ENERXÍA
COMUNIDADE DE ENERXÍAS RENOVABLES XERando
Mediante acordo da súa Comisión Executiva do 11 de xuño do 2024, a FEGAMP acordou seleccionar ao Concello de Xermade para a execución do Proxecto CELRURAL. Desarrollo de actuaciones piloto para el fomento de comunidades energéticas locales en entornos rurales del espacio POCTEP, financiada con cargo aos fondos FEDER (INTERREG-POCTEP 2021-2027).
Trátase dunha actuación piloto consistente en desenvolver unha planta de produción fotovoltaica en réxime de autoconsumo colectivo nun entorno rural.
Polo seu contido, estamos perante un proxecto innovador, que busca non só financiar a construción dunha a instalación de autoconsumo fotovoltaico, senón tamén impulsar unha figura ainda pouco estendida no noso país, a comunidade de enerxías renovables, e monitorizar durante un período amplo a tipoloxía da produción e do consumo neste tipo de entornos rurais galegos, caracterizados pola dispersión e avellentamento demográfico da poboación.
De aí que a execución do proxecto CELRURAL implique poñer a instalación de produción fotovoltaica financiada á disposición dunha comunidade de enerxías renovables, para que sexa esta a que xestione o consumo eléctrico autoproducido.
Con data 19 de setembro do 2024, constituíuse en Xermade a Asociación XERando, Comunidade de Enerxías Renovables de Xermade. O seu domicilio social é a Avenida de Vilalba s/n 27833 Xermade Lugo) e o seu correo electrónico: cerxerando@gmail.com
A asociación foi dada de alta no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia con data 26 de setembro do 2024 e número 2024/26892-1.
O Concello e a FEGAMP teñen a consideración de socios institucionais (artigo 7 dos Estatutos) formando parte de maneira nata da Xunta Directiva (artigo 18 dos Estatutos).
Deste xeito, a Asociación XERando expresa unha fórmula propia de institucionalización da colaboración público-privada no ámbito do impulso das comunidades de enerxías renovables, entendidas como alternativa para o incremento da produción de enerxía de orixe fotovoltaica destinada ao autoconsumo cidadán en zonas do rural galego.
Para o desenvolvemento do proxecto piloto da FEGAMP, o Concello escolleu a cuberta da nave de usos múltiples, de titularidade municipal, ubicada no polígono industrial de Xermade.
A Xunta de Goberno Local con data 20 de novembro de 2024 adxudicou á FEGAMP unha concesión directa excepcional sobre a utilización marxinal da cuberta da nave municipal por un prazo de vinte e cinco (25) anos, ao abeiro do disposto nos artigos 89 LPAP e 43 LPCAG, e simultánea autorización de uso á Asociación XERando, nos termos do convenio de colaboración asinado o 25 de novembro de 2024.

Actuación enmarcada no proxecto CEL RURAL cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
Xermade, II Premio Eolo a integración rural da eólica
Xermade foi premiado co II PremioEolo á integración rural da eólica pola Asociación Empresarial Eólica (AEE).
AEE decidiu premiar a Xermade por tratarse dun municipio modélico no que ao desenvolvemento eólico se refire. Trátase dun pobo dedicado á agricultura de autoconsumo e a gandaría, que utilizou os recursos xerados por esta enerxía para crear riqueza e emprego.
DÍA MUNDIAL DO VENTO EN XERMADE
O 15 de xuño celébrase o Día Mundial do Vento e en 2013 celebrouse en Xermade (Lugo). Este municipio foi galardoado por AEE co II Premio Eolo á integración rural da eólica. Neste vídeo poderás ver as actividades que se organizaron polo Día Mundial do Vento no parque eólico experimental de Sotavento – Xermade. O presidente de AEE, Jósé López-Tafall entregou ao alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez, o premio: o vídeo que AEE dedicou ao municipio de Xermade, no que participaron moitos dos seus veciños.