HONRAS E DISTINCIÓNS
Distincións como Fillos Predilectos do Concello
Ao longo destes anos, a corporación local de Xermade formalizou a declaración como “Fillo Predilecto” de tres dos nosos benqueridos veciños polas súas lonxevas traxectorias e grandes méritos.
Don Juan Antonio Fraguío Vázquez, da parroquia de Lousada
Nacionalista Galego
Presidente da FSEC “Federación de Sociedades Españolas de Cuba”
A Federación de Sociedades Españolas de Cuba foi fundada na Habana en outubro de 1956 coa misión de seguir apoiando as actividades asociativas, de danza e musicais sen abandonar as de beneficencia. Agrupa ao conxunto de organizacións que na illa reúnen aos naturais das distintas comunidades autónomas españolas.
Doutor Don Ramón Villares Paz, nado en Landoi, na parroquia de Cazás en 1951
Profesor Emérito da USC
Membro Numerario da Real Academia Galega
Presidente do Consello de Cultura Galega (2006 – 2018)
Director en Galicia da Universidad Internacional Menéndez Pelayo, UIMP (1997-2005)
Membro fundador e Presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002)
Rector Magnífico da Universidade de Santiago (1990 – 1994)
Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela
Nomeamento aprobado na Sesión Extraordinaria do Pleno do 27 de febreiro de 1992 sendo Alcalde, Don Manuel González Fernández.
Na Sesión Extraordinaria do Pleno do 15 de agosto de 1992 fixose entrega da placa que se descubreu despois para darlle o seu nome a unha rúa.
As súas liñas de investigación son Historia agraria, politización campesiña, historiografía, estudos culturais, historia das migracións e do exilio.
Entre as súas publicacións destacan: (2011): Emigrante nun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina, Santiago de Compostela; (2012): Luis Seoane, entre Galicia y la Argentina; (2012): El mundo contemporáneo. Del siglo XIX al XIX; (2014): Historia de Galicia; (2016): Galicia Cen. Obxectos para contar unha cultura; (2016): Da Frouseira a Carral. Sobre dous fitos da “simbólica” galega”; (2017): Identidade e afectos patrios; (2017): Os exilios ibéricos: unha ollada comparada.
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese “Evolución das estruturas agrarias da provincia de Lugo, 1750-1936: propiedade e rendas da terra” (1980) Dirixida por Dr/a. Antonio Eiras Roel
As súas últimas publicación, no ano 2024:
- A Eurrorexión, unha Galecia Magna? Grial: revista galega de cultura, Núm. 242, pp. 5-9
- Portugal y Bretaña: fronteras, semejanzas y relaciones Honoris causa: discursos y reflexiones en torno a la historia contemporánea (Sílex), pp. 149-178
- Ramón Villares, historiador, autor de “Repensar Iberia”: “a integración europea facilitou o impulso dunha nova forma de iberismo para os tempos de hoxe” entrevistado/a Tempos novos: revista mensual de información para o debate, Núm. 324, pp. 50-55
Don José Mouriño Cuba, nado en Ameixido, na parroquia de Lousada en 1948
Gran embaixador e divulgador dos productos e valores da terra
Gran impulsor do proceso de industrialización agroalimentaria en Galicia
Enxeneiro Técnico Agrícola e licenciado en Ciencias Biolóxicas pola USC
Nomeamento aprobado por unanimidade na Sesión Extraordinaria do Pleno do 3 de maio de 2023 sendo Alcalde, Don Roberto García Pernas.
Pertence ao Corpo Especial de Enxeneiros Técnicos Agrícolas do Estado e tamén ao Corpo Facultativo Superior da Administración da Xunta de Galicia, concretamente no Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario
Ademais de biólogo e enxeneiro, ten estudos en maxisterio e psicoloxía
Demostra unha gran dedicación literaria e xornalística, colaborando en revistas e xornais e tamén publicando “Lousada, un berce de lecer” con poemas sobre a súa parroquia natal (historia, costumes e protagonistas).
O homenaxeado recibiu de mans do alcalde, Roberto García Pernas, un pin co escudo heráldico municipal e un diploma artístico, ademais dos dous tomos editados polo Concello do Premio Xermade na Historia. O acto, sinxelo e emotivo, rematou coas palabras de agradecemento de José Mouriño polo título concedido.