Contratación de persoal para prevención de incendios
O Concello de Xermade está a piques de completar a contratación de persoal con cargo ao “Convenio de Colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Xermade para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa“, sendo financiada a contratación pola Consellería de Medio Rural e do Mar e fondo FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
O 1 de xullo comezaron os dous condutores para tratamento mecanizado, e a brigada poñerase en marcha en canto se complete o segundo proceso selectivo para a contratación dun/ha xefe/a de brigada, xa que a selección que tivo lugar o pasado 16 de xullo non puido culminar na formalización do contrato laboral debido á renuncia dos aspirantes seleccionados. As bases están publicadas na sede electrónica do Concello de Xermade e o prazo de presentación de solicitudes remata o luns 3 de agosto.
O personal de tratamento mecanizado finaliza o seu contrato o 30 de setembro, mentras que a operatividade da brigada (de cinco compoñentes) será de tres meses.