II CERTAME “Xermadeando pola igualdade”
O Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Xermade 2024-2026, establece na área 2 “Educación e conciliación familiar” unha liña de axudas destinadas ao alumnado do CEIP Xermade para certames de diversas temáticas, co fin de fomentar a creación artística (literatura ou debuxo).
Co gallo de avanzar na consecución do obxectivo común de acadar unha sociedade igualitaria e coas mesmas oportunidades para mulleres e homes, o Concello de Xermade considera imprescindible traballar co alumnado do CEIP de Xermade, ao que convida a participar nun certame de creación artística escrita e gráfica coa igualdade como temática central. Aqueles alumnos e alumnas que queiran participar deben seguir as bases do certame, que se poden descargar aquí Bases Certame II Xermadeando.
A entregados traballos será presencial, na Biblioteca Municipal de Xermade, dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo ata o 10 de xuño.
Para formalizar a inscrición será necesario:
- A presentación do traballo nun folio DIN A4 sen utilizar medios dixitais para a súa realización.
- Anexo I cuberto (dispoñible para descarga aquí ANEXO I Xermadeando II. Tamén estará dispoñible en formato papel na Biblioteca).
Todo o alumnado participante recibirá un vale por 30 € no momento da entrega do traballo para material escolar.