das casas reitorais de Xermade e Roupa, motivada pola concesión dunha axuda de 403.000 euros á Reitoral de Xermade para converterse nun Centro Internacional da Torneiría, por parte do Instituto de Transición Xusta. O equipo técnico da UDC, formado polas arquitectas Luz Paz Agras e Marta Maroño, redactará o proxecto de execución, como paso previo á licitación das obras de rehabilitación deste inmoble.
Fin de curso de Zumba
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarClase aberta e gratuíta para calquera persoa que queira participar.
Impartida por Puzzle Animacion S.L.
XIX Xornadas Interxeracionais Rurais
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarA asociación de veciños de Cabreiros, o Concello de Xermade e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago (USC) organizan a décimo novena edición das Xornadas Interxeracionais Rurais, que comezarán o 20 de maio e durarán ata o 3 de xuño.
As xornadas, financiadas polo Concello e a Deputación Provincial de Lugo, pretenden unir a nenos, adultos e maiores para reflexionar sobre a vida no rural. Todas as actividades son gratuítas e non precisan de inscrición.
Subvenciona
A WEB SERIE “ARRIEIROS SOMOS”, DE RUBÉN RIÓS, CHEGARÁ ESTE VENRES AO CONCELLO DE XERMADE
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarA web serie, que xa conta con máis de 1.000.000 de visualizacións nas súas dúas tempada e galardoada co premio á mellor webserie polo Festival Inclusivo de Vigo, fíxose trending topic a nivel nacional en tódolos medios de comunicación por medio da felicitación de nadal, con extracto do capitular de Rosa de Pantón, despertando a nostalxia das nosas matriarcas.
Tras o éxito na presentación do libro que toma título da webserie editado por Galaxia, Arrieiros Somos chegará este venres 5 de maio ás 21:00h ao Concello de Xermade nas plataformas dixitais do cineasta.
Este quinto capítulo mostrará o Concello de Xermade a través das miradas de Felicitas Fernández e Pablo Fernández a través dunha homenaxe á sabiduría popular destes dous protagonistas.
En Verín, xoves 04 de maio.- O cineasta plasmou en imaxes os testemuños Felicitas Fernández e Pablo Fernández no Concello de Xermade e arredores coa mostra do seu patrimonio natural e cultural.
A serie-documental conta con máis de 1.000.000 de visionados nas plataformas, foi premiada á Mellor Web Serie polo Festival de Cine Inclusivo de Vigo, tranding topic na prensa a nivel nacional e cun recente libro editado por Galaxia, unha aposta pola sabiduría e experiencia das xeracións anteriores, xa que o seu traballo e as suas vivenzas foron fundamentais para construir un mundo mellor, retoma esta terceira tempada con gran forza.
Un proxecto audiovisual que, según o seu propio director, non só pretende entreter senón, que no transcurso dos doce capítulos dos que consta esta terceira tempada, quere empoderar as nosas xentes. A esas persoas, que pola velocidade que vivimos no día a día, non escoitamos tanto, ou non queremos escoitar, e que nesta pandemia se converteron nun dos colectivos máis golpeados.
O capítulo que emitirase nas redes de Rubén Riós e da colaboradora Elena Ferro o venres ás 21:00h contan máis de 200.000 seguidores en plataforma.
Este traballo puidose levar a cabo grazas ao Concello de Xermade polo seu compromiso coa nosa Galicia e as nosas xentes e a patrocinadores coma Xadigal que apostan pola nosa cultura.
Este capítulo mostrará unha grande homenaxe ao noso patrimonio histórico material e inmaterial, da nosa Galicia. Unha Galicia cun gran potencial que nos deixan os nosos maiores inculcando o amor pola nosa terra a través das raíces.
AXENDA ARRIEIROS SOMOS
Data: 05/05/23
Lugar: Instagram: rubenriosoficial / Facebook: Rubén Riós Facebook: Eferro / instagram: eferro_elenaferro Hora: 21:00h
Nomeamento de José Mouriño Cuba como fillo predilecto do Concello de Xermade
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeO Pleno do Concello de Xermade acordou onte, por unanimidade, nomear fillo predilecto a José Mouriño Cuba, nado en Lousada en 1948, pola súa traxetoria profesional en prol do sector agroalimentario galego en xeral e da Terra Chá e Xermade en particular.
A Alcaldía designou ao concelleiro Antonio Riveira Requeijo como instrutor do expediente, a fin de que recabara os méritos de José Mouriño Cuba que o fan merecedor desta distinción.
Acadou o Título de Enxeñeiro Técnico Agrícola e de Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago. Pertence ao Corpo Especial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas do Estado e ao Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia como Biólogo. Foi presidente e cofundador do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense. Axudou a crear varias Denominacións de Calidade como medio de fomentar e acadar o proceso de industrialización agroalimentaria do campo en Galicia, entre os que destacan os Proxectos do Viño da Ribeira Sacra, Queixo de San Simón e Implantación da Agricultura Ecolóxica, entre outras varias, como a Castaña, Queixo do Cebreiro, etc.
José Mouriño Cuba tamén publicou “Lousada, un berce de lecer”, con poemas coa súa parroquia natal, a súa historia e os seus costumes como protagonistas.
O homenaxeado recibiu de mans do alcalde, Roberto García Pernas, un pin co escudo heráldico municipal e un diploma artístico, ademais dos dous tomos editados polo Concello do Premio Xermade na Historia. O acto, sinxelo e emotivo, rematou coas palabras de agradecemento de José Mouriño polo título concedido.
Obradoiros de Consumo
/en Sin categoría @es /por Educadora Familiar💡 O Programa Cores pretende achegar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de destinatarios posible, adaptándose ás súas necesidades.
É o programa permanente da EScola Galega de Consumo (EGC) a través do cal se ofertan obradoiros e charlas participativas ao longo de todo o ano.
⏰ A duración estimada de cada actividade é de 60 minutos.
Pleno ordinario en Xermade
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeA Corporación reuniuse en sesión ordinaria o xoves 13 de abril, ás 20 horas. Na parte resolutiva iniciouse o expediente de deslinde dun camiño público no lugar de As Casas Novas, en Xermade, froito dun expediente de investigación resolto no ano 2015.
Aprobouse tamén un suplemento de crédito financiado con remanente líquido de tesouraría por importe de 86.106,24 para as achegas municipais a dous convenios asinados coa Deputación de Lugo para a reposición de beirarrúas e senda peonil en Xermade, e para aglomerados en Roupar, Touza, Penavaqueira e Lousada. Tamén se repón crédito por importe de 8.165,50€ para contratos de asistencia técnica en materia de abastecemento de auga, con motivo da elaboración dunha auditoría e plan de minimización de perdas de auga e da solicitude de axudas do Perte ciclo da auga por parte dunha agrupaciónde municipios, entre os que figura Xermade.
O Pleno aceptou a cesión dun tramo de estradas provinciais no núcleo de Xermade, necesario para executar a obra de reposición de beirarrúas, e en Roupar, para a execución da obra da área de xogos infantís (Plan Único 2022) e para o proxecto da Casa da Veciñanza.
A Alcaldía informou ao Pleno da concesión definitiva da axuda para a rehabilitación de reitoral de Xermade, da denegación definitiva da axuda para a Casa da Veciñanza de Roupar e da entrada en vigor do Regulamento de títulos, honras e distincións. Anunciou que o pleno extraordinario para o nomeamento de José Mouriño Cuba como fillo predilecto será o mércores 3 de maio, coincidindo co pleno de sorteo de mesas electorais.
Acceda á orde do día da sesión: 20230410_Resolución_Decreto de Alcaldía _ Decreto de Presidencia _DECRETO 2023-0134 [Decreto convocatoria](1)
O proxecto de rehabilitación da reitoral de Xermade resulta seleccionado para o Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para as Entidades Locais (PIREP local)
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeO proxecto de rehabilitación da Casa Reitoral de Santa María de Xermade resultou seleccionado de forma provisional para a obtención dunha axuda ao abeiro do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para as Entidades Locais (PIREP local), do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
O proxecto denominado “A Reitoral (CIT): Centro Internacional da Torneiría” acadou 53,08 puntos, sendo o único proxecto beneficario na provincia de Lugo, dun total de 188 proxectos a nivel estatal. O importe da axuda ascende a 454.860,00 euros (o orzamento é de 500.195,80 euros), segundo a “Resolución provisional de la convocatoria de Ayudas para la Rehabilitación de Edificios de Titularidad Pública en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia” publicada na sede electrónica do MITMA o pasado 3 de abril.
Acceda aquí á resolución: resolucionprovisional_l2conanexos
Este proxecto, redactado polas arquitectas da Universidade da Coruña Luz Paz Agras e Marta Marcos Maroño, resultara tamén beneficiario das axudas do Instituto de Transición Xusta. O Concello de Xermade aceptou na data de onte a concesión desta axuda, por importe de 403.000,00 euros, que acada o 100% dos gastos.