I Pedalada solidaria en familia
Data hora e lugar: 3 xullo ás 10:00 da mañá, praza do Concello
Custe: A Ruta é gratuíta e solidaria. Todos os participantes que colaboren con alimentos, obterán un agasallo e participarán no sorteo dunha bicicleta.
Os alimentos de maior necesidade son: Legumes en xeral, galletas, aceite, azucre, fariña e arroz
Percorrido: De Xermade á Charca do Alligal, uns 18 km (ida e volta) sinxelos por pistas de concentración parcelaria, algunha asfaltada e algún pequeno regato. O percorrido será neutralizado cunha persoa diante que marcará o ritmo e con paradas para reagrupar. Os cruces estarán vixiados aínda que recoméndase estar atento á circulación. Poden inscribirse tanto adultos/as como nenos e nenas. Os/as menores deberán ir acompañados dun adulto/a responsable que deberá xulgar a súa capacidade para realizar a marcha.
Normas: Obrigatorio o uso de casco protector. Recoméndase revisar as bicicletas: rodas, pedais, que teñan tapóns dos manillares, etc.
Será obrigatorio cumprir as normas que indique a organización. De non ser así retirarase o dorsal e quedarase fóra da mesma
A ORGANIZACIÓN RESÉRVASE POSPOR, TROCAR OU MESMO SUSPENDER A RUTA SE ASÍ O CONSIDERA. TAMÉN PODERÁ PECHAR A INSCRICIÓN EN CALQUERA MOMENTO SE O CONSIDERA NECESARIO PARA O CORRECTO DESENVOLVEMENTO DA PROBA
Inscrición: A inscrición deberá facerse antes do día 30 de xuño
PREFERENTEMENTE: cubrindo o formulario: http://goo.gl/forms/vLueV1eqYzZUcXCO2
OUTRAS POSIBILIDADES DE INSCRICIÓN E DÚBIDAS: 982 50 10 01 (Ernesto)
Organiza: Concello de Xermade
Colaboran: Protección Civil, Deputación de Lugo, Garda Civil, Eolo Galicia SL