CURSO PRIVACIDADE E SEGURIDADE EN INTERNET

Curso impartido por María Anidos da empresa de abogadas ABNUTE  ABOGADAS, experta en novas tecnoloxías.

Esta actividade está dirixida a todas aquelas persoas que desexen formarse e informarse de como protexer datos de carácter persoal nos distintos dispositivos que utilizamos hoxe en día, coma móbiles, tablets, ordeadores, pulseras e reloxos que miden actividade física, etc.

Falaremos da importancia dos contrasinais, das copias de seguridade, de como nos conectamos a internet e desde onde. Como se deben compartir ficheiros de forma segura… e tamén de timos e delitos que se cometen a través das redes.

Esperámosvos na Casa Escola de Cabreiros, os días 13 e 14 de xuño desde as 8:30 da tarde ata as 10 da noite. É unha actividade gratuita e pode inscribirse calquera persoa interesada.

Para máis información podedes poñervos en contacto con Manuela (educadora familiar) na segunda planta do concello de Xermade ou no teléfono: 982501001 extensión 3.