IX CAMPAMENTO DE VERÁN DE XERMADE
O concello de Xermade organiza un ano máis o Campamento de verán para que nenas e nenos disfruten dun tempo de ocio e tempo libre cheo de actividades e divertimento, igualmente para que as familias poidan conciliar os seus tempos de traballo, tempo libre…
Este campamento igual que o de Entroido está cofinanciado polo Concello de Xermade, pola Unión Europea e a Xunta de Galicia, a través da Subvención da Secretaría Xeral da Igualdade.
Datas: Do 01 ao 12 de agosto
Horario: De 10:30 a 14:00 horas. E temos horario de madrugadoras/es desde as 8:00 para as familias que necesiten este servizo. Os días das saídas, voltaremos sobre as 20:00 ou 20:30 horas.
Número de Prazas: 50.
Idades: de 3 a 16 anos.
Custe: Gratuito.
ACTIVIDADES: Luns 1:Xogos deportivos e predeportivos (rugby, balonman, fútbol, tenis, tiro con arco, bádminton…),
Martes 2: Visita a unha granxa.
Mércores 3: Obradoiro de cociña onde farán a súa propia masa e as súas pizzas para logo merendar, e tamén obradoiro con froitas.
Xoves 4: Viaxe ao parque acuático de Cerceda.
Venres 5: Repoboación forestal, onde entre todas/os plantarán distintas árbores nunha finca e farán un herbario.
Luns 8: Convivencia co campamento de Esmelle-Covas en Xermade. Xincana de xogos
Martes 9: Saída á praia
Mércores 10: Historia e andaina polo concello, roteiro de fotografía.
Xoves 11: Primeiros Auxilios e proxección de película sobre igualdade.
Venres 12: Festa fin de campamento (inchables, karaoke, wii, partido de fútbol…) Entrega de diplomas.
DOCUMENTACIÓN: Fotocopia dos DNIs das persoas autorizadas a recoller ás nenas e nenos. Fotocopia da tarxeta sanitaria das nenas e nenos. Xustificante ou declaración xurada de estar traballando no período do campamento. Declaración da renda ou declaración xurada de ingresos.
REUNIÓN COAS FAMILIAS: O MÉRCORES 20 DE XULLO, ÁS 12:00 DA MAÑÁ, TEREMOS UNHA REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO (2ª PLANTA).
Recomendacións para todos os días:
Traer gorra. Botar protección solar antes de vir ao campamento. Traer roupa cómoda ou deportiva.
Os días das saídas terán que levar protección solar, gorra, roupa de baño, roupa para cambiarse, toalla, chanclas, comida para xantar e merendar, e bebida.
As familias poden acompañarnos nos días das saídas, pero terán que facelo nos seus vehículos particulares.
Todas as nenas e nenos contan cun seguro de accidentes.
Para calquera dúbida, a persoa que será responsable do campamento é Ita Animación.