Mellora da accesibilidade aos recursos turísticos do Concello de Xermade
O alcalde do Concello de Xermade ven de asinar un convenio de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia para o proxecto “Mellora da accesibilidade aos recursos turísticos do concello”, cun orzamento de 12.221,00 euros, dos que a Xunta de Galicia achegará o 65% e o resto será sufragado polas arcas municipais.
O proxecto consiste na creación dunha páxina web e unha app para IOS e Android nos que se volcará toda a información detallada dos recursos de interese turístico (de carácter patrimonial, etnográfico, natural, etc.) do municipio de Xermade. Nos vindeiros días iniciarase a licitación deste contrato de servizos.
Enlace ao convenio: Convenio_Xermade