Comezan as obras da depuradora do Campo da Feira, en Momán
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xermade asinaron un convenio de colaboración o 7 de outubro de 2021 para o financiamento, execución e entrega das obras de saneamento e depuración para o núcleo do Campo da Feira.
O Concello de Xermade comprometeuse a adquirir os terreos necesarios para a construción da depuradora, e a tal efecto adquiriu as oito parcelas necesarias para ubicar a infraestrutura, investindo un total de 6.874,50 euros.
O pasado 14 de outubro, a Confederación remite a segunda addenda para o reaxuste de anualidades inicialmente previstas, que pasan a ter os seguintes importes:
ADMINISTRACIÓN |
2021 |
2022 |
2023 |
2024 |
TOTAL |
CHMS, O.A. |
14.480,00 € |
6.829,18 € |
120.000,00 € |
114.690,82 € |
256.000,00 € |
CONCELLO DE XERMADE |
3.620,00 € |
1.707,30 € |
30.000,00 € |
28.672,70€ |
64.000,00 € |
TOTAL |
18.100,00 € |
8.536,48 € |
150.000,00 € |
143.363,52 € |
320.000,00 € |
A Xunta de Goberno Local aprobou esta segunda addenda na sesión ordinaria que se celebrou o pasado 18 de outubro de 2023.
O inicio das obras é inminente e prevese que estean rematadas no ano 2024.