MIRAZ (Patrón San Pedro)

Formada polos barrios que seguen a continuación: A Casa Grande, O Castiñeiro, Os Currás, A Igrexa, Os Miraces, A Pena, O Sagramón, O Souto e A Vesura.

Arquitectura Relixiosa

Igrexa Parroquial. Non é posible defini-lo seu primeiro estilo, xa que está totalmente reformada. Consérvase, iso sí, un retablo salomónico e esculturas de San Pedro, San Antón de Padua e Nosa Señora da mesma época. Posúe tamén unha escultura de San Roque vestido de pelegrino cun can ós pés (s. XVII). A carón da igrexa hai un cruceiro liso de canteiría e outro de iguais características algo máis lonxe.

Megalitismos

No lugar da Reigada, preto da aldea de Os Currás, houbo algunha medoña da que se sacaron útiles de barro. Tamén hai medoñas do Monte do Castro, no lugar de O Souto e na Zaipa, nos límites con Xermade e Momán.

Cruceiros

No Adro da Igrexa.