MOMÁN (San Mamede)
Composta por: O Bidueiro, O Campo, O Campo da Feira, A Candieira, Castrorramil, A Cerdeira, O Codeso, A Cruz Vella, O Fonxerez, Liñares, O Meiriño, O Palacio, A Pallota, O Pedrón, Pena de Corvos, A Pigaroa, A Poupariña, O Sangradoiro, O Uzal, O Vilar, A Zalaroia e Zarracín.
Arquitectura Relixiosa
Igrexa Parroquial de San Bartolomé. Foi reformada a principios deste século, pero data do s. XVIII. Detrás ten unha nave, capela maior cuberta cun sinxelo artesonado e sacristía. Na pedra da fachada principal está grabada a imaxe do Redentor. O retablo é neoclásico con releves de San Bartolomé e San Mamede (s. XVIII). A sacristía ten a imaxe de San Antón (s.XVIII). A carón hai un cruceiro con catro cabezas de anxos e instrumentos da paixón.
Capela de San Antón Situada no Campo da Feira, onde se celebran ditos eventos. Formada por unha nave de teito moderno,arco triunfal, capela maior con sinxelo artesonado e sacristía detrás. O presbiterio ten chan de pedra e o resto de cemento. A sacristía ten a entrada polo lado esquerdo, ó igual ca nave e no dintel da porta lateral está a data 1.751. No presbiterio, inmediato ó altar maior hai un fermoso retablo (s. XVIII), con columnas salomónicas e imaxes laterais de San Ramón Nonato e San Antón de Padua, e imaxe da Inmaculada ó óleo (s.XVIII). Na sacristía está a imaxe de San Estanislao de Koska do s. XVIII.
Megalitismos
Medoñas: Zalaroia, Candieiro.
Cruceiros
Situados no Adro, Pigaroa e Campo da Feira.
Castros
O Castro (Castrorramil).