Convocadas subvencións para fomentar actividades ou interese municipal
A Xunta de Goberno Local aprobou as bases e convocatoria de subvencións municipais a entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade ou interese municipal, para o ano 2024-2025, na sesión ordinaria que tivo lugar o mércores 5 de febreiro.
As bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 037 de data 14 de febreiro de 2025, e están dispoñibles tamén na sede electrónica municipal. As entidades interesadas dispoñen dun mes para presentar as súas solicitudes. O prazo remata o 14 de marzo de 2025.
Na convocatoria anterior resultaron beneficiarias 15 asociacións veciñais e entidades culturais do municipio, por importe total de 20.685,00 euros.
Máis información no servizo de emprego e desenvolvemento local (Ernesto Ares).20250214_Outros_Publicación BOP Convocatoria pública subvencións actividades culturais