MULLER E SAÚDE

Charla- taller realizada a través da Escola Galega de Saúde
Lugar: Guitiriz, Casa Habanera
Día e hora: venres 11 de marzo de 17:00 a 19:00h.
Expedirase certificado de asistencia
Esta actividade, aberta a toda a cidadanía, centra a súa atención en mellorar a información e a comprensión dos cambios evolutivos da muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino.
Imprescindible inscrición (prazas limitadas) a través do enlace http://escolasaude.sergas.es/Contidos/CURSOS-PRESENCIAS ou faciliando os datos persoais e de contacto no Servizo de Prevención do concello da agrupación de referencia (Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade).

Para máis información ponte en contacto coa Responsable de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:

  • Luns Concello de Xermade:             982. 501.001
  • Martes Concello de Outeiro de Rei:      982.370.109
  • Mércores Concello de Begonte:               982.396.012
  • Xoves Concello de Guitiriz:                 982.393.281
  • Venres Concello de Rábade:                982.390.062

MULLER E SAUDE