Entrega dos premios da fase local do certame de poesía de Nadal

O alcalde, Roberto García, a concelleira de Cultura, Verónica Amarelo e a de Igualdade e Participación cidadá, Nélida Coira, fixeron entrega dos premios da fase local do certame de poesía infantil “Nadal 2024” que entregamos o venres 21 ás 17h00. Os premios foron para:

Categoría A (até 8 anos)

  • Uxía Cazás Pardiñas
  • Mara Piñeiro Campo
  • Sergio Bellas Martínez

Categoría B (9 a 11 anos)

  • Martina Fernández Salgado
  • Lois Martínez Pérez
  • Xela Prieto Lomba

Estes traballos recibiron un lote de libros e un diploma acreditativo sendo enviados a Lugo para participar na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

O xurado acordou tamén entregar accésits consistentes nun lote de libros aos traballos presentados por:

  • Elena Gato Ares
  • Manuela Pérez Amarelo
  • Raúl Pérez Amarelo

O alcalde deulles os parabéns polos premios e destacou a calidade dos traballos presentados, desexándolles sorte na fase provincial e animándoos a participar no de debuxo e narración que se celebra co gallo das Letras Galegas.

O bibliotecario Marcos Saavedra agradeceulles o esforzo feito por presentar un traballo dese tipo nunhas datas como o Nadal.

Outras entradas