Entroido 2024
O concurso de disfraces do Entroido 2024 en Xermade celebrarase o luns día 12 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal a partires das 21.00 horas.
O prazo de inscrición de participantes será desde o momento de publicación das bases ata o 7 de febreiro.
A inscrición poderá facerse de xeito presencial no Concello ou no correo electrónico educadora.familiar@xermade.org, aportando o Anexo I cuberto e un certificado de conta.
Para consultar calquera dúbida, contactar coa Educadora familiar no 678 744 178.
Anexo I: Documento inscrición Entroido 2024
Cartel Entroido 2024