Feira de Momán
O próximo domingo 21 de xullo, dará comezo de novo a Histórica Feira de Momán no Concello de Xermade, que se celebrará os domingos entre o 16 e o 22 de cada mes, recuperada pola Sociedade Recreativa e Cultural de Momán.
As persoas que nos visiten poderán atopar postos de polbo, churrasco, pan, empanadas, produtos do campo, enxoval, roupa, calzado, embutidos, froita, e por suposto, música tradicional, que nesta xornada virá a Momán da man de A.C. de Andrade e grazas ó programa TRADIGALU da Deputación de Lugo.
Como din na Feira de Momán, “Se a feira queres conservar, na de Momán tes que mercar”.