Día da Muller Rural

O Concello de Xermade celebrará o Día da Muller Rural cunha serie de actividades culturais que terán lugar os días 19 e 20 de outubro.
A celebración de este día ten como obxectivo destacar o papel fundamental das mulleres no ámbito rural e promover a súa visibilidade a través da arte e a cultura.

Vero Rilo
“Tralareira”
-Sábado 19 de outubro
-17.30 horas
-Escola Habaneira de Roupar (Xermade)

Cristina Kolumelah
“Cousas da miña avoa”
Domingo 20 de outubro
17.00 horas
Biblioteca Municipal (Xermade)

Estas actividades están promovidas polo Concello de Xermade e contan co apoio do Instituto para a Transición Xusta e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Con esta programación, Xermade pon en valor o papel das mulleres rurais na sociedade e reivindica a súa forza e resiliencia.